Ålesund

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 62°28′16.19″N 6°9′17.42″L / 62.4711639, -6.1548389

Ålesund no verán.

Ålesund é unha cidade do condado de Møre og Romsdal, en Noruega. Segundo o censo, en 2015 tiña 46 316 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada sobre un arquipélago, e ocupa tres das illas exteriores occidentais (Hessa , Aspøy , Nørvøy) á entrada do fiorde de Stor.

Historia[editar | editar a fonte]

Cara ao sur da vila atópanse as ruínas do castelo de Hrolf Ganger (máis coñecido como Rollon), fundador no século IX da dinastía dos duques de Normandía. O primeiro asentamento data do século XVI.

O 23 de xaneiro 1904 produciuse un gran lume que destruíu 800 casas, construídas en madeira. O káiser Guillerme II de Alemaña, que adoitaba pasar períodos de vacacións na vila, enviou centos de artesáns alemáns e cincuenta arquitectos para a reconstrución da cidade; froito disto foi que a cidade foi reconstruída enteiramente no estilo coñecido como Art Nouveau (chamado Jugendstill en alemán).

En 1948 concedéuselle o estatuto de cidade.

A cidade é a capital pesqueira norueguesa e serve de base á frota pesqueira de arenque e bacallau do Ártico. Sunnmørsposten é o xornal local.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Concello de Ålesund