Helena Juntunen
Helena Juntunen | |
---|---|
Nome completo | Helena Maria Juntunen |
Data nacemento | 9 de marzo de 1976 |
Nado en | Oulu |
Ocupación | cantante de ópera, música e intérprete |
Xénero | Ópera |
Instrumento(s) | Voz |
Tipo de voz | Soprano |
Tempo en activo | 2002 — actualidade.[1] |
Na rede | |
http://helenajuntunen.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Helena Juntunen, nada en Kiiminki (Oulu) o 9 de marzo de 1976[2], é unha soprano finesa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Helena Juntunen naceu na pequena localidade de Kiiminki (daquela un concello independente e actualmente integrado no concello de Oulu). Aos 15 anos comezou os seus estudos no Conservatorio de Oulu, onde estudou con Airi Tokola. En 1996 ingresou na Sibelius-Akatemia de Helsinqui, onde se graduou tras estudar con Anita Välkki.[1] Entre os seus mestres destacan Anita Välkki, Jeffrey Goldberg, Renata Scotto e Hartmut Höll.[3]
En 2002 gañou o Lappeenrannan valtakunnalliset laulukilpailut (Concurso Nacional de Canto de Lappeenranta), e ese mesmo ano cantou o papel de Marguerite en Faust de Gounod durante o Savonlinnan Oopperajuhlat (Festival de Ópera de Savonlinna), o que se pode considerar como o inicio da súa carreira solista profesional. Logo de ter debutado na tempada 2003-04 na Connecticut Opera e en Xénova encarnando a Marguerite (Faust, Gounod) e a Madame Coretese (Il viaggio a Reims, Rossini), realizou o seu debut na Sächsische Staatsoper de Dresden encarnando a Pamina en Die Zauberflöte de Mozart. Tamén en 2003 ofreceu o seu primeiro concerto no Carnegie Hall de Nova York e posteriormente en Toquio. En 2006 debutou no Wiener Festwochen co papel de Pamina (Die Zauberflöte, Mozart).[1]
O verán de 2008 destacou pola súa interpretación do papel protagonista da nova ópera de Veli-Matti Puumala, Anna Liisa. Na tempada 2008-09 interpretou o papel de Liisa na ópera de Leevi Madetoja Pohjalaisia na Suomen Kansallisooppera, coa que colabora dende 1999.[1]
Ten cantado coa maioría das grandes orquestras finlandesas e algúns dos directores máis destacados do seu país como Esa-Pekka Salonen, Jukka-Pekka Saraste, Leif Segerstam, Mikko Franck ou Osmo Vänskä.[3]
Premios[editar | editar a fonte]
- Timo Mustakallio -kilpailun (Concurso Timo Mustakallio): 2000.[3]
- Tampere Grand Prix: 2001.[4]
- Lappeenrannan valtakunnalliset laulukilpailut (Concurso Nacional de Canto de Lappeenranta): 2002.[3]
- Karita Mattila -palkinto (Premio Karita Mattila): 2006.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Helena Juntunen Arquivado 01 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. en www.festium.fi[Ligazón morta] (en inglés) (en finés)
- ↑ Matti Haapakoski; et al. (2002). Werner Söderström Osakeyhtiö, ed. Suomen musiikin historia - Esittävä säveltaide. pp. 398–401. ISBN 951-0-23564-4.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 BBC Cardiff Singer of the World. Finland: Helena Juntunen
- ↑ Helena Juntunen, en Málaga en El País