Paraugas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paraugas
Partes dun paraugas

Un paraugas (Gl-paraugas.ogg pronunciación ) é un utensilio para gorecerse da chuvia. Están formados por unha superficie convexa de plástico ou outro material semellante, que está suxeita a unha armazón de variñas pregables dispostas ao redor dun eixe central terminado nun mango adecuado para levalo cunha man. As variñas permiten que cando non chove ou se está en lugar protexido sexa posible pechalo para andar con máis comodidade. Un paraugas pechado pode servir de bastón, aínda que hai versións "de peto" que teñen variñas que se dobran en dous sitios.