Saltar ao contido

Kyoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKyoto
京都市 (ja) Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Himnomunicipal anthem of Kyoto (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Símbolo oficialRododendro (flor)
Camelia do Xapón (flor)
Prunus serrulata (flor)
Salgueiro chorón (árbore)
Pradairo xaponés (árbore)
Cercidiphyllum japonicum (árbore) Editar o valor en Wikidata
Alcume千年の都 e 文化首都 Editar o valor en Wikidata
Epónimocapital Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 35°00′42″N 135°46′05″L / 35.01161, 135.76811
EstadoXapón
PrefecturasPrefectura de Kyoto Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalNakagyō-ku Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.463.723 (2020) Editar o valor en Wikidata (1.768,14 hab./km²)
Adeallo京都 Editar o valor en Wikidata
Lingua usadadialecto de Kyoto Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie827,83 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Kamo, río Katsura, Río Yodo e canle do lago Biwa Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Minako (971 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Keihoku (en) Traducir, Keihoku (en) Traducir, Heian-Kyo (pt) Traducir, Yodo (en) Traducir, Kuze (en) Traducir, Koga (en) Traducir, Hatsukashi (en) Traducir, Ōeda (en) Traducir, Ōharano (en) Traducir, Yamashina (en) Traducir, Daigo (en) Traducir, Yanagihara (en) Traducir, Q104862514 Traducir, Kamitoba (en) Traducir, Fukakusa (en) Traducir, Fukakusa (en) Traducir, Mukaijima (en) Traducir, Horiuchi (en) Traducir, Yoko-ōji (en) Traducir, Nōso (en) Traducir, Takeda (en) Traducir, Q104862515 Traducir, Q104862516 Traducir, Kamitoba (en) Traducir, Kinugasa (en) Traducir, Sujakuno (en) Traducir, Q104863379 Traducir, Q104863381 Traducir, Saiin (en) Traducir, Saiin (en) Traducir, Kyōgoku (en) Traducir, Kawaoka (en) Traducir, Umezu (en) Traducir, Katsura (en) Traducir, Matsuo (en) Traducir, Saga (en) Traducir, Uzumasa (en) Traducir, Hanazono (en) Traducir, Umegahata (en) Traducir, Nakagawa (en) Traducir, Onogō (en) Traducir, Shirakawa (en) Traducir, Tanaka (en) Traducir, Shimogamo (en) Traducir, Noguchi (en) Traducir, Kuramaguchi (en) Traducir, Ōmiya (en) Traducir, Kamigamo (en) Traducir, Takagamine (en) Traducir, Ōmiya (en) Traducir, Kamigamo (en) Traducir, Shūgakuin (en) Traducir, Matsugasaki (en) Traducir, Kumogahata (en) Traducir, Yase (en) Traducir, Ōhara (en) Traducir, Kurama (en) Traducir, Hanase (en) Traducir, Kuta (en) Traducir, Iwakura (en) Traducir, Shizuichino (en) Traducir e Fushimi (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1 de abril de 1889 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
5 de febreiro de 1160Asedio do palacio de Sanjō Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivoGoberno da cidade de Kyoto Editar o valor en Wikidata
• Alcalde Editar o valor en WikidataDaisaku Kadokawa (2008–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Municipal de Kyoto , (Escano: 67) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal600-0000–616-9999 e 520-0461–520-0465 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico75 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kíiv (1971–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webcity.kyoto.lg.jp Editar o valor en Wikidata
Facebook: kyotocitykoho Twitter: kyotocitykoho Instagram: kyotonobunkaisan Youtube: UCYqE10A6IdM9RaLBQQCQKdw Editar o valor en Wikidata

Kyoto[1][2] (xaponés: 京都市, きょうとし, Kyōto-shi) ou tamén Quioto,[3] é unha cidade xaponesa da prefectura de Kyoto. Esta cidade foi a capital do Imperio do Xapón e actualmente é a capital da provincia homónima e a maior cidade da área metropolitana de Osaca-Kobe-Kyoto. Kyoto foi en tempos pasados coñecida en Occidente por Meaco (xaponés: 都; miyako "capital").

O concello de Kyoto limita cos concellos de Nantan, Kameoka, Nagaokakyō, Mukō, Ōyamazaki, Yawata, Kumiyama, Uji (que son da prefectura de Kyoto); Takatsuki, Shimamoto (que son da prefectura de Osaca); Ōtsu e Takashima (que son da prefectura de Shiga).

A nova cidade, Heiankyō ("capital de Heian") converteuse na sede da corte imperial en 794. Posteriormente, mudouse o nome da cidade para Kyoto (“cidade capital”). Kyoto continuou sendo a capital do Xapón ata 1868, cando se transferiu o goberno para Edo, cidade á que posteriormente se lle cambiou o nome por Toquio (“Capital Leste”). Cando Edo pasou a ser coñecida por Toquio, Kyoto foi, por un curto período, coñecida coma Saikyo (西京 Saikyō, "Capital Oeste"). A cuestión de cal é a capital en termos legais é aínda motivo de controversia.

A historia urbana de Kyoto comezou coa decisión do emperador Kammu de fundar unha nova capital, talvez por afastar a corte da influencia dos mosteiros budistas de Heijo-kyo (actual Nara), daquela capital imperial do Xapón. Elixiu unha comarca a 40 km ao noroeste[4], regada polos ríos Katsura e Kamo[5], onde non existen achados de poboamentos anteriores ao século V cando foi ocupada polo clan Hata procedente do continente. Un santuario xintoísta do 678, o Shimogamo a carón do río Kamo, era o único relevante na zona.

Primeira capital infrutuosa

[editar | editar a fonte]

En 784 foi construída unha primeira cidade na beira do Katsura, a uns 6 km ao suroeste da Kyoto actual, que recibiu o nome de Nagaoka (Nagaoka-kyo[6]). Igual que nas anteriores capitais a traza foi a mesma ca da entón modélica capital imperial chinesa, Changan. Un vasto recinto rectangular reticulado, de 4 × 5 km, simétrico respecto a un eixo ou avenida central, presidido no extremo norte polo pazo imperial[7], de 1 × 1,6 km, coa reutilización de materiais do antigo pazo imperial de Naniwa [8].

Porén, tan ambicioso plan durou só unha década (as causas son aínda motivo de especulación; quizais as inundacións desastrosas fosen as máis probables). Pero en 794 foi erixida unha nova capital, practicamente co mesmo deseño, apenas uns quilómetros ao nordeste, entre o Katsura e o Kamo.

Heian-kyo

[editar | editar a fonte]

Co nome de Heian-kyo ("Capital da paz e a tranquilidade") vai ser capital imperial durante máis dun milenio, mesmo dando nome a un período da historia xaponesa (período Heian, 794-1185), un dos máis brillantes no eido artístico, cultural e relixioso.

Planta xeral de Heiankyo nunha reconstrución do século XVIII.
Vista da Daidairi (N).
Vista dende Rashomon (S)
Kyoto, 1891.

Novamente a malla do plan ideal de Changan, inda que sen murallas, representativo do urbanismo xeomántico chinés (segundo as pautas do feng shui), foi estendida nun rectángulo de 4,5 × 5,2 km cunha grande avenida central (Suzaku-oji, de 84 m de anchura) entre o Pazo Imperial ao norte (nunha verdadeira cidade palaciana de seu, Daidairi, de 1,4 × 1,2 km e amurallada) e a monumental porta sur (Rashomon) flanqueada polos dous únicos templos dentro da cidade. A pouca distancia había tamén dous mercados, a esquerda e dereita da avenida, cada un nunha das metades que aquela dividía denominadas Ukyo (oeste) e Sakyo (leste)[9]. De feito a Capital Dereita (Ukyo), situada nas terras máis baixas e húmidas da ribeira do Katsura, nunca foi enteiramente ocupada e rematou abandonada na segunda metade do século X[10].

Dende o comezo as residencias aristocráticas agrupábanse nos arredores da cidade imperial, fundamentalmente no lado leste (a Capital Esquerda, Sakyo), as clases baixas nas ribeiras do Kamo e máis aló espallábanse os templos e mosteiros[11]. A cidade estendeuse fóra do trazado inicial sempre no bordo oriental conformando o núcleo medieval da xa coñecida coma Kyoto ("a Cidade Capital")[12].

O período dos shogunatos

[editar | editar a fonte]

Cando en 1185 o poder efectivo do xogun ("xeneral", xefe dos exércitos) foi trasladado a Kamakura, en Kyoto ficou só o poder simbólico da corte imperial, pero a súa importancia como centro cultural e relixioso continuou. Xa dende o século XI e ao longo do século XII moitos edificios da Daidairi foran abandonados sucesivamente tralos frecuentes incendios, ata que en 1227 a Cidade Imperial quedou definitivamente en ruína. Os emperadores tiñan residencias transitorias na cidade ou nos suburbios, mesmo emprestadas pola poderosa familia Fujiwara.

Tivo lugar un renacemento cando o segundo shogunato (Ashikaga, 1338-1573) se asentou en Kyoto[13]. O pazo do xogun foi construído no extremo norte da rúa Muromachi, nome polo que tamén se coñece este período [14]. Os xoguns erixiron fermosos pavillóns e xardíns nos arredores da capital que tamén viron a emerxencia de numerosos templos e santuarios de diferentes seitas budistas e xintoístas. O desenvolvemento crecente do comercio fixo do Kyoto desta época un florecente centro económico, pero entre 1467 e 1477, no curso das guerras Onin, a cidade foi devastada.

No seguinte século e medio, os restos da vila agrupábanse en dous barrios: ao norte Kamigyo, arredor do pazo imperial e o do xogun, e ao sur Shimogyo, asento dos comerciantes, unicamente unidos pola rúa Muromachi[15][16].

A reconstrución de Kyoto

[editar | editar a fonte]
Mapa de Kyoto, 1696; o Castelo Nijo resalta na trama no centro á esquerda.

Foi Toyotomi Hideyoshi, a finais do século XVI e despois do fin do shogunato Ashikaga, quen reconstruíu a cidade urbanizando o baleiro entre as dúas partes illadas co que duplicou as rúas de norte a sur dividindo os antigos bloques cadrados en rectángulos. A área do novo Pazo Imperial comezou a tomar a súa forma definitiva nesta época [17]). Tamén, e por primeira vez, Kyoto foi arrodeado cun terraplén defensivo chamado Odoi.

O inicio do shogunato Tokugawa a comezos do século XVII supuxo novamente o traslado da sede do xogun, esta vez a Edo (Toquio). Así a todo Tokugawa Ieyasu quixo reafirmar o seu poder na capital imperial coa erección do Castelo Nijo[18] no centro da cidade (ángulo sueste da antiga cidade imperial Heian). Aínda así Kyoto mantivo o seu ascendente relixioso e cultural e mesmo desenvolveu unha industria téxtil de renome mundial, no distrito Nishijin, en Kamigyo a finais do XVII. A poboación acadou os 400.000 habitantes.

Porén, no seguinte século e medio unha sucesión de desastrosos incendios detiveron o crecemento e o último deles, en 1864, coincidiu coa Restauración Meiji (1868) que supuxo o traslado da corte imperial a Toquio. Kyoto tardou en recuperarse destes contratempos. A cidade entrou na modernidade practicamente coa planta da cidade do XVII[19].

Modernización

[editar | editar a fonte]

O ferrocarril chegou en 1889 conectando Kyoto con Osaca e Toquio[20] e a Canle-Acueduto do Lago Biwa en 1890[21][22]. Lentamente a reindustrialización do distrito téxtil Nishijin trouxo a da urbe en xeral e para 1932 Kyoto acadou o millón de habitantes. Respectada polos bombardeos da segunda guerra mundial[23] continuou o seu fortalecemento industrial e modernizador xunto co do conxunto do Xapón nas décadas sesenta e setenta. Declarado Patrimonio da Humanidade o legado histórico de templos e santuarios budistas e xintoístas que rodean a urbe, Kyoto afronta con optimismo o seu futuro[24].

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Kyoto localízase na parte medio-occidental da illa de Honshu. Por mor das montañas que a cercan por todos os lados, Kyoto é famosa polas súas calorosas noites de verán.

A cidade está disposta nun patrón similar a unha grella de acordo coa tradición chinesa. Hoxe en día, a principal zona de negocios localízase nas partes centro e sur da cidade, cunha zona norte, menos habitada, que mantén un aspecto moito máis verdeante.

División administrativa do concello de Kyoto

Divisións

[editar | editar a fonte]

Kyoto divídese en once zonas (ku):

Demografía

[editar | editar a fonte]

Consonte cos datos de 2008, a cidade tiña unha poboación estimada de 1.464.990 habitantes e unha densidade de poboación de 2403,68 persoas por quilómetro cadrado, nunha área total de 827,90 quilómetros cadrados.

Kyoto é coñecida pola súa deliciosa cociña local. Ao contrario da rexión volcánica de Kanto, o rico solo de Kyoto permite o cultivo dunha variedade de vexetais e os varios cursos de auga existentes proporcionan boas condicións para a pesca.

O Pavillón Dourado

Kyoto é considerado o centro cultural do Xapón. Durante a segunda guerra mundial, cando os bombardeos varrían o país, Kyoto e os seus 1.600 templos budistas, 400 lugares de culto xinto, os seus palacios, xardíns e edificios foron salvados, ficando Kyoto como unha das cidades máis ben preservadas de todo o Xapón. Na rexión de Kyoto encóntranse algúns dos máis famosos templos do Xapón, incluíndo:

O Pavillón Dourado

Outros lugares de relevancia dentro e arredor de Kyoto son o monte Arashiyama e o seu lago pintoresco, a zona de Gion, un antigo barrio de gueixas, e os canais que atravesan algunhas das súas rúas máis antigas.

Os “Monumentos Históricos da Antiga Quioto” están clasificados como patrimonio mundial da humanidade pola UNESCO. Entre estes monumentos están os templos Kamo (Kami e Shimo), Kyo-O-Gokokuji (Toji), Kiyomizu-dera, Daigoji, Ninnagi, Saihoji, Tenryuji, Rokuonji (Kinkaku-ji), Jishoji (Ginkaku-ji), Ryoan-ji, Honganji, Kozan-ji e o castelo Nijo.

Os nativos de Kyoto tamén falan un dialecto xaponés chamado Kyoto-ben, que é unha variación do dialecto de Kansai, falado na parte occidental do Xapón. Un exemplo típico é a palabra ookini que significa "grazas".

Economía

[editar | editar a fonte]
A Estación de Kyoto

O turismo é a gran base da economía de Kyoto. O legado cultural da cidade é visitado constantemente por grupos chegados de escolas de todo o Xapón e por turistas estranxeiros.

A industria da cidade está maioritariamente formada por pequenas fábricas, a maior parte delas dirixidas por artesáns que producen artesanía tradicional xaponesa. A cidade é o centro de produción de quimonos por excelencia. Con todo, estas actividades rexistraron certa redución, dado que a venda de produtos tradicionais se estancou.

A única industria de dimensión importante en Kyoto é a electrónica: nesta cidade sitúanse os cuarteis xerais da Nintendo e da Nintendo Xapón, amais da OMRON Co., a Kyocera Co. (o nome deriva de Kyoto Ceramic) e Murata Manufacturing. Así a todo, o crecemento das industrias de alta tecnoloxía non é suficiente para superar a decadencia das industrias tradicionais, e, como resultado, Kyoto está en declive fronte á evolución doutras cidades xaponesas.

Escolas e universidades

[editar | editar a fonte]

Kyoto é coñecida como un dos centros académicos do país, albergando trinta e sete institucións de ensino superior. As tres maiores e máis coñecidas universidades locais son Kyoto, Doshisha e Ritsumeikan. Entre estas, a Universidade de Kyoto está considerada unha das mellores do Xapón, con varios laureados co Premio Nobel, coma Yukawa Hideki.

Kyoto tamén conta cunha rede de ensino superior única, chamada Consorcio de Universidades de Kyoto (Consortium of Universities in Kyoto), formado por tres universidades nacionais, tres públicas (da prefectura e municipios), e 45 privadas, así como a cidade e outras cinco organizacións. A combinación non ofrece un grao, pero ofrece os cursos como parte dun grao nas universidades participantes.[25]

Transportes

[editar | editar a fonte]
Metro. Estación de Yamashina na liña Tozai

O aeroporto internacional de Kansai fica a 72 minutos de Kyoto no tren Haruka Express. Moitos visitantes estranxeiros chegan a Kyoto dende Toquio no tren Shinkansen, nunha viaxe de aproximadamente dúas horas.

As redes de metro e autobús cobren razoabelmente as necesidades. Con todo, a maior parte dos puntos turísticos da cidade son alcanzábeis a pé. Os autobuses urbanos custan 220 Ienes por viaxe, mais a maneira máis rendíbel de viaxar por Kyoto en autobús é comprando un pase dun día sen límite de viaxes por 500 Iens.

Festivais

[editar | editar a fonte]

Fanse en Kyoto os festivais:

  • Aoi Matsuri
  • Gion Matsuri
  • Jidai Matsuri
  • Gozan Okuribi

En fútbol, Kyoto ten o equipo Kyoto Purple Sanga na segunda división da liga xaponesa.

A pesar da popularidade do veciño equipo de béisbol Hanshin Tigers, Kyoto nunca tivo un equipo na NPB (Nippon Profesional Baseball). En compensación, os equipos de béisbol do ensino secundario son fortes, o Heian e Toba en particular, realizando bos papeis no torneo que se disputa anualmente no Koshien Stadium, en Nishinomiya, preto de Osaca.

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Kyoto está irmandada coas cidades de:

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para protocolo.
  2. Superdicionario Castelán-Galego. Cangas: Morgante. 2011. ISBN 978-84-15166-13-9. 
  3. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura (2004). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). ISBN 84-8158-266-2. 
  4. Mapa da rexión de Osaca-Nara-Quioto coas sucesivas capitais imperiais: Naniwa en Osaca, á esquerda; as da área de Nara á dereita; Nagaoka-kyo e Heian-kyo arriba (área de Quioto) [1] Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
  5. Mapa coa situación e traza das dúas capitais na área de Quioto: Nagaoka-kyo (784-794, embaixo) e Heian-kyo (dende 794) [2]
  6. Reconstrución virtual de Nagaoka-kyo dende o sur (ao norte aparece a cunca onde se trazou Heian-kyo) [3] Arquivado 17 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  7. "Recreación a vista de paxaro de Nagaoka-kyo dende o norte". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2012. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  8. "Información sobre dos achados de Nagaoka-kyo". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2012. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  9. Ver nota 2
  10. Recreación de Heiankyo coa meirande parte da "Capital da Dereita" (Ukyo) xa coma terra de labor (visibles máis escuros os dous mercados en ámbolos dous lados da Suzaku-oji) [4]
  11. Vista de Heiankyo dende a ribeira oriental do río Kamo co recinto dun templo en primeiro termo [5]
  12. Mapa esquemático de Quioto nos inicios da época medieval
  13. Planta esquemática de Quioto en 1340 no comezo do shogunato Ashikaga, antes da construción do Pazo Muromachi (a rúa Muromachi no centro da trama de N a S); "The first locus of Ashikaga in Medieval Kyoto", M.Stavros, páx. 3 (5) e 16 (18), pdf 1,5Mb [6] Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  14. Esquema de Kyoto antes das guerras Onin (s.XIV-XV); "The Moneylenders of late Medieval Kyoto", S.Gay [7]
  15. Mapa de Kyoto despois das Guerras Onin (s.XVI; reconstrución do século XVIII): Kamigyo (N) e Shimogyo (S) como dous núcleos independentes [8] Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  16. Mapa esquemático da cidade dividida (Quioto tralas guerras Onin), páx. 45, A.Tsukamoto, pdf 1,5Mb: nótense os dous cadrados enmarcando as áreas urbanizadas, Kamigyo ao norte e Shimogyo ao sur coa rúa Muromachi coma ligazón; Rakuchu era a denominación do Quioto medieval[9]
  17. Planta coa reurbanización de Toyotomi Hideyoshi, creando parcelas rectangulares das primitivas cadradas e duplicando así as rúas de norte a sur (ao nordeste aparece a área do novo Pazo Imperial [10]
  18. Vista moderna dende o sueste do Castelo Nijo (ao fondo estaría a área da antiga Daidairi de Heiankyo): o antigo castelo ardeu no gran incendio de 1788; hoxe é parque público [11] Arquivado 17 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  19. Mapa de Quioto, 1831 (N á dereita): a cidade aínda encintada polo Odoi, o terraplén defensivo do século XVII [12] Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine.
  20. Panorama de Kyoto a finais do século XIX estendida en ámbalas dúas beiras do Kamo e o ferrocarril arribando polo sur [13]
  21. Mapa de Quioto, 1903
  22. Map de Kyoto do cambio de século sobre da malla de Heiankyo
  23. Mapa de Kyoto en 1945
  24. "Mapa do Quioto contemporáneo". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2012. Consultado o 21 de febreiro de 2013. 
  25. "English". Consortium of Universities in Kyoto. Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]