Bule, berra, chora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bule, berra, chora
Álbum de Xosé Manuel Conde
Xénero(s)Folk
Selo(s)Movieplay

Bule, berra, chora é o primeiro traballo musical de Xosé Manuel Conde. Neste disco, o autor ponlle música a obras de poetas diversos, como o estremeño Luis Álvarez Lencero[1], e os galegos Darío Xohán Cabana, Manuel Antonio ou Luís Pimentel. Precisamente un verso do poema Canzón pra que un neno non durma de Luís Pimentel, é o que dá título á obra. O disco foi publicado no 1978 por Movieplay dentro da súa serie Xeira

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  1. Anónimas populares del s. XIX (Anónimo/Adaptación Xosé Manuel Conde) (2:54)
  2. Era rebelde e tiña (Luis Álvarez Lencero/Xosé Manuel Conde) (1:55)
  3. Xa non sei (Anxo Herido) (4:26)
  4. Ao pior mórrechese (Luis Álvarez Lencero/Xosé Manuel Conde) (2:26)
  5. Canzón pra que un neno non durma (Luís Pimentel/Xosé Manuel Conde) (2:36)
  6. Que non me choren teus bicos (Luis Álvarez Lencero/Xosé Manuel Conde) (2:15)
  7. A vaca (Darío Xohán Cabana/Xosé Manuel Conde) (2:17)
  8. Ise home está chorando (Luis Álvarez Lencero/Xosé Manuel Conde) (2:02)
  9. Ao afogado[2] (Manuel Antonio/Xosé Manuel Conde) (3:07)
  10. Muller labrega (Darío Xohán Cabana/Xosé Manuel Conde) (2:00)
  11. Meu carballo (D. Cernadas/Xosé Manuel Conde) (2:42)

Colaboracións[editar | editar a fonte]

  • Pilocha
  • Gustavo Díaz
  • Antón Cabaleiro
  • Son Lalín

Ficha técnica[editar | editar a fonte]

  • Cuberta: Xoán Carlos Martínez
  • Arranxos: Miguel Ángel Varona
  • Son: Santiago Coello (Sonoland)
  • Coordinador de gravación: Xerardo Rodríguez
  • Director de produción: Gustavo Ramudo

Notas[editar | editar a fonte]