Rafael Benítez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rafa Benítez
Información persoal
Nome Rafael Benítez Maudes
Nacemento 16 de abril de 1960 (63 anos)
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,75 m.
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1974–1981 Castilla 247 (7)
1981Guardamar (cedido)
1981–1985 Parla 124 (8)
1985–1986 Linares 34 (7)
Total 405 (22)
Adestrador
1994–1995 Real Madrid B
1995–1996 Valladolid
1996–1997 Osasuna
1997–1999 Extremadura
2000–2001 Tenerife
2001–2004 Valencia
2004–2010 Liverpool
2010 Inter de Milán
2012–2013 Chelsea
2013–2015 Napoli
2015–2016 Real Madrid
2016–2019 Newcastle United
2019–2021 Dalian Professional
2021–2022 Everton
20232024 Celta
Na rede
IMDB: nm1976801 Twitter: rafabenitezweb Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Rafael Benítez Maudes, nado en Madrid o 16 de abril de 1960, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa. Na tempada 2023-2024 asinou como adestrador do Real Club Celta de Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1974 e 1986 desempeñouse como centrocampista en equipos menores, entre eles o Real Madrid Castilla, e tras a súa retirada incorporouse ao Real Madrid como adestrador da canteira. En 1995 desvinculouse da entidade madrileña para adestrar ao Real Valladolid (1995-1996) e posteriormente ao Osasuna (1996-97).

Logo de dous anos en Valladolid e Pamplona, ascendeu ao Extremadura a Primeira División, aínda que un ano despois o equipo descendería de novo. En 1999 abandonou o club estremeño e, un ano máis tarde, empezou a adestrar ao Tenerife, co que alcanzaría un novo ascenso a Primeira.

En 2001 o Valencia contratou ao adestrador madrileño, que gañou a Liga na tempada 2001-02. En 2004 os valencianistas obtiveron unha Copa da UEFA e outro campionato de liga.

Entre 2004 e 2010 foi o adestrador do Liverpool, co que obtivo a Liga de Campións 2004-05. Con el no banco os reds venceron na FA Cup (2006) e caeron derrotados na final da Liga de Campións 2006-07.

En xuño de 2010 ficha polo Inter de Milán. Tras 17 xornadas na Liga italiana (co club no sétimo posto da clasificación), en oitavos de final da Liga de Campións e recentemente conseguido o título da Copa Mundial de Clubs da FIFA, o 23 de decembro de 2010 fíxose oficial a súa destitución logo de numerosos rumores colocándoo fóra do club.

R. C. Celta de Vigo[editar | editar a fonte]

O 23 de xuño de 2023, fichou polo Real Club Celta de Vigo para as vindeiras 3 temporadas. En marzo de 2024, despois de se celebraren 28 partidos nos que só conseguiu 24 puntos (5 vitorias. 9 empates e 14 derrotas),[1] 2 por riba do descenso, tras caer 4-0 fronte ao Real Madrid, a directiva decidiu cesalo[2][3] malia ter que negociar o finiquito do contrato que ascendía a 9 millóns de euros.[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Parla

Adestrador[editar | editar a fonte]

Valencia
Liverpool
Internazionale
Chelsea
Napoli

Persoal[editar | editar a fonte]

  • Premio Don Balón: 2002
  • Adestrador do ano da UEFA: 2003–04, 2004–05
  • Adestrador do Mes da Premier League: novembro de 2005, decembro de 2005, xaneiro de 2007, outubro de 2008, marzo de 2009, abril de 2013

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fuentes, Fran (12 de marzo de 2024). "Rafa Benítez, destituido como entrenador del Celta de Vigo". eldesmarque.com (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  2. Redacción (12 de marzo de 2024). "El Celta despide a Rafa Benítez, y nombra al técnico del filial para reemplazarle". rtve.es (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  3. Fuentes, Fran (12 de marzo de 2024). "Rafa Benítez, destituido como entrenador del Celta de Vigo". eldesmarque.com (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 
  4. Valero, Rafa (12 de marzo de 2024). "Rafa Benítez, destituido como entrenador del Celta; Giráldez se hará cargo del primer equipo". marca.com (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]