Plus ultra
Plus ultra é unha locución latina que significa "Máis aló" e é o lema de España.
Orixe
[editar | editar a fonte]Foi Carlos I de España (tamén coñecido como Carlos V do Sacro Imperio Romano Xermánico), quen o utilizou como o seu lema persoal como expresión do dinamismo do novo Imperio español.
Segundo os estudos de Earl Rosenthal[1], o lema provén da influencia do médico e conselleiro persoal de Carlos V, o humanista milanés Luigi Marliano. Este aconsellou ao novo duque e futuro emperador en 1515, cando acadou a súa maioría de idade e foi proclamado Gran Mestre da Orde do Vélaro de Ouro, poñer baixo a súa oficina o lema latino Plus ultra.
Exploración marítima
[editar | editar a fonte]Este lema empregouse para animar aos navegantes a desafiar e esquecer a antiga advertencia da mitoloxía grega, segundo a cal Hércules puxera dous piares no Estreito de Xibraltar, e críase que eran o límite do Mundo, a última fronteira que os navegantes do Mediterráneo podían alcanzar. Era o Non Terrae Plus ultra (Non existe terra máis aló) en referencia tamén a Fisterra, pero este lema perdeu o seu poder simbólico a raíz de que Cristovo Colón chegase ás Indias Occidentais cruzando o océano Atlántico en 1492.
Lema
[editar | editar a fonte]Desde entón, este foi o lema de España, a excepción de Unha, Grande e Libre, lema do franquismo. No actual escudo constitucional, o lema vén escrito ao redor das dúas Columnas de Hércules.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Earl Rosenthal Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., Earl Rosenthal
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Recompilación de usos na prensa escritaArquivado 23 de febreiro de 2014 en Wayback Machine.