Abracadabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abracadabra no Nordisk familjebok

Abracadabra é unha palabra cabalística á que se lle atribúen virtudes máxicas. Úsase no encantamento, a bruxería e a maxia, e está considerada por algúns como a frase máis pronunciada universalmente sen necesidade de ser traducida.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Existen dúas hipóteses estreitamente relacionadas acerca da súa orixe:

  • Unha posible fonte é o arameo: אברא כדברא avrah kahdabra, que significa "Eu creo como falo".
  • Outra posible fonte é do hebreo: Aberah KeDabar: "irei creando conforme fale".

Nun dos seus textos Eduardo Galeano tradúcea do hebreo antigo como Envía o teu lume ata o final.

A mención máis antiga data do século II, contida no poema De Medicina Praecepta de Serenus Sammonicus, onde prescribía que o doente tiña que levar un amuleto contendo a palabra escrita na forma dun cono invertido:

Uniendo estas letras os gnósticos crían poder curar enfermidades. As letras escribíanse deste modo nun pergameo virxe con forma da letra grega delta:

A B R A C A D A B R A
A B R A C A D A B R
A B R A C A D A B
A B R A C A D A
A B R A C A D
A B R A C A
A B R A C
A B R A
A B R
A B
A

Despois dobrábase o pergameo e colgábase cunha corda de liño ó enfermo.

A letra A representa a unidade do primeiro principio, o axente intelectual e o activo.

O A unida ó B representa a fecundación do binario pola unidade.

O R é o signo do ternario, que representa a fusión resultante da unión dos 2 principios.

O número 11, o total das letras de abracadabra, agrega a unidade do iniciado ó denario de Pitágoras.

O número 66 é o total de letras do triángulo.

O número 12 cabalisticamente é o cadrado do ternario e a cadratura mística do círculo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]