Fernando Zóbel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFernando Zóbel
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1924 Editar o valor em Wikidata
Ermita, Filipinas Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xuño de 1984 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
Roma, Italia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Ateneo de Manila University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorAteneo de Manila University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoModernismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaisEnrique Zobel de Ayala Editar o valor em Wikidata  e Fermina Montojo y Torrontegui (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 18840146 Editar o valor em Wikidata

Fernando Zóbel de Ayala y Montojo, nado en Manila o 27 de agosto de 1924 e finado en Roma o 2 de xuño de 1984, é un dos pintores españois máis importantes do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha das influentes e ricas familias de Filipinas, os Ayala-Zobel, dedicouse fundamentalmente á pintura abstracta. Durante a guerra civil española refuxiouse no seu país natal, onde permanecerá até a fin da segunda guerra mundial (1945). Finalizada esta, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Harvard, cun estudo sobre Federico García Lorca. Nesta época interesouse cada vez máis pola pintura. De feito, empezou a pintar en 1942, ao ficar inmobilizado durante algún tempo por causa dunha lesión na columna.

A súa primeira exposición tivo lugar en Boston en 1951, e logo expoñería en Manila en 1952. Unha das principais influencias artísticas dese período foi Mark Rothko, así como a fotografía. Zóbel participou en máis de 150 exposicións colectivas e máis de 40 individuais.

En 1955 viaxou a España (de onde marchara ao comezar a guerra civil), e coñeceu os artistas da vangarda da época, entre eles, Luis Feito, Antonio Lorenzo Carrión e Gerardo Rueda. Con todo, seguiu vivindo en Filipinas, onde foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Manila.

A partir dos anos sesenta do século XX comezou unha evolución como pintor. Desenvolveu un estilo característico cunha influencia evidente da caligrafía xaponesa. Os cadros de Zóbel, de aparencia simple e espontánea, agochan un estudo minucioso e unha planificación perfecta.

En 1963 coñeceu Cuenca da man do seu grande amigo Gustavo Torner. Xunto con Gerardo Rueda fundou o Museo de Arte Abstracta Español nas Casas Colgadas. Nel están, amais das obras dos tres fundadores, as de Manolo Millares, Martín Chirino, Antonio Lorenzo Carrión, Eusebio Sempere ou Antonio Saura, entre outros.

Finou subitamente en Roma o 2 de xullo de 1984. Os seus restos mortais encóntranse no cemiterio de San Isidro de Cuenca.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era o medio irmán máis novo de Mercedes Zóbel de Ayala y Roxas de McMicking (a primeira dona de Sotogrande e moitas compañías multibillionarias en Filipinas), e irmán máis novo da filántropa Consuelo Zóbel y Montojo de Alger (a fundadora da Fundación Consuelo para mitigar a vida dos filipinos e hawaianos) e Gloria Zóbel y Montojo de Padilla. Os fillos desta, Alejandro Padilla Zóbel e súa irmá Georgia Padilla Zóbel de Macrohon, son administradores do Premio Zóbel, que apoia a lingua española nas Illas Filipinas.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

O 22 de outubro de 2010 o Presidente de Adif, Antonio González Marín, anunciou que a nova Estación de Alta Velocidade de Cuenca recibiría o nome de "Cuenca-Fernando Zóbel" en honra á achega do pintor á cidade. Esta petición xa fora cursada polo Concello de Cuenca e a Deputación Provincial. Un dos institutos conquenses, amais, leva o seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arturo Luz: Sketchbooks, Fernando Zóbel. Manila, 1954.
  • Antonio Magaz Sangro: Zóbel, Pintura y dibujos. Madrid, 1959.
  • Antonio Lorenzo: Zóbel — dibujos, drawings, dessins. Madrid, 1963.
  • Mario Hernández: Fernando Zóbel: el misterio de lo transparente. Ediciones Rayuela, Colección Maniluvios, Madrid, 1977.
  • Rafael Pérez-Madero: Zóbel: La Serie Blanca. Madrid, Ediciones Rayuela, 1978.
  • José-Miguel Ullán: Zóbel / Acuarelas. Ediciones Rayuela, 1978.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]