Diego Moldes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiego Moldes

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1977 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Facultade de Comunicación de Pontevedra
campus de Pontevedra
IES Sánchez Cantón Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncrítico literario , guionista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFrancisco Moldes Fontán Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1440614


Roman Polanski e Diego Moldes en Madrid.

Diego Moldes, nado en Pontevedra o 27 de xaneiro de 1977,[1] é un escritor galego en lingua castelá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É autor de diversos libros, de narrativa e ensaio, fundamentalmente de cinema: La huella de Vértigo (2004)[2], ensaio sobre a influencia do filme de Alfred Hitchcock; Roman Polanski. La fantasía del atormentado (2005)[3]; primeiro libro sobre o cineasta Roman Polanski escrito en castelán; ou El cine europeo. Las grandes películas (2008), entre outros. Tamén é coautor de máis dunha ducia de libros colectivos. En 2009 publicou dous libros de baloncesto do Real Madrid.

Foi guionista en galego, redactor e presentador da Televisión de Galicia.

Escribiu o guión en galego Néboa (premiado pola Xunta de Galicia, os dereitos foron vendidos ó cineasta vigués Juan Pinzás), ademais de diversos relatos e artigos. Foi colaborador do programa Pantalla Panorámica, de Radio Círculo do Círculo de Bellas Artes de Madrid (2004-2005) do programa televisivo Tiempo de Tertulia, diversas publicacións en prensa tradicional e dixital, así como Filmoteca Española e Casa Sefarad-Israel, entre outras institucións.

Estudou secundaria no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. É Doutor en Ciencias da Información (Comunicación Audiovisual) pola Universidade Complutense, Licenciado en Publicidade e Relacións Públicas (Universidade de Vigo) e Master on Publishing (mestrado en Edición) pola Oxford Brookes University. En 2010, dirixido por José Luis Sánchez Noriega, finalizou un doutoramento en Historia do Cine: La imaginación simbólica en la obra cinematográfica de Alejandro Jodorowsky, tese doutoral sobresaínte cum laude por unanimidade, nun tribunal presidido por Darío Villanueva.

Dende 2004 vive en Madrid, onde traballa como executivo de mercadotecnia[4], en áreas de cultura e cine. En 2019 era Director de Relacións Institucionais da Universidade Antonio de Nebrija e Fundación Nebrija.[5] En 2023 Director institucional da Escola Universitaria TAI en Madrid.[6]

Os seus últimos libros publicados son un monográfico sobre o cinema de Alejandro Jodorowsky, a novela Ensoñación,o libro de narrativa, poesía e ensaio Venuspasión e o poemario Ni un día sin poesía.[7] De 2019 é Cuando Einstein encontró a Kafka. Contribuciones de los judíos al mundo moderno, froito da lectura, durante 20 anos, de máis de 300 libros e máis de 2.000 artigos e documentos, e do visionado de 200 películas e documentais de ficción.[8]

Diego Moldes é fillo de Francisco Moldes Fontán, neto de José Moldes Castro e bisneto de Ángel Moldes Barreiro.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Diego Moldes con Alejandro Jodorowsky.

Narrativa[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Capítulos en libros colectivos[editar | editar a fonte]

  • Todos los estrenos (anuario, 6 volumes, 2003-2008, Ediciones JC, Madrid). 43 capítulos: Todos los estrenos de 2003 (ISBN 84-95121-25-7) [4 críticas] / Todos los estrenos de 2004 (ISBN 84-95121-27-1) [5 críticas] / Todos los estrenos de 2005 (ISBN 84-95121-35-6) [11 críticas] / Todos los estrenos de 2006 (ISBN 84-95121-41-7) [11 críticas] / Todos los estrenos de 2007 (ISBN 84-95121-44-8) [7 críticas] / Todos los estrenos de 2008 (ISBN 84-95121-50-6) [5 críticas].
  • Miradas para el nuevo milenio. Fragmentos para una historia futura del cine español (2006), Festival de Cine de Alcalá de Henares / Fundación Colegio del Rey, coordinado por Hilario J. Rodríguez. ISBN 84-87153-8-77.
  • El universo de Alfred Hitchcock (2006), Notorious Ediciones, Madrid, coordinado por Guillermo Balmori. Capítulo de Pánico en la escena. ISBN 978-84-934701-4-2.
  • El universo de Woody Allen (2008), Notorious Ediciones, Madrid, coordinado por Guillermo Balmori e Hilario J. Rodríguez. Capítulos: Historias de Nueva York, (Edipo Reprimido), Interiores, La tapadera (The front), La rosa púrpura del Cairo e Sueños de seductor. ISBN 84-936000-7-5.
  • El universo de Clint Eastwood (2009), Notorious Ediciones, Madrid, coordinado por Guillermo Balmori. Capítulos: Duro de pelar, El bueno, el feo y el malo, El cadillac rosa, El jinete pálido, El seductor e Mystic River. ISBN 84-93714-8-40.
  • Leyendas extranjeras de la ACB (2009), JC, Madrid, libro colectivo coordinado por Juan Francisco Escudero, capítulos Dejan Bodiroga e Drazen Petrovic. ISBN 978-84-89564-58-9.
  • Historia del Cine en películas, 1970-1979 (2012), Mensajero, Bilbao, edición de José Luis Sánchez Noriega. Textos: 13 entradas. ISBN 978-84-271-3294-8).[23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía". diegomolde.com. Arquivado dende o orixinal o 25/05/2020. Consultado o 19/12/2018. 
  2. La Huella del Vértigo, reseña de José Miguel Viña Hernández en "El espectador imaginario"
  3. "Una personalidad atormentada". La Voz de Galicia. Consultado o 19/12/2018. 
  4. "La Fiesta del Cine: un revulsivo contra el aburrimiento. 12/09/2011". academiadecine.com. Consultado o 19/12/2018. 
  5. "“No se puede ser casi nada interesante en la vida sin haber leído”". Actualidad Nebrija (en castelán). 2019-11-22. Consultado o 2020-03-13. 
  6. "Escuela de Artes - Escuela Universitaria de Artes TAI en Madrid". TAI ARTS (en castelán). Consultado o 2023-11-09. 
  7. "Presentación: "Ensoñación" de Diego Moldes". El Corte Inglés (en castelán). 24 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2012. Consultado o 29 de abril de 2012. 
  8. "StackPath". www.galaxiagutenberg.com. Consultado o 2019-11-20. 
  9. Vídeo entrevista con Diego Moldes, autor de "Ensoñación" (You Tube). 
  10. Moldes, Diego (2023-12-04). "Cinco poemas de Ni una poesía sin día — Not a Poem Without a Day, de Diego Moldes". Zenda (en castelán). Consultado o 2023-12-05. 
  11. "Diego Moldes analiza la estela de «Vértigo» en el cine. 22/10/2004". La Voz de Galicia. Archived from the original on 30/07/2013. Consultado o 19/12/2018. 
  12. "La huella de Vértigo.Diego Moldes. 2004". elcultural.com. Arquivado dende o orixinal o 19/12/2018. Consultado o 19/12/2018. 
  13. "Pepe le Moko. Diego Moldes. Agosto 2009". miradas.net. Archived from the original on 15/10/2013. Consultado o 19/12/2018. 
  14. "EL MANUSCRITO ENCONTRADO EN ZARAGOZA. Decembro 2010". Miradas de cine, 105. Archived from the original on 28/12/2010. Consultado o 18/12/2018. 
  15. Antón, Castro. "El laberinto fantástico de Jan Potocki. 22/11/2009". heraldo.es. Consultado o 19/12/2018. 
  16. "Jodorowsky nunca descansa. Un libro recorre la carrera cinematográfica de este creador abierto a cualquier arte, y que ha vuelto a ponerse tras las cámaras con su la versión fílmica de sus memorias. 12/10/2012". elpais.com. Consultado o 19/12/2018. 
  17. "Alejandro Jodorowsky". ciparaleer.com. Arquivado dende o orixinal o 07/06/2017. Consultado o 19/12/2018. 
  18. Montesinos, Ferrer, López, Toni, Jesús, Ángeles (2019-11-28). "Los libros de la semana: La última novela de Antonio Lobo Antunes y la influencia judía en la cultura europea". La Razón (en castelán). Consultado o 2019-11-30. 
  19. Morla, Jorge (2020-02-11). "“El antisemitismo goza de muy buena salud”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-03-13. 
  20. Imparcial, El. "Diego Moldes desmenuza la cuestión judía". El Imparcial (en castelán). Consultado o 2020-03-13. 
  21. "La palabra que crea el mundo". Zenda (en castelán). 2020-02-06. Consultado o 2020-03-13. 
  22. "ANTONIO DE NEBRIJA Y SU ORIGEN JUDEOCONVERSO (libro del 2023). Escrito por Diego Moldes. ISBN 9788419406194". La Vanguardia (en castelán). 2022-12-19. Consultado o 2023-01-09. 
  23. "Ficha na editorial". Mensajero. Archived from the original on 25 de abril de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]