Orzamento

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Charles Bolden, administrador da NASA, respondendo ás preguntas dos medios na rolda de prensa sobre o ano fiscal correspondente a 2012.

Orzamento[1] ou presuposto[2][3] é o cálculo por anticipado dos custos que implicaría unha determinada obra, servizo ou calquera outra actividade económica.

A elaboración dun orzamento permite ás empresas, os gobernos, as organizacións privadas ou mesmo ás familias establecer prioridades e avaliar a consecución dos seus obxectivos. Para alcanzar estes fins, pode chegar a ser preciso incorrer en déficit, isto é, que os gastos superen aos ingresos, ou pola contra, ser posíbel aforrar, de xeito que o orzamento presentará un superávit (os ingresos son maiores que os gastos).

Proceso de elaboración[editar | editar a fonte]

Nas organizacións, o proceso de elaboración dos orzamentos segue unha estrutura sistemática, no que tende a reflectir de xeito cuantitativo, a través dos mesmos orzamentos, os obxectivos fixados pola empresa ou organización a curto prazo, mediante o establecemento dos programas oportunos e sen perder a perspectiva de longo prazo, xa que esta condicionará os plans futuros de consecución da fin última cara a que se orientará a empresa.

Así, o proceso de elaboración orzamentaria comprende:

  • Definición e transmisión das directrices xerais ao responsábeis da preparación dos orzamentos.
  • Elaboración de plans, programas e orzamentos.
  • Negociación dos orzamentos.
  • Coordinación dos orzamentos.
  • Aprobación dos orzamentos.
  • Seguimento e actualización dos orzamentos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para orzamento.
  2. Monteagudo Romero, Henrique (1988). Diccionario normativo galego-castelán. Vigo: Galaxia. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para presuposto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]