Revelado fotográfico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O revelado fotográfico é o proceso que hai que levar a cabo para que a imaxe en negativo impresa na placa ou película fotográfica se faga visíbel. Cando o proceso se realiza sobre papel a partir do negativo se lle dá o nome de "positivado".

O proceso consta de 5 pasos, tanto en negativo como en papel:

  • preparación
  • revelado
  • baño de detención
  • fixación
  • lavado

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]