Steindachneria argentea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Steindachneria argentea

Steindachneria argentea
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Paracanthopterygii
Orde: Gadiformes
Familia: Merlucciidae
Subfamilia: Steindachneriinae
Xénero: Steindachneria
Goode e Bean, 1888
Especie: S. argentea
Nome binomial
Steindachneria argentea
Goode e Bean, 1896
Distribución de Steindachneria argentea
Distribución de Steindachneria argentea

Distribución de Steindachneria argentea

Steindachneria argentea é un peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos merluccíidos, única da subfamilia dos estendacneriinos e do xénero Steindachneria común nas costas do océano Atlántico noroccidental desde Florida até a Guïana, ao longo de todo o mar Caribe e o golfo de México, coñecido en castelán como granadero luminoso.[1]

Características[editar | editar a fonte]

A lonxitude máxima descrita é de 30 cm.[2] Ten unha única espiña na aleta dorsal, mentres que na anal ten máis de cen raios brandos; os raios das [[aleta|aletas pelvianas son moi longos e filamentosos, que chegan até o ano cando os prega.[1]

O corpo é alongado e moi comprimido lateralmente, rematando nun fino pedúculo caudal acabado en punta. Ten un órgano luminoso na metade do corpo, na rexión ventral, e outros máis sobre os lados da cabeza. A coloración do corpo é parda prateada na rexión dorsal e púrpura prateada na ventral, coa cavidade oral escura.[1]

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Adoita vivir en augas profundas, entre os 400 e os 500 m, sobre o fondo mariño, ocupando a plataforma continental e a parte alta do noiro continental.[1]

Pesca[editar | editar a fonte]

Non é unha especie interesante nin buscada para a pesca, pero os poucos exemplares que se pescan alcanzan nos mercados prezos altos pola súa calidade.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Cohen, D. M., T. Inada, T. Iwamoto e N. Scialabba (1990): FAO species catalogue. Vol. 10. Gadiform fishes of the world (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO Fish. Synop, volume 10, número 125.
  2. Claro, R. (1994): "Características generales de la ictiofauna". pp. 55-70. En R. Claro (ed.) Ecología de los peces marinos de Cuba. Instituto de Oceanología Academia de Ciencias de Cuba e Centro de Investigaciones de Quintana Roo (México).
  3. Sumaila, U. R., A. D. Marsden, R. Watson e D. Pauly (2007): "A global ex-vessel fish price database: construction and applications". J. Bioeconomics 9: 39-51.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cohen, D., Inada, T., Iwamoto, T. & Scialabba, N. (1990): Gadiform Fishes of the World (Order Gadiformes). An annotated and illustrated catalogue of cods, hakes, grenadiers and other gadiform fishes known to date. FAO: FAO Fisheries Synopsis, 125, volume 10, pp. 77–81.
  • Lloris, Domingo (2005): Hakes of the world (family Merlucciidae): an annotated and illustrated catalogue of hake species known to date. Roma: FAO. ISBN 92-5-104984-X. Pódese ver en [1].
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]