Ramón Pardo Arias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Pardo Arias
Biografía
Nacemento17 de abril de 1909 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de abril de 1998 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Ferreira de Pantón, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Pantón
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Ramón Pardo Arias, nado en Santiago de Compostela o 17 de abril de 1909 e finado en Ferreira de Pantón (Pantón) o 27 de abril de 1998, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Esperanza Arias Sanjurjo -irmá do intelectual Joaquín Arias Sanjurjo- e Ramón Pardo Salgado. Foi alcalde de Pantón durante un longo período ata as eleccións municipais de 1979. Propietario do pazo de Ferreiroá en Eiré (Pantón).


Predecesor:
'
 
Alcalde de Pantón
 
1975 - 1979
Sucesor:
José Chao Falcón

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Dunha relación nos anos corenta con María Asunción Gil Paradela, filla de Andrés Gil Municio, naceu o 19 de outubro de 1949, a súa filla a actriz Fiorella Faltoyano, a quen non recoñeceu. En 2012 unhas probas de ADN demostraron a súa paternidade, cando el xa falecera.[1]. Non tivo máis fillos. Está soterrado no camposanto de Deade.

Notas[editar | editar a fonte]