Emmelie de Forest
Emmelie de Forest | |
---|---|
![]() Emmelie no 2013 | |
Nome completo | Emmelie Charlotte-Victoria de Forest |
Data nacemento | 28 de febreiro de 1993 (30 anos) |
Nado en | Randers |
Ocupación | Cantante, compositora |
Instrumento(s) | Voz |
Tempo en activo | 2013 - actualidade |
Na rede | |
http://www.deforest.dk | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Emmelie Charlotte-Victoria de Forest, nada o 28 de febreiro de 1993 en Randers, é unha cantante e compositora danesa.
Logo de gañar o Dansk Melodi Grand Prix 2013, representou a Dinamarca no Festival de Eurovisión 2013 que se celebrou en Malmö (Suecia) coa canción "Only Teardrops", proclamándose gañadora do certame.
Traxectoria[editar | editar a fonte]

Forest comezou a cantar aos 9 anos. Aos 14 anos, colaborou co músico escocés Fraser Neill, facendo aparicións en varios festivais e centros culturais. En 2011 mudouse de Mariager (Xutlandia Setentrional) a Copenhaguen e inscribiuse na escola de cantantes 'Complete Vocal Institute' de Katrine Sadolins.
Foi unha dos dez participantes do Dansk Melodi Grand Prix, que determina o representante de Dinamarca en Eurovisión, que se celebrou o 26 de xaneiro de 2013, onde gañou coa canción "Only Teardrops".[1]
Emmelie de Forest representou a Dinamarca no Festival de Eurovisión celebrado en Malmö (Suecia) o 18 de maio de 2013. Presentouse coa canción "Only Teardrops" e, partindo como favorita,[2] acabou gañando o certame con 281 puntos,[3] onde alcanzou unha marxe de 53 puntos respecto ao que quedou segundo, Acerbaixán.
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums[editar | editar a fonte]
- Only Teardrops (2013)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Eurovisionary, ed. (26 de xaneiro de 2013). "Emmelie de Forest wins Dansk Melodi Grand Prix 2013 - Only Teardrops from Denmark" (en inglés).
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (12 de maio de 2013). "Eurovisión 2013: Dinamarca, a favorita".
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (19 de maio de 2013). "Eurovisión 2013: Dinamarca, con Emmelie de Forest e o seu «Only teardrops», proclámase campioa en Malmö e El Sueño de Morfeo termina penúltimo".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Emmelie de Forest na IMDb (en inglés).