Sandwicheira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unha sandwicheira eléctrica aberta.
Unha sandwicheira manual.

Unha sandwicheira é un aparello de cociña que se usa para cociñar sándwichs.

Descrición e funcionamento[editar | editar a fonte]

A sandwicheira xeralmente consiste en dúas placas unidas por un gonzo, e os sándwichs colocánse entre elas para preparalos. Para facer os sándwichs, as sandwicheiras péchanse herméticamente.

Existen tamén sandwicheiras manuais, que normalmente están feitas de ferro fundido ou aluminio e funcionan pola calor dunha cociña, o lume nunha lareira etc. A sandwicheira eléctrica funciona a base da electricidade;[1] moitas delas non teñen interruptor para acendelas, xa que acenden en cando se enchufan e apáganse en canto se desenchufan.

Orixe[editar | editar a fonte]

Nos Estados Unidos, a Tostwich é posibelmente a primeira sandwicheira, datada de iñantes de 1920. Porén, non foi patentada até o 3 de marzo de 1925 (solicitada o 26 de maio de 1924). Foi inventada por Charles Champion, cuxas outras invencións inclúen unha máquina de flocos de millo.[2]

A sandwicheira orixinal da marca Jaffle foi deseñada e patentada en 1949 polo Dr. Earnest Smithers de Bondi, Australia.[3]

Referencias[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]