Estación de Río Záncara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Záncara
SituaciónPedro Muñoz (Cidade Real)

A Estación de Río Záncara é unha estación da liña de ferrocarril Madrid-Alacant, situada no P.K. 171,6 desta liña, entre Campo de Criptana e Socuéllamos, na provincia de Cidade Real. Esta estación posúe un gran tráfico ferroviario, circulando por ela os trens que comunican Madrid con Alacant, Valencia e Murcia.

A pesar das máis de 100 circulacións diarias, en Estación de Záncara ningún tren ten parada comercial, aínda que en ocasións nela realízanse paradas técnicas por adiantamentos.