Andrea Dworkin

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Andrea Dworkin
Nome de nacementoAndrea Rita Dworkin
Nacemento26 de setembro de 1946[1]
Lugar de nacementoCamden, Nova Jersey, EEUU
Falecemento9 de abril de 2005 (58 anos)
Lugar de falecementoWashington, D.C., EEUU
Causadoenza cardiovascular
NacionalidadeEstadounidense
Alma máterBennington College e Cherry Hill High School West
OcupaciónEscritora, teórica do feminismo
CónxuxeCornelius (Iwan) Dirk de Bruin (1969–1972)
John Stoltenberg (1998-2005, morte de Dworkin)
Coñecida porFeminismo radical, activismo antipornografía
PremiosAmerican Book Awards
Na rede
http://www.isiswomen.org/wia/wia398/vaw00006.html
Bitraga: 1048 Discogs: 3134816 WikiTree: Dworkin-62 Find a Grave: 10758834 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Andrea Dworkin, nada en Camden, Nova Jersey, o 26 de setembro de 1946 e finada en Washington, D.C. o 9 de abril de 2005, foi unha ensaísta estadounidense, teórica do feminismo radical. Foi coñecida sobre todo pola súa crítica da pornografía, que comparou coa violación e outras formas de violencia contra as mulleres.

Militante antibelicista e achegada ao anarquismo de fins dos anos 1960, Dworkin escribiu máis dunha decena de libros sobre a teoría e a práctica do feminismo radical. A finais dos anos 1970 e 1980, gañou sona nacional como portavoz do movemento feminista antipornografía e polos seus escritos sobre pornografía e sexualidade, particularmente polos libros Pornography: Men Possessing Women (1979) e Intercourse (1987), as súas dúas obras máis coñecidas.

A súa personalidade e as súas posicións categóricas sobre a sexualidade e a pornografía foron admiradas e aplaudidas por numerosas feministas, así como tamén foron o punto de mira de críticas, sobre todo por parte de feministas liberais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Dworkin naceu en Camden, Nova Jersey, filla de Sylvia Spiegel e Harry Dworkin. A súa nai era filla de inmigrantes xudeus húngaros e o seu pai era neto dun xudeu ruso que deixou Rusia cando tiña quince anos para escapar do servizo militar. Ela tiña un irmán máis novo, Mark.[2] O seu pai era un mestre e socialista convencido, a quen acreditou a súa paixón pola xustiza social. A súa relación coa súa nai foi dura, aínda que máis tarde Dworkin escribiu sobre o apoio da súa nai aos métodos anticonceptivos e á legalización do aborto, «moito antes de que fosen crenzas respectables», que inspirou o seu activismo posterior.[3]

Aínda que describiu a súa familia xudía como dominada en moitos sensos pola lembranza do holocausto, isto non foi un impedimento para levar unha infancia feliz ata que acadou a idade de nove anos, cando un varón descoñecido abusou sexualmente dela nun cinema. Cando Dworkin tiña dez anos, a súa familia mudouse dende a cidade aos suburbios de Cherry Hill, Nova Jersey (entón coñecida como Delaware Township), vivencia sobre a que máis tarde escribiu «a miña experiencia foi como se fose abducida por extraterrestres e me levasen a unha colonia penal».[4] En sexto grao, a administración da escola castigouna por se rexeitar a cantar «Silent Night» (como xudía, obxectou que fora forzada a cantar cancións relixiosas cristiás na escola).[5] Ela dixo que «probablemente se convertería nunha rabino» se estivese permitido para as mulleres cando estaba na escola e que «lle gustaría ter sido» unha erudita talmúdica.[6]

Dworkin comezou a escribir poesía e ficción en sexto grao.[7][8] Daquela, dubidaba entre se converter nunha avogada ou nunha escritora; debido ao seu interese xacando polo aborto, elixiu a escritura porque ela podía «facelo nunha habitación soa» e «ninguén me podería parar».[9] Durante o instituto, lía avidamente co apoio dos seus pais. Estivo particularmente influenciada por Arthur Rimbaud, Charles Baudelaire, Henry Miller, Fiódor Dostoievski, Che Guevara e os poetas da xeración Beat, especialmente Allen Ginsberg,[8] e incluíu entre os escritores que «máis admiraba» a Genet, Shelley e Byron.[10]

Universidade e activismo temperán[editar | editar a fonte]

En 1965, mentres estudaba en Bennington College, Dworkin foi arrestada durante unha protesta antiguerra de Vietnam no United States Mission to the United Nations e enviada á New York Women's House of Detention. Testemuñou que os doutores da prisión lle realizaron un exame pélvico que foi tan doloroso que estivo a sangrar días despois. Falou en público e testemuñou perante un gran xurado sobre a súa experiencia; a repercusión que tivo o seu testemuño nos medios deu lugar a novas nacionais e internacionais.[11][12] O gran xurado rexeitou inculpar ninguén,[13] mais o testemuño de Dworkin atraeu a indignación pública polo maltrato das reclusas e contribuíu á clausura da prisión anos máis tarde.

Pouco despois de testemuñar perante o gran xurado, Dworkin deixou Bennington e dirixiuse no transatlántico Castel Felice a Grecia para continuar a súa escritura.[14] Viaxou dende París a Atenas no Expreso de Oriente e foi vivir e escribir a Creta.[15] Na súa estada en Creta, escribiu unha serie de poemas titulados (Vietnam) Variations, unha colección de poemas en verso e en prosa que imprimiu na illa nun libro titulado Child, e unha novela nun estilo semellante ao realismo máxico titulada Notes on Burning Boyfriend —unha referencia ao pacifista Norman Morrison, quen se prendeu lume a si mesmo ata morrer a xeito de protesta pola guerra de Vietnam. Tamén escribiu unha serie de poemas e diálogos que ela mesma imprimiu despois do seu regreso aos Estados Unidos nun libro titulado Morning Hair.[16]

Despois de vivir en Creta, Dworkin volveu a Bennington por dous anos, onde continuou a estudar literatura e a participar en campañas en contra do código de conduta estudantil da universidade, a prol da contracepción no campus, a legalización do aborto e en contra da guerra de Vietnam.[17] Graduouse cunha licenciatura en literatura en 1968.

Vida nos Países Baixos[editar | editar a fonte]

Despois de se graduar, dirixiuse a Ámsterdam para entrevistar anarquistas neerlandeses do movemento contracultural de Provo.[18][19] Na súa estada, involucrouse e despois casou cun dos anarquistas que coñeceu: Cornelius (Iwan) Dirk de Bruin.[20] Pouco despois de casar dixo que de Bruin comezou a abusar dela severamente apancándoa e pateándoa, queimándoa con cigarros, abatanándoa nas pernas cunha barra de madeira e golpeándolle a cabeza contra o chan ata deixala inconsciente.[21][22]

Após deixar a de Bruin en 1971, Dworkin dixo que o seu exmarido a atacou, a perseguiu e a acosou, á vez que era golpeada e ameazada cada vez que encontraba onde se agochaba. Dworkin atopábase desesperada pola ausencia de cartos, adoito sen fogar, a miles de quilómetros da súa familia e máis tarde, nun dos seus libros, comentou que «a miúdo eu vivía a vida dun fuxitivo, aínda que se trataba máis da vida desesperada dunha muller maltratada que fuxira por última vez, sexa cal for o resultado».[23] Sen recursos, viuse obrigada a se prostituír durante un período.[24] Ricki Abrams, unha feminista e compañeira expatriada, acolleu Dworkin na súa casa e axudouna a atopar lugares para se aloxar, como unha barcaza, unha granxa comunitaria e incluso inmobles abandonados.[25] Dworkin, nese momento, tratou de conseguir cartos para volver aos Estados Unidos.

Abrams introduciu a escritora estadounidense nas primeiras obras do feminismo radical dos Estados Unidos, de aí que Dworkin estivese notablemente inspirada por Sexual Politics (Política sexual) de Kate Millett, The Dialectic of Sex (A dialéctica do sexo) de Shulamith Firestone e Sisterhood is Powerful (A sororidade é poderosa) de Robin Morgan.[26][27] Ela e mais Abrams comezaron a traballar xuntas en «fragmentos e pezas temperás» dun texto feminista radical sobre o odio ás mulleres na cultura e na historia,[28] incluíndo un borrador completo dun capítulo sobre a revista da contracultura pornográfica Suck, que foi publicado por un grupo de compatriotas expatriadas nos Países Baixos.[29][30]

Máis tarde, Dworkin escribiu que aceptara axudar a pasar un maletín de heroína pola alfándega a cambio de mil dólares e un boleto de avión, pensando que se tiña éxito podería regresar a casa co boleto e os cartos, e se a collían, polo menos escaparía do abuso do seu exmarido ao ir ao cárcere. A pesar da anulación do trato, o varón que lle prometera os cartos deulle o billete de avión de todos os modos e regresou aos Estados Unidos en 1972.[31][32]

Denantes de deixar Ámsterdam, Dworkin falou con Abrams sobre a súa experiencia nos Países Baixos, o movemento feminista emerxente e o libro que comezaran a escribir xuntas. Dworkin aceptou rematalo —co título de Woman Hating— e publicalo cando chegase aos Estados Unidos.[32] Nas súas memorias, Dworkin relata que durante a conversación prometeu que dedicaría a súa vida ao movemento feminista.

Sentada con Ricki, falando con Ricki, fíxenlle unha promesa: que empregaría todo o que coñecía, tamén sobre a prostitución, para facer o movemento das mulleres máis forte e mellor; que daría a miña vida ao movemento e polo movemento. Prometín estar involucrada co honor e benestar das mulleres, facendo o que cumprise para ese benestar. Prometín vivir e, se cómpre, morrer polas mulleres. Fixen este voto hai trinta anos e aínda non o traizoei.
Andrea Dworkin, Heartbreak: The Political Memoir of a Feminist Militant, 122.

Volta a Nova York e contacto co movemento feminista[editar | editar a fonte]

En Nova York, Dworkin traballou de novo como organizadora antiguerra, participou en manifestacións polos dereitos das lesbianas e contra o apartheid en Suráfrica.[33] A poeta feminista Muriel Rukeyser contratouna como axudante (Dworkin máis tarde dixo, «Fun a peor axudante da historia, pero Muriel seguiu comigo porque cría en min como escritora»).[34] Dworkin tamén se uniu a un grupo de concienciación[35] e axiña se implicou coa organización feminista radical, centrándose en campañas contra a violencia contra as mulleres. Alén dos seus escritos e activismo, Andrea gañou sona como oradora, principalmente para eventos organizados por grupos feministas locais.[36] Fíxose coñecida polos seus discursos apaixonados e inflexibles que espertaban fortes sentimentos tanto na parte seguidora coma na crítica, e inspirou o seu público á acción, como o seu discurso na primeira marcha de Take Back the Night en novembro de 1978, e o seu discurso de 1983 no Midwest Regional Conference of the National Organization for Changing Men (agora coñecido como National Organization for Men Against Sexism)[37] titulado I Want a Twenty-Four Hour Truce During Which There Is No Rape (Quero unha tregua de vinte e catro horas durante a cal non haxa violacións).[38]

Relación con John Stoltenberg[editar | editar a fonte]

En 1974 coñeceu o escritor e activista feminista John Stoltenberg (agora coñecido por escribir unha serie de libros e artigos enmarcados no feminismo radical sobre a masculinidade) cando ambos os dous deixaban unha lectura de poesía en Greenwich Village sobre temas misóxinos. Volvéronse amigos moi próximos e finalmente foron vivir xuntos.[39] Aínda que Dworkin escribiu publicamente «quero a John con todo o meu corazón e alma»[40] e Stoltenberg describiu a Dworkin como «o amor da miña vida»[41], ela continuou publicamente a se identificar como lesbiana e el como gai. Stoltenberg, relatando a perplexidade que a súa relación semellaba causar á xente na prensa, resumiu a relación dicindo: «Expoño só os feitos máis sinxelos publicamente: si, Andrea e mais eu vivimos xuntos, amámonos e somos compañeiros de vida, e si, ambos os dous saímos do armario».[39]

Dworkin e Stoltenberg casaron en 1998; despois da morte da escritora Stoltenberg dixo: «É por isto porque nunca lle dixemos a ninguén que casamos, porque a xente se confunde. Eles pensan "Oh, é de teu", e non queriamos esas parvadas».[41]

Amizade con Michael Moorcock[editar | editar a fonte]

Michael Moorcock, un autor recoñecido polas súas novelas de ciencia ficción e fantasía, tamén foi un dos amigos máis achegados de Andrea Dworkin.

Andrea Dworkin e mais Michael Moorcock mantiveron unha longa amizade dende 1986, data do seu primeiro encontro nunha discusión sobre literatura na Universidade de East Anglia en Inglaterra. Moorcock, que se denomina profeminista, explicou que se achegou a East Anglia só para coñecer a Dworkin, cuxas obras apreciaba. A novela de Dworkin Mercy (publicada no ano 1992), foi dedicada a Moorcock, mentres que, pola súa banda, este último fixo o mesmo con Dworkin coa súa obra Jerusalem Commands (tamén publicada no ano 1992).[42]

Pretextando os seus puntos comúns, Dworkin explicou que ambos os dous estaban «preocupados polas mesmas cousas», «perseguidos polo holocausto» e criticaban «o que a pornografía facía á xente».[42] Pola súa banda, Moorcock contou que viviran experiencias semellantes: formaron parte do movemento polos dereitos civís, estaban a favor do dereito ao aborto, e a nivel persoal, ambos os dous coñeceron «as realidades do sexo e o tráfico de droga». Moorcock explicou igualmente que Dworkin era unha das súas mellores amigas; a súa admiración pola feminista fixo que dixese que era como «se tivese a sorte de ter como amiga Rosa Luxemburg». Continuou dicindo que «politicamente, é a máis poderosa influencia do meu traballo», ata o punto de engadir: «é importante para min ter o seu asentimento sobre os meus libros». Máis globalmente, Moorcock defendeu Dworkin contra o que el estimou que eran críticas inxustificadas, que atacaban a visión que tiña a feminista da pornografía ou que concernían á súa visión das relacións sexuais.[42] A súa amizade concretouse nunha entrevista, dada á revista New Statesman no ano 1995, na cal Moorcock interroga Dworkin.[43]

Vida posterior[editar | editar a fonte]

No mesmo ano, The New York Times Book Review publicou unha carta na que describe as orixes do seu profundo odio á prostitución e á pornografía («produción en serie, prostitución tecnolóxica»), así como a súa historia de como foi inspeccionada violentamente por médicos do cárcere e as agresións que recibiu por parte do seu primeiro marido e de numerosos varóns.[44]

Andrea foi unha forte opoñente do presidente Bill Clinton durante o escándalo Lewinsky.[45] Tamén expresou o seu apoio por Paula Jones e Juanita Broaddrick.[46]

Dworkin «foi demonizada non só por pornógrafos, senón tamén por moitos liberais, polos cales ela sentía un desprezo case igual»[47], e mentres que era irritada por feministas liberais tales como Naomi Wolf, aceptou que as súas opinións non eran agradables para todo o mundo. «Teño unha forte convicción de que calquera movemento precisa de radicais e liberais», aclarou. «Sempre se necesitan mulleres que poidan entrar na habitación de xeito correcto, falar co ton de voz adecuado e que teñan acceso ao poder; mais tamén é preciso unha liña inferior».[48][nota 1]

No ano 2000, publicou Scapegoat: The Jews, Israel, and Women's Liberation, na cal compara a opresión das mulleres coa persecución da comunidade xudía,[49] trata as políticas sexuais do xudaísmo e o antisemitismo, e esixe o establecemento dunha patria de mulleres como resposta á opresión do sexo feminino.[50][51][52]

Andrea Dworkin e Jim Haynes no programa de televisión After Dark (1988).

En xuño do 2000, Dworkin publicou artigos controvertidos en New Statesman[53] e en The Guardian,[54] afirmando que un ou máis varóns a violaran na súa habitación de hotel en París no ano anterior, poñendo GHB na súa bebida para inhabilitala. Os seus artigos acenderon a controversia[55] pública cando escritoras como Catherine Bennett[24] e Julia Gracen[56] dubidaron do seu testemuño, polarizando a opinión entre os escépticos e os partidarios da escritora estadounidense como Catharine MacKinnon, Katharine Viner[57] e Gloria Steinem. A súa atestación do incidente foi máis tarde descrita por Charlotte Raven como unha «declaración amplamente desacreditada» que valería mellor ver como «un tipo de tarefa artística rutineira».[58] Emocionalmente feble e con problemas de saúde, Dworkin retirouse en gran medida da vida pública durante dous anos despois dos artigos.[24][39][53][54][56][59][60][61][62]

En 2002, Dworkin publicou a súa autobiografía, Heartbreak: The Political Memoir of a Feminist Militant. Decontado comezou a dar discursos e a escribir de novo, e nunha entrevista con Julie Bindel en 2004 dixo: «Cría que rematara, mais sinto unha nova vitalidade. Quero continuar axudando as mulleres».[59] Publicou tres artigos máis en The Guardian e comezou a traballar nun novo libro, Writing America: How Novelists Invented and Gendered a Nation, sobre o papel de novelistas como Ernest Hemingway e William Faulkner no desenvolvemento da identidade política e cultural estadounidense, que ficou inacabado cando finou.[63]

Enfermidade e morte[editar | editar a fonte]

Durante os seus anos finais, Dworkin sufría dunha saúde feble e revelou na súa derradeira columna para The Guardian que estivera debilitada e case eivada durante os últimos anos pola artrose severa nos xeonllos.[64] Pouco despois de regresar de París en 1999, fora hospitalizada con febre alta e cadullos de sangue nas pernas. Poucos meses despois de recibir a alta do hospital, volveuse cada vez máis incapaz de dobrar os xeonllos e someteuse a unha cirurxía para substituír os seus xeonllos por próteses de titanio e plástico. Escribiu: «O doutor que mellor me coñece di que a artrose comeza moito denantes de eivar —no meu caso, posiblemente debido á falla de fogar, ou ao abuso sexual, ou ás bouras que recibín nas miñas pernas, ou ao meu peso. John, meu compañeiro, culpa a Scapegoat, un estudo da identidade xudía e da liberación das mulleres que me levou nove anos escribir; é, di, o libro que me roubou a saúde. Eu culpo a violación que recibín cando me drogaron en 1999 en París».[64]

Cando un periodista lle preguntou como lle gustaría ser lembrada, ela dixo: «Nun museo, cando a supremacía masculina estea morta. Gustaríame que o meu traballo fose un artefacto antropolóxico dunha sociedade extinta e primitiva».[65] Finou mentres durmía na mañá do 9 de abril de 2005, na súa casa en Washington, D.C.[66] aos 58 anos. A causa da morte determinouse máis tarde; tratouse dunha miocardite aguda.[67]

Obra[editar | editar a fonte]

Loita contra a pornografía[editar | editar a fonte]

Marcha Take Back The Night en 2010, un tipo de manifestación creada por Dworkin e outras feministas no ano 1978.

Andrea Dworkin ficou na memoria polo seu papel como oradora, escritora e activista no movemento feminista antipornografía.[57][59][65] En febreiro de 1976, Dworkin asumiu o posto de líder na organización de piquetes de folga contra o filme Snuff en Nova York e, durante o outono, uníronse Adrienne Rich, Grace Paley, Gloria Steinem, Shere Hite, Lois Gould, Barbara Deming, Karla Jay, Letty Cottin Pogrebin, Robin Morgan, e Susan Brownmiller nun intento de formaren un grupo de feministas radicais antipornografía.[68] Algunhas membros deste grupo tamén fundaron en 1979 Women Against Pornography, pero daquela Dworkin comezara a se distanciar do grupo debido ás diferenzas nalgúns enfoques.[69] Dworkin falou na primeira marcha de Take Back the Night en novembro de 1978, e uniuse a 3 000 mulleres nunha marcha a través do distrito vermello de San Francisco.[70]

En 1981, Dworkin publicou Pornography: Men Possessing Women, traballo que analiza (e cita amplamente exemplos extraídos de) a pornografía contemporánea e histórica como unha industria de deshumanización e odio ás mulleres. Dworkin argumenta que a pornografía está implicada na violencia contra as mulleres, tanto na súa produción (a través do abuso das mulleres que son utilizadas na industria pornográfica) coma nas consecuencias sociais do seu consumo ao afoutar os varóns a erotizar a dominación, a humillación e o abuso das mulleres.[57][59][65]

Ordenanza antipornografía polos dereitos civís[editar | editar a fonte]

En 1980, Linda Boreman (quen aparecera no filme pornográfico Deep Throat co nome de Linda Lovelace) fixo declaracións públicas de que o seu exmarido Chuck Traynor a golpeara, a violara e a coaccionara violentamente para que fixese ese e outros filmes pornográficos. Boreman fixo públicas as súas acusacións ante os correspondentes nunha conferencia de prensa con Dworkin, a avogada feminista Catharine MacKinnon e membros de Women Against Pornography. Despois da conferencia de prensa, Dworkin, MacKinnon, Gloria Steinem e Boreman encomezaron a conversar sobre a posibilidade de empregar a lei federal de dereitos civís para obter danos e perdas de Traynor e dos produtores de Deep Throat. Boreman estaba interesada, mais abandonou a idea despois de que Steinem descubrise que a posibilidade de ter un xuízo prescribira.[71] Porén, o caso de Linda Borema intégrase na reflexión de Dworkin e MacKinnon, que ven na pornografía, pola súa natureza violenta, a antecámara da violación: «a pornografía é a teoría, a violación é a práctica».

Dworkin e MacKinnon, no entanto, continuaron a falar do litixio dos dereitos civís como un posible enfoque para combater a pornografía. No outono de 1983, MacKinnon conseguiu un posto dun semestre para Dworkin na Universidade de Minnesota co obxectivo de ensinar un curso de literatura para o programa de estudos da muller e para coensinar (con MacKinnon) un curso interdepartamental sobre a pornografía, onde debateron os detalles do enfoque dos dereitos civís. Cos azos das activistas da comunidade no sur de Minneapolis, o goberno da cidade de Minneapolis contratou a Dworkin e MacKinnon para redactaren unha ordenanza contra a pornografía que sería integrada no corpus lexislativo da cidade.

A emenda definiu a pornografía como unha violación dos dereitos civís da muller permitindo ás mulleres que reclamaban prexuízos pola pornografía demandar os produtores e distribuidores nos tribunais civís por danos e perdas. A lei foi aprobada dúas veces polo consello da cidade de Minneapolis, mais vetada en ambas as dúas ocasións polo alcalde Don Fraser, que consideraba a redacción da ordenanza demasiado vaga.[72] Outra versión da ordenanza foi aprobada en Indianapolis en 1984, mais foi finalmente anulada por considerala inconstitucional por parte da Corte de Apelacións do Sétimo Circuíto no caso American Booksellers vs. Hudnut. Con todo, Dworkin seguiu a apoiar o enfoque legalista no seu activismo e escritos, e a afoutar feministas antipornografía que organizaron campañas posteriores en Cambridge, Massachusetts (1985) e Bellingham, Washington (1988) co propósito de aprobar versións da ordenanza antipornografía por iniciativa dos votantes.[73]

Right-Wing Women[editar | editar a fonte]

En 1983, Dworkin publicou Right-Wing Women: The Politics of Domesticated Females, unha análise das razóns que levaban a algunhas mulleres a colaboraren cos varóns na limitación da liberdade do sexo feminino.[74] No limiar da edición británica,[nota 2] Dworkin afirmaba que a Nova Dereita dos Estados Unidos se enfocaba especialmente en preservar a autoridade masculina na familia, en promover versións fundamentalistas da relixión ortodoxa, en combater o aborto e en socavar os esforzos para combater a violencia doméstica,[75] pero que tamén conseguiu, por primeira vez, «acadar que as mulleres como mulleres (mulleres que afirman actuaren en interese das mulleres como grupo) actuasen eficazmente en nome da autoridade masculina sobre as mulleres, en nome da xerarquía na que as mulleres son subordinadas aos varóns, en nome das mulleres como a propiedade lexítima dos varóns, en nome da relixión como unha expresión transcendente da supremacía masculina».[76] Tomando isto como problema, Dworkin preguntouse: «Por que as mulleres da dereita apoian a súa propia subordinación? Como fai a dereita, controlada por varóns, conseguir a súa participación e lealdade? E por que as mulleres da dereita odian verdadeiramente a loita feminista pola igualdade?».[77]

Testemuño perante a Comisión Meese[editar | editar a fonte]

Informe final da Comisión Meese na que Dworkin participou.

O 22 de xaneiro de 1986, Dworkin testemuñou durante unha hora e media perante a Attorney General's Commission on Pornography (tamén coñecida como Meese Commission) en Nova York, e contestou preguntas dos seus membros despois de rematar o seu testemuño.[nota 3] O testemuño de Andrea contra a pornografía foi gabado e reeditado no informe final da comisión,[78] cuxa saída do prelo foi salientada por Dworkin e MacKinnon nunha roda de prensa na cal reafirmaron os fundamentos da súa ordenanza antipornografía.[79] Posteriormente, a Comisión Meese esixiu con éxito que os pequenos supermercados quitasen dos andeis as revistas masculinas como Playboy[79] (Dworkin escribira que a revista «tanto en texto coma en imaxes promove a violación e o abuso sexual a menores»)[80] e Penthouse.[81] As demandas estendéronse a nivel nacional e obrigaron algunhas pequenas tendas a retirar revistas de fotografía pornográfica, entre outras.[82] A campaña da Comisión Meese foi finalmente invalidada por decisión da United States District Court for the District of Columbia no caso Meese contra Playboy.

No seu testemuño e nas súas respostas, Dworkin denunciou o emprego das leis antiobscenidade para perseguir os pornógrafos, declarando: «Estamos en contra das lei sobre a obscenidade. Non as queremos. Quero que entendades por que, inda acabedes estando de acordo ou non».[83] Explicou que as leis relativas á obscenidade eran totalmente ineficaces,[83] e cando eran efectivas só agochaban a pornografía da vista do público mentres permitían desenvolverse discretamente.[84] Amais, para Dworkin, estas leis suprimían o material equivocado, ou o material acertado pero polas razóns equivocadas, subliñando que «as leis sobre a obscenidade tamén son misóxinas na súa mesma concepción. O seu postulado básico é que os corpos das mulleres é obsceno».[85]

Dworkin ofreceu cinco recomendacións á comisión, aconsellando (1) que «o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos instrúa os organismos encargados de facer cumprir a lei a manteren rexistros do uso da pornografía en crimes violentos»,[85] (2) a prohibición da posesión e distribución da pornografía no cárcere,[86] (3) que os fiscais «fagan cumprir as leis contra o proxenetismo e non cedan cos pornógrafos»,[86] (4) que a administración «converta nunha prioridade do Departamento de Xustiza facer cumprir o RICO (Racketeer Influenced and Corrupt Organizations Act) contra a industria da pornografía»[86] e (5) que o Congreso adopte unha lexislación federal antipornografía en materia de dereitos civís que prevexa danos e perdas polos prexuízos inflixidos ás mulleres. Suxeriulle á comisión que considerase «a creación dunha disposición de conspiración criminal baixo a lei de dereitos civís, de tal xeito que conspirar para privar a unha persoa dos seus dereitos civís coaccionándoa a tomar parte na pornografía é un delito, e que conxurar para traficar con pornografía é confabular para privar ás muller dos nosos dereitos civís».[87] Dworkin comparara a súa proposta co preito que Southern Poverty Law Center tivo contra o Ku Klux Klan en materia de dereitos civís.[83]

Andrea tamén presentou unha copia do libro de Boreman, Ordeal, como un exemplo dos abusos que ela agardaba remediar, engadindo que: «O único atípico do caso de Linda é que tivo a coraxe de combater publicamente contra o que lle pasou. E o que sexa que teñan que facer, ten que a axudar ou non vai axudar a ninguén».[88]

Intercourse[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Intercourse.

En 1987, Dworkin publicou Intercourse, obra na cal estende a súa análise da pornografía ás relacións sexuais, argumentando que o tipo de subordinación sexual representada na pornografía xoga un papel fundamental nas experiencias que teñen as mulleres e os varóns nas relacións sexuais heterosexuais nunha sociedade de supremacía masculina. Sempre no marco das sociedades patriarcais descritas pola feminista, explica que todo sexo heterosexual é coercitivo e degradante para as mulleres, e que a penetración sexual pode, pola súa propia natureza, condenar as mulleres á inferioridade e submisión.[89]

Citando tanto a pornografía coma a literatura —incluíndo A sonata de KreuzerMadame BovaryDrácula—, Dworkin afirmou que as representacións das relacións sexuais na arte e na cultura dominantes salientaban sistematicamente as relacións heterosexuais como o único tipo de sexo «real». Describiu que os retratos convencionais das relacións sexuais eran en termos violentos ou invasivos, unha violencia que se converteu no elemento central do erotismo, e que sería adoito conxugada co menosprezo e repulsión (ou incluso co asasinato) das mulleres. Dworkin explicou que este tipo de representación reforza tamén o androcentrismo e a coerción da sexualidade e que, cando os comportamentos culturais se combinan coas condicións materiais de vida das mulleres nunha sociedade sexista, a experiencia das relacións sexuais heterosexuais convértese nunha parte central da dominación dos varóns sobre as mulleres, experimentadas como unha forma de «ocupación» que, porén, se agarda que sexan pracenteiras para as mulleres e que definan a súa condición de mulleres.[90]

Esta clase de descricións son citadas a miúdo polos críticos de Dworkin, que interpretan o libro como se estivese a afirmar que «todo» coito heterosexual é violación ou, máis xeralmente, que a mecánica anatómica das relacións sexuais as fan intrinsecamente daniñas para a igualdade das mulleres cos varóns. Por exemplo, Cathy Young di que declaracións como: «O coito é a expresión formal, pura e estéril do menosprezo dos varóns polas mulleres» poden estar razoablemente resumidas en «Todo sexo é violación».

Dworkin rexeitou esa interpretación do seu argumento,[49] afirmando nunha entrevista posterior que «creo que tanto o acto sexual coma o pracer sexual poden e sobrevivirán á igualdade»[43] e suxeriu que o malentendido se produciu debido á ideoloxía sexual que ela estaba a criticar: «Dende que o modelo sexual foi un de conquista, posesión e violación, penso que moitos varóns cren que precisan unha vantaxe inxusta, que no seu extremo sería chamada violación. Non creo que o necesiten».[43]

Decisión Butler[editar | editar a fonte]

En 1992, o Tribunal Supremo do Canadá ditaminou no caso R. vs. Butler a incorporación nas leis canadenses sobre a obscenidade elementos do traballo lexislativo de Dworkin e MacKinnon sobre a pornografía. No caso Butler o tribunal sostivo que as leis canadenses sobre a obscenidade violaban os dereitos dos cidadáns canadenses á liberdade de expresión baixo a Carta Canadense dos Dereitos e as Liberdades se se aplica por razóns morais ou por estándares comúns de decencia, pero esa lei de obscenidade podería aplicarse contra algunha pornografía recorrendo ás garantías de igualdade dos sexos que postula a carta.[91] A decisión do tribunal citou amplamente os escritos preparados pola Women's Legal Education and Action Fund (LEAF), coa axuda e participación de Catharine MacKinnon.[92]

Andrea Dworkin, porén, opúxose á posición do Women's Legal Education and Action Fund, argumentado que as feministas non deberían de axudar ou tentar reformar as leis sobre a obscenidade.[93] En 1993, copias do libro de Dworkin Pornography foron inspeccionadas por axentes da alfándega do Canadá,[94] fomentando unha lenda urbana de que os propios libros de Dworkin foran prohibidos do Canadá baixo unha lei que ela mesma promovera. Secasí, a decisión Butler non adoptou a ordenanza de Dworkin e MacKinnon, Dworkin non apoiou a decisión e os seus libros (os cales foron postos en liberdade pouco despois de seren inspeccionados) foron retidos temporalmente como parte dunha medida procesual estándar, allea á decisión Butler.[95]

Ficción[editar | editar a fonte]

Dworkin publicou tres obras de ficción despois de acadar unha notable sona como autora activista e feminista. Publicou unha colección de relatos curtos, The New Woman's Broken Heart en 1980. A súa primeira novela, Ice and Fire (publicada en galego como Xeo e lume[96]) foi publicada no Reino Unido en 1986. Trátase dunha historia en primeira persoa, chea de violencia e abusos; Susie Bright afirmou que equivale a unha reescritura feminista moderna dunha das obras máis famosas do marqués de Sade, Juliette.[97] Emporiso, Dworkin pretendía describir o dano que os varóns facían ás mulleres como un dano normalizado, non como un erotismo excéntrico. A segunda novela de Dworkin, Mercy, foi publicada no Reino Unido en 1990. Segundo The Telegraph, as novelas «non foron populares».[47]

Os relatos curtos a mailas novelas de Dworkin adoito incorporaban elementos da súa vida e temas dos seus ensaios, ás veces narrados en primeira persoa. Os críticos ás veces citaron pasaxes ditas por personaxes de Xeo e lume como representacións dos puntos de vista da autora.[98][99] Así a todo, Dworkin escribiu: «As miñas obras de ficción non son autobiográficas. Non son unha exhibicionista. Non me mostro. Non pido perdón. Non quero confesarme. Mais empreguei todo o que sei —a miña vida— para amosar o que eu penso que debe ser amosado para que poida ser enfrontado. O imperativo no corazón da miña escritura —o que debe facerse— vén directamente da miña vida. Pero non amoso a miña vida directamente, a plena vista; nin tan sequera mirala mentres outros ven».[49][100]

Life and Death[editar | editar a fonte]

En 1997, Dworkin publicou unha colección de discursos e artigos dos noventa en Life and Death: Unapologetic Writings on the Continuing War on Women, incluíndo un longo ensaio autobiográfico sobre a súa vida como escritora e artigos sobre a violencia contra as mulleres, a pornografía, a prostitución, Nicole Brown Simpson, a perpetración de violacións na guerra de Bosnia e Herzegovina, o masacre de Montreal, Israel e as políticas de xénero do Museo Memorial do Holocausto dos Estados Unidos.[63]

Analizando Life and Death en The New Republic, a filósofa Martha Nussbaum critica as voces do feminismo contemporáneo que acusan Catharine MacKinnon e Dworkin como «misándricas», e argumenta que as críticas da Primeira emenda sobre a proposta da Ordenanza antipornografía de Dworkin «non din nada intelectualmente respectable», a Primeira emenda «nunca cubriu toda liberdade de expresión: o suborno, as ameazas, as ofertas extorsivas, a publicidade enganosa, o perxurio e o asesoramento médico sen licenza están desprotexidos». Nussbaum engade que Dworkin centrou a atención no obxectivo moral adecuado, facer dano asociado coa subordinación, e non a obscenidade, civilmente accionable.

Legado e controversia[editar | editar a fonte]

Dworkin escribiu dez libros sobre feminismo radical e abondosos discursos e artigos, cada un destinado a afirmar a presenza e denunciar o dano institucionalizado e normalizado contra a muller. Converteuse nunha das escritoras e portavoces máis influentes do feminismo radical estadounidense durante os anos setenta e oitenta.[57][60] Describiu a pornografía como unha industria da cousificación e do abuso prexudiciais, non só un ámbito de fantasía. Analizou a prostitución como un sistema de explotación e o coito como un lugar clave de subordinación no patriarcado. As súas análises e obras influenciaron e inspiraron o traballo de feministas contemporáneas como Catharine MacKinnon,[101] Gloria Steinem,[102] John Stoltenberg,[66] Nikki Craft,[103] Susan Cole[104] e Amy Elman.[105]

As posicións categóricas de Dworkin a mailo seu estilo contundente de escribir e falar, descrito por Robert Campbell como «apocalíptico»,[106] xerou comparacións frecuentes con outros oradores como Malcolm X (por parte de Robin Morgan,[66] Susie Bright[97] e outras). Gloria Steinem comparou repetidamente o seu estilo co dos profetas do Antigo Testamento;[107][108] Susan Brownmiller lembra o seu discurso en Take Back the Night de 1978:

A tarde do sábado rematou coa marcha das candeas Take Back the Night (a primeira deste xénero) a través do barrio vermello, e comezara cun discurso candente de Andrea Dworkin. Xa vira Andrea no meu salón, mais era a primeira vez que vía Andrea en acción. Nese mesmo intre chameina «Rolling Thunder». Suando coa súa funda vaqueira característica, empregaba as cadencias retóricas que a converterían tanto nun ídolo coma en obxecto de chufas. O calvario teatralizado de Dworkin e o estilo digno dunha predicadora nunca me convenceron moito, pero conservo o meu respecto polo seu valor, moito tempo despois de que eu abandonase a guerra contra a pornografía. Unha vez rematado o seu chamamento á acción, tres mil manifestantes tomaron as rúas.
Susan Brownmiller, In Our Time: Memoir of a Revolution, 302–303

Moitos dos primeiros discursos foron reeditados no seu segundo libro, Our Blood (1976). Discursos posteriores foron reeditados dez e vinte anos despois en Letters from a War Zone (1988) e Life and Death (1997).[63]

A feminista radical mantivo, porén, certa comunicación política coa dereita. Escribiu o libro Right-Wing Women, que parte do postulado de que existía un acordo entre as feministas e as mulleres de dereitas sobre a existencia dunha dominación sexual e material dos varóns, recoñecendo as discrepancias sobre a estratexia adoptada para o afrontar.[109] Testemuñou perante a Comisión Meese sobre a pornografía, mentres que o fiscal xeral dos Estados Unidos, Edwin Meese, estaba a servir o presidente conservador social Reagan. Debateu co escritor da National Review David Frum e a súa dona nunha conversa organizada por Christopher Hitchens.[110][111]

A súa actitude e linguaxe frecuentemente polarizaron o debate, e converteron Dworkin nunha figura de intensa controversia. Despois do seu pasamento, o escritor homosexual conservador Andrew Sullivan[112] afirmou que «A moitos da dereita social gustáballe Andrea Dworkin. Como Dworkin, o seu pulo esencial cando ven seres humanos vivindo libremente é tratar de controlalos ou detelos —para o seu propio ben. Igual ca Dworkin, están horrorizados ante a sexualidade masculina, e ven os varóns como un problema que debe ser domesticado. Como Dworkin, cren no poder do Estado para censurar e coaccionar as liberdades sexuais. Igual ca Dworkin, ven a enorme nova liberdade que as mulleres e os homosexuais adquiriron dende os anos sesenta como un terrible desenvolvemento para a cultura humana».[113] A xornalista liberal conservadora Cathy Young[114] laiouse dun «branqueo» nos obituarios feministas de Dworkin, argumentando que as posicións da escritora eran manifestamente misándricas; afirmou que Dworkin estaba tola,[115][116] criticou o que ela chamou o «legado destrutivo» de Dworkin e describiu a Dworkin como unha «pantasma triste» que o feminismo precisaba exorcizar.[117]

Outras feministas, en cambio, publicaron memoriais simpatizantes ou de celebración tanto en liña coma en papel.[118][119] Catharine MacKinnon, amiga e colaboradora de Dworkin durante moito tempo, publicou unha columna no New York Times homenaxeando o que ela describiu como «a incansable carreira literaria e política de Dworkin», suxerindo que Dworkin era merecedora dun nomeamento ao Premio Nobel de Literatura e queixouse de que «as mentiras sobre os seus puntos de vista sobre a sexualidade (que se cría que o coito era violación) e as súas alianzas políticas (que se estaba na cama coa dereita) foron publicadas e republicadas sen intentos de verificación, sendo as cartas correctivas case sempre negadas. Mentres a aparencia física dos escritores masculinos se considera irrelevante ou estimada como unha excentricidade encantadora, a de Andrea foi inxuriada, ridiculizada e transformada en pornografía. Cando Dworkin demandou por difamación, os tribunais trivializaron as mentiras dos pornógrafos alegando á fantasía e á sátira».[118]

As declaracións de Dworkin sobre a violencia que sufriu a mans de varóns espertaron, ás veces, o escepticismo, sendo o exemplo máis coñecido o seu testemuño de que fora drogada e violada en París. En 1989, Dworkin escribiu un artigo sobre a súa vida como esposa maltratada nos Países Baixos, «What Battery Really Is», en resposta á feminista radical Susan Brownmiller, que defendera que Hedda Nussbaum, unha muller maltratada, debería ter sido acusada pola súa incapacidade de deter Joel Steinberg de asasinar a súa filla adoptiva. Newsweek inicialmente aceptou publicar «What Battery Really Is», mais logo se negou a publicar o informe a petición do seu avogado, segundo Dworkin, argumentando que ela necesitaba publicalo anonimamente «para protexer a identidade do agresor» e retirar as referencias a lesións específicas, ou, pola contra, achegar «rexistros médicos, policiais e unha declaración escrita dun médico que vise as lesións». Con todo, Dworkin presentou o artigo a Los Angeles Times, quen o publicou o 12 de marzo de 1989.[120]

Incesto[editar | editar a fonte]

Algunhas críticas, como as de Larry Flynt na revista pornográfica Hustler[121] e a de Gene Healy,[122] argüíron que Dworkin apoiaba o incesto. No derradeiro capítulo de Woman Hating (1974), Dworkin escribiu que «a relación pai-fillo é principalmente erótica porque todas as relacións humanas son principalmente eróticas» e que «o tabú do incesto, debido a que nos nega a nosa plenitude esencial cos pais a quen amamos coa nosa enerxía primaria, obríganos a interiorizar eses pais e a constantemente os buscar. O tabú do incesto fai a peor angueira da cultura... A destrución do tabú do incesto é esencial para o desenvolvemento dunha comunidade cooperativa humana baseada na libre circulación dun erotismo natural andróxino».[123] Dworkin, porén, non explica se «plenitude» se supón que implica efectivamente unha intimidade sexual; unha páxina denantes define o que entende como «relacións eróticas» como relacións cuxa «substancia é a comunicación e a conexión non verbal»,[124] que distingue explicitamente do que ela denominaba fucking 'foder'.[125]

O traballo de Dworkin de encomezos dos anos oitenta en adiante contiña condenas frecuentes do incesto e a pedofilia como unha forma capital de violencia contra as mulleres, argumentando que «o incesto é tremendamente importante na comprensión da condición da muller. É un crime cometido contra alguén, un crime do cal moitas vítimas nunca se recuperan».[126][127][128][129] A principio dos oitenta tivo unha discusión pública co seu antigo amigo Allen Ginsberg sobre o seu apoio á pornografía infantil e pedofilia, na cal Ginsberg dixo «o dereito quere pórme no cárcere», ao que Dworkin respondeu «si, son moi sentimentais; eu mataríate».[130] En 1985, cando Hustler publicou a afirmación de que Dworkin avogaba polo incesto, Dworkin demandounos por unha calumnia difamatoria; o tribunal rexeitou a denuncia de Dworkin a partir da base de que, independentemente de se as interpretacións de Hustler sobre as súas reflexións sobre o incesto eran válidas, unha interpretación defectuosa dunha obra colocada no «mercado das ideas» non podía equivaler a unha difamación no senso xurídico.[121]

Pornografía[editar | editar a fonte]

Outras críticas, especialmente de mulleres que se identificaban como «feministas» pero que discordaban pronunciadamente co estilo e posicións de Dworkin, ofreceron visións matizadas, suxerindo que Dworkin chamou a atención sobre problemas reais e importantes, mais que o seu legado como un todo foi destrutivo para o movemento das mulleres.[131] A súa obra e activismo sobre a pornografía —especialmente na forma da Ordenanza antipornografía polos dereitos civís— suscitou un duro criticismo por parte de grupos como o de Feminist Anti-Censorship Task Force (FACT) e incluso algunhas compañeiras feministas antipornografía, quen criticaron a achega legal de Dworkin e MacKinnon por consideralas como un atentado contra os dereitos civís.

Dworkin tamén foi criticada polas feministas prosexo, isto coñeceuse como guerras feministas sobre o sexo que tivo lugar a finais dos setenta e os oitenta. As guerras sobre o sexo foron unha serie de acalorados debates que polarizaron o pensamento feminista a través dunha serie de cuestións relacionadas co sexo e a sexualidade. As feministas prosexo criticaron o activismo de Dworkin como censurador e argumentaron que o seu traballo sobre a pornografía e a sexualidade promovía un punto de vista esencialista, conservador ou represivo da sexualidade, que adoito describiron como «antisexo». A análise crítica de Dworkin da expresión común da heterosexualidade, pornografía, prostitución e sadomasoquismo foi vista a miúdo polas feministas prosexo como unha desconsideración da axenda sexual das mulleres e unha negación das eleccións sexuais destas. Dworkin contraargumentou que a xente que a criticaba terxiversaba os seus puntos de vista[nota 4] e que baixo o título de «elección» e «prosexo» as súas críticas feministas fallaban á hora de cuestionar as estruturas políticas violentas que confinaban as eleccións das mulleres e daban forma ao significado dos actos sexuais.[nota 5]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Amais de libros, artigos e discursos, escribiu para antoloxías e artigos adicionais. Algunhas das súas obras foron traducidas a outras linguas.[132] Tamén publicou en Gay Community News.[133] A única obra traducida ao galego é a novela Xeo e lume (2001) de Edicións Xerais da man de Cristina Veiga Novoa.[134]

Non ficción[editar | editar a fonte]

Libros[editar | editar a fonte]

Contén:
Extraído de Pornography and Censorship, en Doing Ethics por Lewis Vaughn, segunda edición, ISBN 978-0-393-93428-1

Capítulos en libros[editar | editar a fonte]

  • Dworkin, Andrea (1995). "Pornography happens to women". En Lederer, Laura; Delgado, Richard. The price we pay: the case against racist speech, hate propaganda, and pornography. Nova York: Hill and Wang. ISBN 9780809015771. 
  • Dworkin, Andrea (1996). "Biological superiority: the world's most dangerous and deadly idea". En Jackson, Stevi; Scott, Sue. Feminism and sexuality: a reader. Nova York: Columbia University Press. pp. 57–61. ISBN 9780231107082. 
  • Dworkin, Andrea (1996). "Pornography". En Jackson, Stevi; Scott, Sue. Feminism and sexuality: a reader. Nova York: Columbia University Press. pp. 297–299. ISBN 9780231107082. 
  • Dworkin, Andrea (2004). "Pornography, prostitution and a beautiful and tragic recent history". En Whisnant, Rebecca; Stark, Christine. Not for sale: feminists resisting prostitution and pornography. North Melbourne, Victoria: Spinifex Press. pp. 137–158. ISBN 9781876756499. 

Outros[editar | editar a fonte]

Ficción e poesía[editar | editar a fonte]

  • Dworkin, Andrea (1966). Child. Creta: Heraklion. OCLC 4708955. 
  • Dworkin, Andrea (1967). Morning hair. Filadelfia: Philadelphia College of Art. OCLC 9290267. 
  • Dworkin, Andrea (1980). The new womans broken heart: short stories. East Palo Alto, California: Frog in the Well. ISBN 9780960362806. 
  • Dworkin, Andrea (1986). Ice and fire: a novel. Londres: Secker & Warburg. ISBN 9780436139604. 
  • Dworkin, Andrea (1991). Mercy. Nova York: Four Walls Eight Windows. ISBN 9780941423694. 

Artigos[editar | editar a fonte]

  • Dworkin, Andrea (1977). Marx and Gandhi were liberals: feminism and the "radical" left. East Palo Alto, California: Frog in the Well. OCLC 6189987. 
  • Dworkin, Andrea (1978). Why so-called radical men love and need pornography. East Palo Alto, California: Frog in the Well. OCLC 8309555. 
  • Dworkin, Andrea (primavera de 1985). HeinOnline a nome de Harvard Law School, ed. "Against the male flood: censorship, pornography, and equality". Harvard Journal of Law & Gender (denantes Women's Law Journal) 8: 1–30.  Pdf.
  • Dworkin, Andrea (1986). Pornography is a Civil Rights Issue for Women. Minneapolis, Minnesota: Organizing Against Pornography. OCLC 18843030. 
Páxina 1 de 4. Páxina 2 of 4. páxina 3 de 4. páxina 4 de 4.
  • Dworkin, Andrea (1986). Nikki Craft, ed. "Pornography is a civil rights issue for women". NoStatusQuo.  Pdf.
Páxina 1 de 2. Páxina 2 de 2.
Páxina 1 de 2. Páxina 2 de 2.
Extracto con Note from John Stoltenberg, 25 de maio de 2007.
Recensión de Lucky de Alice Sebold, ISBN 978-0-684-85782-4
Recensión de Normal: transsexual CEOs, cross-dressing cops, and hermaphrodites with attitude de Amy Bloom, ISBN 978-0-679-45652-0

Discursos e entrevistas[editar | editar a fonte]

Algúns foron dixitalizados.

Recensións das obras de Dworkin[editar | editar a fonte]

Traballo relacionado[editar | editar a fonte]

Era membro de The American Heritage Dictionary do Usage Panel.[137]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Naomi Wolf é unha autora estadounidense e ex-consultora política.
  2. Reimpreso na obra de Dworkin, Letters from a War Zone, pp. 185–194.
  3. O testemuño de Dworkin reeditouse como: Dworkin, Andrea (1989), "Pornography is a civil rights issue: 1986", en Dworkin, Andrea, Letters from a War Zone: Writings, 1976-1989, Nova York: E.P. Dutton, pp. 276–307, ISBN 9780525248248. Dispoñible para ler en liña como: Dworkin, Andrea. "Pornography is a civil rights issue"No Status Quo. Nikki Craft. Consultado o 22 de agosto de 2015.
  4. Ver, por exemplo, Letters from a War Zone, p. 110: "One of the slurs constantly used against me by women writing in behalf of pornography under the flag of feminism in misogynist media is that I endorse a primitive biological determinism. Woman Hating (1974) clearly repudiates any biological determinism; so does Our Blood (1976), especially "The Root Cause". So does this piece, published twice, in 1978 in Heresies and in 1979 in Broadsheet. The event described in this piece ["Biological Superiority: The World's Most Dangerous and Deadly Idea"], which occurred in 1977, was fairly notorious, and so my position on biological determinism—I am against it—is generally known in the Women's Movement". (En galego: «Unha das difamacións usadas constantemente contra min por mulleres que escribían en nome da pornografía baixo a bandeira do feminismo en medios misóxinos é que eu respaldo un determinismo biolóxico primitivo. Woman Hating (1974) repudia claramente calquera determinismo biolóxico, como tamén o fai Our Blood (1976), especialmente "The Root Cause". Como tamén esta peza, publicada dúas veces, en 1978 en Heresies e en 1979 en Broadsheet. O suceso descrito nesta peza ["Superioridade biolóxica: A idea máis perigosa e mortífera do mundo"], que ocorreu en 1977, foi bastante célebre, e por iso a miña postura sobre o determinismo biolóxico —estou en contra del— é xeralmente coñecido no movemento feminista».)
  5. Ver, por exemplo, o limiar de 1995 de Intercourse, pp. vii–x, e Intercourse, capítulo 7.
Referencias
  1. FamilySearch (ed.). "United States Social Security Death Index". Consultado o 10 de xuño de 2016. 
  2. "Andrea Dworkin, 1946–2005". Jewish Women Encyclopedia. Consultado o 28 de decembro de 2012. 
  3. Dworkin 2002, p. 23.
  4. Dworkin 1997, p. 3.
  5. Dworkin 2002, p. 21-22.
  6. Vincent, Norah, Sex, Love and Politics: Andrea Dworkin, en New York Press, vol. 11, n.º 5, Feb. 4–10, 1998, p. 42, col. 1
  7. Dworkin 1997, p. 23-24, 28.
  8. 8,0 8,1 Dworkin, Heartbreak, pp. 37–40.
  9. Ambas as citas: Vincent, Norah, Sex, Love and Politicsop. cit., p. 42, col. 4.
  10. Vincent, Norah, Sex, Love and Politicsop. cit., p. 42, col. 4 (quoting interviewer Vincent).
  11. Dworkin 2002, p. 77-81.
  12. "Inquiry Ordered at Women's Jail; Mrs. Kross Acts in Case of a Bennington Student Seized in U.N. Protest". New York Times. Consultado o 4 de febreiro de 2013. 
  13. Dworkin 2002, p. 80.
  14. Dworkin 2002, p. 80, 83.
  15. Dworkin 2002, p. 83-85, 87.
  16. Dworkin 2002, p. 98.
  17. Dworkin 2002, p. 107-112.
  18. Dworkin 1997, p. 24-25.
  19. Dworkin 2002, p. 117.
  20. Dworkin, Andrea. Videotape Collection of Andrea Dworkin, 1981–1998 (Inclusive): A Finding Aid(Cambridge, Mass.: Arthur and Elizabeth Schlesinger Library on the History of Women in America, Radcliffe Institute for Advanced Study, Harvard Univ. (Vt-136), Feb., 2009) Arquivado 03 de xullo de 2018 en Wayback Machine., data de acceso 31 de xullo de 2011.
  21. Dworkin 2002, p. 119.
  22. Dworkin 1989, p. 103, 332.
  23. Dworkin 1997, p. 17.
  24. 24,0 24,1 24,2 Catherine Bennett (8 de xuño do 2000). "Doubts about Dworkin". Consultado o 11 de xullo de 2009. 
  25. Dworkin 1997, p. 18-19.
  26. Dworkin 1997, p. 19.
  27. Dworkin 2002, p. 118.
  28. Dworkin 1974, p. 7.
  29. Dworkin 1997, p. 21.
  30. Dworkin 2002, p. 122.
  31. Dworkin 1989, p. 332-333.
  32. 32,0 32,1 Dworkin 1997, p. 22.
  33. Dworkin 2002, p. 123.
  34. Dworkin 1989, p. 3.
  35. Dworkin 2002, p. 124.
  36. Dworkin 2002, p. 139-143.
  37. "A Brief History of NOMAS". National Organization for Men Against Sexism. Consultado o 5 de xullo de 2009. 
  38. Dworkin, Andrea (1983). "I Want a Twenty-Four Hour Truce During Which There Is No Rape". Letters from a War Zone. pp. 162–171. 
  39. 39,0 39,1 39,2 "Living with Andrea Dworkin". No Status Quo. Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  40. Contemporary Authors Autobiography Series, vol. 21. Cengage Gale. 1995. ISBN 0-8103-4518-8. 
  41. 41,0 41,1 "Imagining Life Without Andrea". Feminist.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2009. Consultado o 5 de xullo de 2009. 
  42. 42,0 42,1 42,2 Melanie McFadyean (19 de xullo de 1992). "How we met: 43. Michael Moorcock and Andrea Dworkin". Consultado o 16 de novembro de 2016. 
  43. 43,0 43,1 43,2 Michael Moorcock. "Fighting Talk". No Status Quo. Consultado o 8 de xullo de 2009. 
  44. Andrea Dworkin (3 de maio de 1992). "Pornography and the New Puritans". Consultado o 11 de xullo de 2009. 
  45. "Who's a Hypocrite—and Who Cares?". James Taranto. Consultado o 4 de maio de 2011. 
  46. Candice E. Jackson. Their Lives: The Women Targeted by the Clinton Machine. Torrance, Calif.: World Ahead Publishing. p. 240.
  47. 47,0 47,1 Andrea Dworkin, en The Telegraph, 13 de abril de 2005, 12:02 a.m. (sección «Novas», subsección «Obituarios», subsubsección «Cultura») Arquivado 30 de abril de 2019 en Wayback Machine., consultado o 15 de febreiro de 2013 (obituario).
  48. Andrea Dworkin, en The Telegraphop. cit.
  49. 49,0 49,1 49,2 Nikki Craft. "The Andrea Dworkin Lie Detector". No Status Quo. Consultado o 8 de xullo de 2009. 
  50. Dworkin, Andrea, Scapegoat: The Jews, Israel, and Women's Liberation (N.Y.: Free Press, 2000 (ISBN 0-684-83612-2)), pp. 246, 245–246, 336, & 248.
  51. Take No Prisoners, in The Guardian, May 13, 2000, consultado o 6 de setembro de 2010.
  52. Ouma, Veronica A., Dworkin's Scapegoating, in Palestine Solidarity Review (PSR), outono de 2005 Arquivado 08 de decembro de 2010 en Wayback Machine., consultado o 21 de outubro de 2010 (citando, en parte, Scapegoatid., pp. 336 e 337).
  53. 53,0 53,1 Dworkin (5 de xuño de 2000). "The Day I Was Drugged and Raped"New StatesmanArquivado do orixinal no 20 de xuño de 2009. Consultado o 11 de xullo de 2009.
  54. 54,0 54,1 Dworkin (2 de xuño de 2000). "'They took my body from me and used it'"The Guardian. Londres. Consultado o 11 de xullo de 2009.
  55. David A. Roberts (27 de abril de 2005). "A Post-Mortem Analysis of Andrea Dworkin". ifeminist.com. Consultado o 11 de xullo de 2009.
  56. 56,0 56,1 Julia Gracen (20 de setembro de 2000). "Andrea Dworkin in Agony" Arquivado 13 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.. Salon.com. Consultado o 11 de xullo de 2009.
  57. 57,0 57,1 57,2 57,3 Katharine Viner (12 de abril de 2005). "'She never hated men'"The Guardian. Londres. Consultado o 11 de 2009.
  58. Charlotte Raven (19 de xuño de 2006). "Body of Evidence"New StatesmanArquivado do orixinal o 4 de xuño de 2009. Consultado o 11 de xullo de 2009.
  59. 59,0 59,1 59,2 59,3 Julie Bindel (30 de setembro de 2004). "A life without compromise"The Guardian. Londres. Arquivado do orixinal o 29 de maio de 2009. Consultado o 11 de xullo de 2009.
  60. 60,0 60,1 Louise Armstrong (25 de xullo de 2001). "The Trouble with Andrea"The Guardian. Londres. Consultado o 11 de xullo de 2009.
  61. Pat Califia, ed. Forbidden Passages: Writings Banned in Canada. Pittsburgh: Cleis Press, 1995.
  62. Adam Parfrey. "The Devil and Andrea Dworkin," in Cult Rapture. Portland, OR: Feral House Books, 1995. pp. 53–62.
  63. 63,0 63,1 63,2 "Obituary"The Times. Londres. 13 de abril de 2005. Consultado o 18 de xullo de 2009.
  64. 64,0 64,1 Dworkin (13 de abril de 2005). "Through the pain barrier"The Guardian. Londres. Consultado o 11 de xullo de 2009.
  65. 65,0 65,1 65,2 Julie Bindel (12 de abril de 2005). "Obituary"The Guardian. Londres. Consultado o 12 de xullo de 2009.
  66. 66,0 66,1 66,2 Ariel Levy (29 de maio de 2005). "The Prisoner of Sex"New York. Consultado o 12 de xullo de 2009.
  67. Beth Ribet (11 de marzo de 2006). "First Year: An Interview with John Stoltenberg"Arquivado do orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 12 de xullo de 2009.
  68. Brownmiller 1999.
  69. Brownmiller 1999, p. 303, 316.
  70. Brownmiller 1999, p. 391-392.
  71. Brownmiller 1999, p. 337.
  72. Alexander Downs, Donald (1989). The New Politics of Pornography. University of Chicago Press. ISBN 0-226-16162-5. 
  73. Dworkin 1997, p. 90-95.
  74. Dworkin, Andrea (1983). Right Wing Women. 
  75. Dworkin 1989, p. 192-193.
  76. Dworkin 1989, p. 193.
  77. Dworkin 1989, p. 194.
  78. "Victimization". Attorney General's Commission on Pornography. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2009. Consultado o 8 de xullo de 2009. 
  79. 79,0 79,1 Califia, Pat (1994). Public Sex: The Culture of Radical Sex. Cleis Press. 
  80. "Pornography and Feminism". FeministUtopia. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2006. Consultado o 8 de xullo de 2009. 
  81. Edwards, David M. "Politics and Pornography: A Comparison of the Findings of the President's Commission and the Meese Commission and the Resulting Response". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2009. Consultado o 9 de xullo de 2009. 
  82. Christopher M. Finan e Anne F. Castro. Media Coalition, ed. "The Rev. Donald E. Wildmon's Crusade for Censorship, 1977–1992". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2009. Consultado o 9 de xullo de 2009. 
  83. 83,0 83,1 83,2 Dworkin 1989, p. 285.
  84. Dworkin 1989, p. 285-286.
  85. 85,0 85,1 Dworkin 1989, p. 286.
  86. 86,0 86,1 86,2 Dworkin 1989, p. 287.
  87. Dworkin 1989, p. 288.
  88. Dworkin 1989, p. 289.
  89. Dworkin, Andrea. "Occupation/Collaboration". Intercourse. Consultado o 14 de febreriro de 2013. 
  90. Dworkin, Andrea. "Occupation/Collaboration". Intercourse. Consultado o 8 de xullo de 2009. 
  91. Cossman, Brenda (1997). "Feminist Fashion or Morality in Drag? The Sexual Subtext of the Butler Decision". Bad Attitude/s on Trial: Pornography, Feminism, and the Butler Decision. Toronto: University of Toronto Press. p. 107. ISBN 0-8020-7643-2. 
  92. Nowlin, Christopher Jon (2003). Judging Obscenity: A Critical History of Expert Evidence. Quebec: McGill-Queen's University Press. ISBN 0-7735-2538-6. 
  93. Mason-Grant, Joan (2004). Pornography Embodied: From Speech to Sexual Practice. Lanham, Md.: Rowman & Littlefield. p. 176, n.º 30. ISBN 0-7425-1223-1. 
  94. Zachary Margulis (marzo de 1995). "Canada's Thought Police". Wired. Consultado o 8 de xullo de 2009. 
  95. Catharine A. MacKinnon e Andrea Dworkin (26 de agosto de 1994). "Statement by Catharine A. MacKinnon and Andrea Dworkin Regarding Canadian Customs and Legal Approaches to Pornography". No Status Quo. Consultado o 8 de xullo de 2009. 
  96. Ficha da tradución na Biblioteca de tradución galega da Universidade de Vigo Arquivado 30 de xuño de 2017 en Wayback Machine. Consultado o 21 de xuño de 2017.
  97. 97,0 97,1 Susie Bright (11 de abril de 2005). "Andrea Dworkin Has Died". Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2009. Consultado o 11 de xullo de 2009. 
  98. Gladden Schrock. "Feminist Hate-Speech". The Fatherhood Coalition. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2009. Consultado o 11 de xullo de 2009. 
  99. Eric Ross. "Mind-Programming of the Masses". MacDworkinism and VAWA: The Fraud of the Millennia. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2008. Consultado o 11 de xullo de 2009. 
  100. Dworkin 1997, p. 15.
  101. Stuart Jeffries (12 de abril de 2006). "Are women human?". Consultado o 18 de xullo de 2009. 
  102. Zoe Heller (6 de decembro de 1992). "The New Eve". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2009. 
  103. "The Nikki Wiki: All About Nikki Craft". nikkicraft.com. Consultado o 18 de xullo de 2009. 
  104. Cole, Susan G. (12-19 de maio de 2005). "Sex, lies and ideologies". NOW 24 (37). 
  105. Waltman, Max (27-29 de maio de 2009). "The Civil Rights and Equality Deficit: Legal Challenges to Pornography and Sex Inequality in Canada, Sweden, and the U.S.". Meeting of the Canadian Political Science Association. 
  106. "Radical Feminism: Some Thoughts on Long's Defense (blog)". History News Network. Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2010. Consultado o 12 de xullo de 2009. 
  107. Mark Honigsbaum (12 de abril de 2005). "Andrea Dworkin, embattled feminist, dies at 58". Consultado o 12 de xullo de 2009. 
  108. Gloria Steinem (23 de xuño de 2005). "Gloria Steinem remembers feminist writer and activist Andrea Dworkin". Consultado o 12 de xullo de 2009. 
  109. Foster, Sallie L. (Xaneiro de 1983). "Right-Wing Women: The Politics of Domesticated Females". Library Journal 108 (1): 59. 
  110. David Frum (12 de abril de 2005). "Andrea Dworkin RIP (blog)". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2014. Consultado o 9 de maio de 2010. 
  111. "The Nation: Seeing Eye to Eye; A Radical Feminist Who Could Dine With (Not On) Conservatives". 17 de abril de 2005. Consultado o 9 de maio de 2010. 
  112. Sullivan, Andrew (2006). The conservative soul: how we lost it, how to get it back. HarperCollins Publishers. ISBN 9780060188771. 
  113. Andrew Sullivan (18 de abril de 2005). "The far-left-theocon alliance (blog)". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2014. Consultado o 5 de xullo de 2009. 
  114. "Welcome to the website of writer and journalist Cathy Young". Consultado o 12 de xullo de 2009. 
  115. "Anti-feminist? Moi? (blog)". cathyyoung.blogspot.co.uk. Consultado o 12 de xullo de 2009. 
  116. Cathy Young (17 de abril de 2005). "The Dworkin Whitewash (blog)". Consultado o 12 de xullo de 2009. 
  117. Cathy Young (18 de abril de 2005). "The Misdirected Passion of Andrea Dworkin". Consultado o 12 de xullo de 2009. 
  118. 118,0 118,1 Catharine A. MacKinnon (16 de abril de 2005). "Who Was Afraid of Andrea Dworkin?". Consultado o 12 de xullo de 2009. 
  119. "Andrea Dworkin Dies". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2006. Consultado o 12 de xullo de 2009. 
  120. Dworkin 1989, p. 330.
  121. 121,0 121,1 "Dworkin v. L.F.P., Inc.". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2008. Consultado o 12 de xullo de 2009. 
  122. Gene Healy (Maio-xuño de 1998). "Andrea Dworkin: I Just Don't Get It". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2006. Consultado o 18 de xullo de 2009. 
  123. Dworkin 1974, p. 189.
  124. Dworkin 1974, p. 188.
  125. Dworkin 1974, p. 187.
  126. Dworkin 1989, p. 139–142, 149, 176–180, 308, 314–315.
  127. Dworkin, Intercourse, pp. 171, 194
  128. Dworkin 1997, p. 22–23, 79–80, 86, 123, 143, 173, 188–189.
  129. Dworkin 1989, p. 139.
  130. Dworkin 2002, p. 43-47.
  131. Havana Marking (15 de abril de 2005). "The Real Legacy of Andrea Dworkin". Consultado o 12 de xullo de 2009. 
  132. Richards, Deborah, Andrea Dworkin September 26, 1946 – April 9, 2005, 12 de abril de 2005, en H-Women, en Humanities and Social Sciences Net Online (mensaxe da lista de discusión) («John Stoltenberg has sent these items this morning; they were prepared by Andrea Dworkin») Arquivado 25 de abril de 2016 en Wayback Machine., consultado o 8 de outubro de 2010.
  133. 300 Women Who Changed the World: Encyclopædia Britannica Profiles: Andrea Dworkin, consultado o 15 de febreiro de 2013.
  134. "Xeo e lume". Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2017. Consultado o 11 de abril de 2017. 
  135. DePaul University (ed.). "Library Resource Finder: Table of Contents for: Sisterhood is forever: the women's anthology for a new millennium". vufind.carli.illinois.edu. Consultado o 15 de outubro de 2015. 
  136. Dworkin, Andrea, Dworkin on Dworkin, en Bell, Diane, & Renate Klein, eds., Radically Speaking: Feminism Reclaimed (N. Melbourne, Vic., Australia: Spinifex, 1996 (ISBN 1 875559 38 8)), pp. 203–217 (ed. Bell entón catedrática de relixión, desenvolvemento económico e xustiza social, Coll. of the Holy Cross, Mass., EUA, & ed. Klein entón catedrática e directora do departamento, Australian Women's Research Centre, Deakin Univ., como reedición de Dworkin on Dworkin, en Trouble and Strife, vol. ou nº 19 (verán de 1990), pp. 2–13 (de Braeman, Elizabeth e Carol Cox, título non indicado, en Off Our Backs (probablemente off our backs) (10º aniversario).
  137. The American Heritage Dictionary of the English Language (Boston, Mass.: Houghton Mifflin, 3.ª ed. 1992 (ISBN 0-395-44895-6)), p. xii (The Usage Panel); o panel é discutido en id., p. vi (Introdución).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]