Mamede de Capadocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mamede de Capadocia
Nacemento259
Lugar de nacementoKayseri
Falecemento275
Lugar de falecementoKayseri
Relixióncristianismo
editar datos en Wikidata ]

Mamede de Capadocia ou Mamede de Cesarea, nado en Cesarea de Capadocia (Imperio Romano) no 259 e finado na Capadocia en 275, foi un mártir cristián, coñecido como San Mamede. A Igrexa Católica celebra o seu día o 17 de agosto.

En Galicia venérase baixo os nomes de San Mamede, San Amedio e San Nomedio.[1]

Lenda[editar | editar a fonte]

Fillo de Teodoto e Rufina, dous plebeos cristiáns encarcerados e martirizados cando neno. Naceu en prisión e foi adoptado por unha viúva patricia que ao seu pasamento deixoulle a súa herdanza cando só tiña 15 anos. Mamede utilizou a súa fortuna para favorecer os marxinados e non ocultou a súa condición de cristián. Isto fíxoo vítima dunha dura represión por parte do Gobernador de Cesarea de Capadocia.

Tras sufrir cadea e torturas, fuxiu ao monte onde conviviu entre as feras, tendo a facultade de amansalas. Localizado e detido, foi sometido á morte no circo ceibándolle varios leóns, pero estes respectárono e amosáronlle docilidade. En consecuencia, foi atravesado polo tridente dun gladiador ata falecer desangrado.

Significación[editar | editar a fonte]

Son moitas as parroquias e accidentes xeográficos en Galicia adicadas á súa advocación. A implantación do cristianismo en comunidades rurais da Gallaecia supuxo a substitución de tradicións galaicas prerromanas referidas a deidades masculinas adolescentes da natureza pola figura deste santo mozo.

En Bilbao, existiu existiu o maior orfanato de Europa baixo o seu padroado.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ferro Ruibal, Xesús; et alii (1992). Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]