Jon McGlocklin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jon McGlocklin
Posición Escolta
Dorsal 14, 1
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Nacemento 10 de xuño de 1943 (80 anos)
Franklin, Indiana
Carreira
Universidade Indiana
NBA Draft 1965 / Rolda: 3 / Elección: 24
Por Cincinnati Royals
Tempadas 19651976
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     9 169
Rebotes     1 928
Asistencias     2 280
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Jon P. McGlocklin, nado o 10 de xuño de 1943 en Franklin, Indiana, é un ex xogador de baloncesto estadounidense que disputou once tempadas na NBA, as oito últimas en Milwaukee Bucks, cos que logrou o anel de campión en 1971. Con 1,95 metros de altura, xogaba na posición de escolta. Foi All-Star en 1969.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante 3 tempadas cos Hoosiers da Universidade de Indiana, chegando a ser o capitán do equipo no seu último ano, en 1965.[1] Anotou 827 puntos ao longo da súa carreira universitaria, cunha media de 11,7 por partido.[2]

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na vixésimo cuarta posición, na terceira rolda do Draft da NBA de 1965 por Cincinnati Royals,[3] equipo onde pasou dúas tempadas nas cales foi suplente, facendo 5,1 puntos na primeira e 8,5 na segunda. Na tempada 1967-68 entrou no draft de expansión, indo parar á nova franquía dos San Diego Rockets,[4] onde acabou facéndose un oco no cinco titular, acabando o ano con 12,1 puntos e 3,1 rebotes por partido.[5]

Pero o momento decisivo da súa carreira chegaría no verán de 1968, cando un novo draft de expansión levoulle a fichar polos Milwaukee Bucks, un equipo novo na liga, que en pouco tempo faríase un oco entre os grandes da NBA. Nese primeiro ano foi titular indiscutible, promediando 19,6 puntos por partido, e converténdose no primeiro Buck en disputar un All-Star Game.[4] No devandito partido apenas xogou 7 minutos, conseguindo 2 puntos e 1 rebote.[6]

A chegada de Lew Alcindor (máis tarde coñecido coma Kareem Abdul-Jabbar) en 1969 converteu ao equipo en gañador, chegando a disputar as finais da División Leste. Pero foi ao ano seguinte coa chegada de Oscar Robertson cando os Bucks converteríanse nun equipo campión. McGlocklin colaborou con 11,8 puntos e 3,7 asistencias na consecución do primeiro anel de campión da franquía, na súa terceira tempada de existencia.[7]

Xogou cinco tempadas máis no equipo, retirándose ao finalizar a tempada 1975-76 con 32 anos. Foi un xogador que destacou sobre todo polo seu excelente tiro de longa distancia, ao cal daba unha gran parábola facendo que os seus lanzamentos a canastra fosen denominados "tiros do arco iris" (rainbow jump). Desafortunadamente, a liña de tres puntos non se instauraría na NBA até anos despois.[4] Na actualidade aínda figura entre o dez mellores da historia dos Bucks en seis apartados diferentes. A súa camiseta co número 14 foi retirada pola franquía como homenaxe en 1976.[8]

Esa mesma noite da homenaxe, anunciou, xunto co que posteriormente sería o seu compañeiro nos labores de retransmisión dos partidos dos Bucks, Eddie Doucette, a creación dunha fundación para axudar aos nenos con cancro, a MACC (Midwest Athletes Against Childhood Cancer), que dende entón recadou millóns de dólares.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Indiana Basketball Hall of Fame - Jon McGlocklin". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  2. 2,0 2,1 "Hall of Fame Induction 2006 - Spotlight on Jon McGlocklin". Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2009. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  3. "1965 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Since stepping up into town, this Hoosier hero has made it his home
  5. "1967-68 San Diego Rockets". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2009. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  6. "1969 All-Star Game Boxscore East 123, West 112". Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  7. "1970-71 Milwaukee Bucks". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2010. Consultado o 11 de abril de 2010. 
  8. Milwaukee Bucks retired numbers. 14- Jon McGlocklin

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]