Pedro Miranda Suárez de Puga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro Miranda Suárez de Puga
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Aragón, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de novembro de 1928 Editar o valor em Wikidata
Baiona, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Baiona
1926 – 1927
← Ignacio Cordero AlonsoJosé Rodríguez de Vicente → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Relixióncatólica
Actividade
OcupaciónMilitar
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosTeresa Miranda Yáñez e Lágrimas Miranda Yáñez

Pedro Miranda Suárez de Puga, nado en Aragón e finado en Baiona o 11 de novembro de 1928, foi un militar e político galego. Foi alcalde de Baiona en 1915 tras o Motín da Fariña, e entre 1926 e 1927.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no século XIX en Aragón, onde estaba destinado o seu pai que era un xefe militar. Viviu moitos anos en Madrid, onde fixo carreira militar ata acadar a gradación de Subcabo de distrito de Somatenes Armados da 8ª rexión obtendo un par de condecoracións, mudándose a Baiona en 1913. Un par de anos despois interveu como alcalde no Motín da Fariña. Estaba emparentado coas familias máis adiñeiradas de Baiona, os Quiros, os Salgado ou os Pereira.

Nos seus anos en Baiona, exerceu o cargo de administrador do Hospital Sancti Spiritus, e como concelleiro en distintas ocasións. Accedeu á alcaldía en 1927 trala dimisión de Ignacio Cordero Alonso. Estando no cargo obtivo unha subvención para a compra e instalación dun reloxo na torre do campanario da igrexa parroquial de Santa Cristina da Ramallosa. Dimitiu en xuño de 1927, sendo substituído na alcaldía por José Rodríguez de Vicente.

Entre as súas posesións estaban a actual casa do concello de Baiona que foi adquirida á familia Yáñez Miranda polo alcalde Ricardo Agustí. En 2011 iniciouse o expediente de expropiación da que fora a súa vivenda aos seus descendentes, "a casa de Teresina" contigua a casa do Concello, para localización de oficinas municipais polo goberno de Jesús Vázquez Almuíña[1].

Foi o pai de Teresa e Lágrimas Miranda Yáñez.

Faleceu repentinamente en Baiona o 11 de novembro de 1928.[2]


Predecesor:
Ignacio Cordero Alonso
 
Alcalde de Baiona
 
1926 - 1927
Sucesor:
José Rodríguez de Vicente

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Atlántico. "Baiona retoma la expropiación de la "casa de Teresina"". Atlántico. Consultado o 2016-04-11. 
  2. Faro de Vigo (13 de novembro de 1928). "Don Pedro Miranda Suárez de Puga". Faro de Vigo.