Escada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Este artigo trata sobre o trebello, para o grupo de uvas en que se divide un cacho, véxase: Acio.
Escada de apoiar tradicional.

Unha escada[1], escala, esqueiro ou esqueira é unha escaleira normalmente de madeira ou metálica formada por dúas hastas (pezas longas verticais) ligadas por barras ou paus horizontais, que pode ser portátil ou mecánica adaptábel a un vehículo[2]. Serven para que as persoas poidan ascender e descender de lugares inaccesíbeis por se atoparen a distinta altura ou nivel. Empréganse principalmente en actividades de bricolaxe, xardinaxe, fruticultura.

Por extensión chámase escada ao guión detallado que reflicte os contidos e a súa duración dentro dun programa, así como a súa forma de presentación[3].

Partes[editar | editar a fonte]

Están compostas por dous montantes ou hastas de lonxitude variábel unidos transversalmente grazas a traveseiros colocados de xeito equidistante chamados banzos ou chanzos que permiten o ascenso progresivo até a zona desexada. Son trebellos facilmente transportábeis pola súa levidade. Orixinalmente fabricábanse de madeira e ademais dos usos actuais eran comúns para acceder a sobrados e faiados. Actualmente o material máis utilizado é o aluminio pola súa lixeireza e porque permite unións entre banzos e montantes de maior consistencia, que prolongan a vida útil da escada.

Tipos e normativa[editar | editar a fonte]

De forma xenérica, as escadas pódense dividir en dous grupos:

  • Apoiábeis, as tradicionais, non teñen estabilidade por si mesmas e cómpre apoialas no elemento a ascender: parede, árbore, fachada, sobrado, etc.
  • Autoestábeis ou dobres[4]. Susténtanse por si mesmas.

Tamén existen as seguintes:

  • Corredeira
  • Telescópicas ou extensíbeis
  • Con plataforma

Existen infinidade de modelos de escadas en función da altura, o número de pasos, artellamento, etc. Algunhas dispoñen de plataformas de traballo, varandas e elementos de ancoraxe para realizar tarefas a determinada altura con total seguranza.

A normativa DIN EN 131 regula, a nivel europeo a fabricación e características das escadas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gran dicionario Xerais da lingua galega, Vigo, Xerais, 2009; Dicionario da Real Academia Galega, A Coruña, RAG, 2012
  2. "Definición en Portal das Palabras". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2016. Consultado o 15 de marzo de 2016. 
  3. Dicionario galego de televisión, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia-Centro Ramón Piñeiro, 2005
  4. Nome en galego en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]