Madonna (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Madonna
Álbum de Madonna
Publicado27 de xullo de 1983
Gravaciónmaio de 1982 - abril de 1983
Estudio(s)Sigma Sound Studios, Nova York
Duración40:47
Xénero(s)dance-pop, disco
Selo(s)Sire, Warner Bros.
Producido porReggie Lucas, John "Jellybean" Benitez, Mark Kamins
Cronoloxía
- Madonna Like a Virgin

Madonna ou The First Album (nome do mesmo álbum editado en Europa) é o primeiro álbum da cantante pop estadounidense Madonna, producido por Reggie Lucas, John "Jellybean" Benitez e Mark Kamins.

Foi publicado o 27 de xullo de 1983 pola discográfica Sire Records cunha sinxela portada en branco e negro na súa versión orixinal, que máis tarde mudouse por outra diferente en Europa.

En 1984 lanzouse o vídeo recompilatorio Madonna para promocionar este álbum.

En 1985 reeditouse este álbum en Europa, cunha nova carátula en cor, mostrando a Madonna cun aspecto máis parecido ao seu estilo da época e renomeándoo como The First Album debido ao crecente éxito do seu segundo disco Like a Virgin.

En 2001 lanzouse unha versión remasterizada que contiña dous remixes inéditos.

Información xeral[editar | editar a fonte]

Antes do álbum[editar | editar a fonte]

Antes de gravar o seu primeiro álbum, Madonna tivo que realizar todo tipo de traballos para poder sobrevivir en Nova York. Se ben a súa formación baseábase no baile, non tardou moito en descubrir o seu talento como cantante. Os seus primeiros pasos no mundo da música xurdiron en 1979 como bailarina do cantante francés Patrick Hernandez, con quen realizou unha xira por Europa. Dentro de devandita xira Madonna viaxou por primeira vez a París, pero deixou o traballo e decidiu volver a Nova York.

De volta , Madonna coñeceu a Dan Gilroy, con quen, ademais de iniciar unha relación amorosa, crearía a súa primeira banda de rock chamada The Breakfast Club. Madonna comezou tocando a batería, despois tocaría a guitarra e finalmente sería brevemente a vocalista do grupo. Porén, Madonna deixou o grupo coa idea de formar un novo onde fora unha artista destacada, así coñeceu a Stephen Bray con quen comezou a escribir e producir cancións.

Intentando emeprender unha carreira como solista, Madonna e Bray escribiron unhas cantas cancións de música synthpop e dance, das que se compuxo a cinta que sería levada máis tarde ao produtor de Sire Records, Seymour Stein, con quen conseguiu un contrato.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

  1. "Lucky Star" (Madonna) - 5:37
  2. "Borderline" (Reggie Lucas) - 5:20
  3. "Burning Up" (Madonna) - 3:45
  4. "I Know It" (Madonna) - 3:47
  5. "Holiday" (Curtis Hudson, Lisa Stevens) - 6:10
  6. "Think of Me" (Madonna) - 4:54
  7. "Physical Attraction" (Lucas) - 6:39
  8. "Everybody" (Madonna) - 4:57