Vilamartín de Valdeorras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vilamartinés»)
Modelo:Xeografía políticaVilamartín de Valdeorras
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°24′56″N 7°03′33″O / 42.415555555556, -7.0591666666667Coordenadas: 42°24′56″N 7°03′33″O / 42.415555555556, -7.0591666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
CapitalVilamartín Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.851 (2023) Editar o valor em Wikidata (20,97 hab./km²)
Xeografía
Superficie88,26 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude321 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataEnrique Álvarez Barreiro Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Vilamartín de Valdeorras Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32088 Editar o valor em Wikidata

Páxina webvilamartindevaldeorras.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: concellovilamartinvaldeorras Twitter: ConVilamartin Editar o valor em Wikidata

Vilamartín de Valdeorras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2022 tiña 1.825 habitantes (2.477 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilamartinés» ou «valdeorrés».

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello está situado ao nordeste da provincia de Ourense (a 106 km da capital ourensá) e ao norte da comarca de Valdeorras a 7 km do Barco de Valdeorras.

Está situado no val do río Sil, e conta cun relevo moi accidentado, con altitudes mínimas de 300 metros e cumios de 1.200 m (serra do Eixe, ao sur), 1.236 m (serra dos Cabalos, ao norte, 1.540 m (monte de Montouto) ou 1.600 m (Lastra).

A orografía está conformada por pedra calcaria, lousa e cuarzo. Estas formacións rochosas, así como o encoro de Santiago, inflúen na climatoloxía, favorecendo a formación de microclimas húmidos con trazos continentais e unha forte influencia mediterránea apreciable na temperatura, nas precipitacións totais e na cuberta vexetal que combina especies frondosas coma o castiñeiro, ou a sobreira con fragas repoboadas de piñeiro.

A abundancia de zonas húmidas favorece a migración de especies como o mergullón cristado, garzas, cegoñas ou galiñas de auga.

Poboación[editar | editar a fonte]

Censo total (habitantes) 1.793 (2014)
Menores de 15 anos 104 (5.8 %)
Entre 15 e 64 anos 1.022 (57 %)
Maiores de 65 anos 667 (37.2 %)
Evolución da poboación de Vilamartín de Valdeorras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3.866 4.190 4.059 3.126 2.472 2.164 2.047 1.988 1.826 1.793
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

Coñecida simplemente como Vilamartín, en 1916 a vila pasou a ser chamada Vilamartín de Valdeorras para distinguila doutros concellos de España. Entre eles están Villamartín (Cádiz), o antigo Villamartín de Villadiego (Burgos), Villamartín de Campos (Palencia) e Villamartín de Don Sancho (León).[1]

Cultura[editar | editar a fonte]

Rúa de Vilamartín de Valdeorras

En 1914 o historiador e xurista Nicolás Tenorio Cerero publicou o libro La aldea gallega. Nel describe os costumes e tradicións do partido xudicial de Viana do Bolo a comezos do século XX.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilamartín de Valdeorras

Arcos (San Lourenzo) | Arnado (San Clemente) | Cernego (San Víctor) | Córgomo (Santa Comba) | Correxais (San Pedro) | O Mazo (Santo Antonio) | A Portela (San Xulián) | San Miguel do Outeiro (Santo Antonio) | San Vicente de Leira (San Vicente) | Valencia do Sil (San Bernabé) | Vilamartín de Valdeorras (San Xurxo)

Lugares de Vilamartín de Valdeorras[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilamartín de Valdeorras vexa: Lugares de Vilamartín de Valdeorras.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Méndez Fernández, Luz (2016). Real Academia Galega, ed. "Galicia no Decreto de 1916". Boletín da Real Academia Galega (377): 365–383. ISSN 1576-8767. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.