Şehzade Mustafá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaŞehzade Mustafá
Nome orixinal(tr) Şehzade Mustafa Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1515 Editar o valor em Wikidata
Morte6 de outubro de 1553 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Ereğli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Estrangulamento (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaMuradiye Complex (en) Traducir
Q20587092 Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Otomán Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernador Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeImperio Otomán Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastia Otomana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosNergisşah Sultan (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisSuleiman I Editar o valor em Wikidata  e Mahidevran Gülbahar Hatun (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMihrimah Sultan (pt) Traducir, Selim II (pt) Traducir, Şehzade Bayezid, Şehzade Mehmed (pt) Traducir, Șehzade Cihangirs (en) Traducir, Şehzade Murad (en) Traducir, Raziye Sultan (en) Traducir, Şehzade Mahmud (en) Traducir e Abdullah Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Osmanlı-41

Şehzade Mustafá Muhlisi, nado en Manisa en 1515 e finado en Konya o 6 de outubro de 1553, foi un príncipe otomán, gobernador de Manisa desde 1533 a 1541 e príncipe de Amasia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A traxedia La Soltane (1561) de Gabriel Bounin baséase no asasinato de Mustafa

Mustafa era fillo do sultán Suleiman I e da súa consorte Mahidevran, era o seu primeiro fillo e como tal era o herdeiro ao trono, pero as dúas donas de Soliman déranlle oito fillos, dos quedaban vivos na década de 1550 catro: Mustafá, Selim, Bayezid e Jahangir, estes tres fillos de Hürrem, esta consciente que se Mustafá accedía ao trono, os seus propios fillos serían estrangulados segundo era costume para evitar disturbios civís e revoltas. Hürrem exercía unha poderosa influencia política na época e para evitar a execución dos seus fillos utilizou esa influencia para eliminar os partidarios de Mustafá [1]

Morte de Mustafá nun gravado do século XVIII

Así, nas loitas polo poder aparentemente instigadas por Hürrem, Solimán fixo asasinar ao gran visir Pargalı Ibrahim Pasha a noite do 14 ao 15 de marzo de 1536 e finalmente en 1544 foi nomeado gran visir Damat Rüstem Pasha que contaba coa simpatía de Hürrem. En 1552 ao iniciarse a campaña contra Persia e Rüstem foi nomeado xefe da expedición comezaron as intrigas contra Mustafá. Rüstem enviou un dos seus homes de confianza para informar a Solimán do descontento entre os seus soldados por non estar Solimán á fronte do exército e que chegara o momento de poñer un príncipe novo no trono, ao tempo que difundía rumores que Mustafá era receptivo á idea.

Preocupado polo que cría os plans de Mustafá para reclamar o trono, o verán seguinte convocouno na súa tenda, alí acode confiando no apoio do exército, pero ao entrar os eunucos atacárono, o príncipe defendeuse ben pero finalmente morreu aganado.[2] O 6 de outubro de 1653 para calmar os xanízaros favorables ao príncipe executado o gran visir foi destituído.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mansel, Phillip (1998). Constantinople: City of the World's Desire, 1453-1924. St. Martin's Griffin. ISBN 0-312-18708-4.
  2. Kinross, Patrick (2002). The Ottoman Centuries: The Rise and Fall of the Ottoman Empire. Perrenial. ISBN 0-688-08093-6.