Val do Tiétar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca Val do Tiétar
ProvinciaProvincia de Ávila
Área1116,32 km²
Poboación35,378 hab. (2008)
ConcellosCandeleda
Sotillo de la Adrada
La Adrada
Piedralaves

O Val do Tiétar,[1] é unha bisbarra de montaña situada ao sur da Serra de Gredos (serra pertencente ao Sistema Central) e á cidade de Arenas de San Pedro, no sur da provincia de Ávila )é o maior núcleo de poboación. Outras localidades importantes desta bisbarra son Candeleda e Sotillo de la Adrada. Limita ao oeste con La Vera (Cáceres), ao norte co Alto Tormes e Alto Alberche (Ávila), ao sur co Campo Arañuelo (Cáceres) e a Terra de Talavera (Toledo) mediante a Serra de San Vicente, e ao oeste co Val do Alberche (Madrid e Toledo). e o Bajo Alberche (Toledo).

Xeografía[editar | editar a fonte]

A bisbarra de Areas de San Pedro ten paisaxes de montaña, con pequenos regatos e abundante vexetación. Encádrase na serra de Gredos, con montañas superiores aos dous mil metros de altitude.

Está cruzada ao sur, de leste a oeste, polo río Tiétar, afluente do Texo.

Espazos Naturais[editar | editar a fonte]

Concellos[editar | editar a fonte]

Esta bisbarra contén algunhas localidades con arquitectura popular, como por exemplo, Candeleda. Algúns dos monumentos máis importantes desta bisbarra son o santuario de San Pedro de Alcántara, en Arenas de San Pedro; o palacio de la Mosquera en Arenas de San Pedro; o santuario da Noosa Señora de Chilla, en Candeleda; o castro celta de El Raso; o castelo de Don Álvaro de Luna, en Arenas de San Pedro; o castelo dos Condes de Alburqueque, en Mombeltrán, e o castelo de ''La Adrada''.

A bisbarra do Val do Tiétar consta de vinte e catro municipios:

Número de concellos en función do número de habitantes (ano 2006).
N.º de habitantes de 1 a 50 de 51 a 100 de 101 a 200 de 201 a 500 de 501 a 1.000 maior de 1.000 total
N.º de concellos 0 0 1 4 10 9 24
Mapa do Val do Tiétar
Concello Superficie (km²) Hab.
La Adrada 58,67 2.385
El Arenal 27,08 1.088
Arenas de San Pedro 194,85 6.933
Candeleda 213,90 5.137
Casavieja 39,25 1.663
Casillas 11,96 815
Cuevas del Valle 19,17 559
Fresnedilla 24,53 102
Gavilanes 29,16 675
Guisando 37,38 620
Higuera de las Dueñas 35,18 321
El Hornillo 24,22 390
Lanzahíta 33,67 970
Mijares 46,92 874
Mombeltrán 49,92 1.145
Navahondilla 14,09 311
Pedro Bernardo 69,01 1.136
Piedralaves 55,25 2.169
Poyales del Hoyo 3,38 598
San Esteban del Valle 37,00 890
Santa Cruz del Valle 29,62 534
Santa María del Tiétar 11,95 501
Sotillo de la Adrada 43,96 4.413
Villarejo del Valle 41,60 463

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ASAJA Castela e León. Bisbarras de Ávila. Val do Tiétar Arquivado 09 de abril de 2015 en Wayback Machine..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Abad Soria, Jesús; García Quiroga, Fernando; Cepeda Serna, Cristina (2007). "La situación de los incendios en el Valle del Tiétar" (PDF). Observatorio Medioambiental (10): 123–143. ISSN 1139-1987. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  • Rodríguez Cardeña, Ángel; García García, Valeriano (2008). Colegio Público Nuestra Señora de la Asunción (Ávila), ed. "Comarcas de Ávila". Ávila. ISSN 0425-0850. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2015. 
  • Organización Sindical Española Servicio de Estadística, ed. (1976). Las comarcas en la provincia de Ávila. Madrid. p. 297. ISBN 978-84-400-2108-3.