Ivor Wood

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ivor Wood
Nacemento4 de maio de 1932
Lugar de nacementoLeeds
Falecemento13 de outubro de 2004
Lugar de falecementoLondres
Causacancro
NacionalidadeReino Unido e Francia
Alma máterEscola Nacional Superior das Belas-Artes
Ocupaciónanimador, director de cinema, produtor de cinema e ilustrador
Coñecido porThe Magic Roundabout e O carteiro Pat
Na rede
IMDB: nm0939762 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ivor Aaron Wood, nado o 4 de maio de 1932 en Leeds e morto o 13 de outubro de 2004 en París, foi un director de animación, produtor de televisión, guionista británico coñecido polas súas series de televisión infantís.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ivor Wood, de pai inglés e nai francesa, naceu en Inglaterra pero a súa familia estableceuse preto de Lión despois da segunda guerra mundial, estudou artes en París e traballou nunha axencia de publicidade, onde coñeceu a Serge Danot con quen realizou Le Manège Enchanté que se emitiu na ORTF entre 1965 e 1977, con Wood realizando as tarefas de animador.

Logo do éxito da serie tamén no Reino Unido, Wood converteuse no animador e director de numerosos programas para nenos a partir de 1968 con The Herbs, durante a década de 1970 realizou Simon in the Land of Chalk Drawings, The Wombles e Paddington. Na década de 1980 realizou para a súa propia compañía de animación, Woodland Animations, series como O carteiro Pat, Gran, Bertha e Charlie Chalk.