Negreira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Negreirés»)
Modelo:Xeografía políticaNegreira
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°54′40″N 8°44′06″O / 42.911, -8.735Coordenadas: 42°54′40″N 8°44′06″O / 42.911, -8.735
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalNegreira Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación6.901 (2023) Editar o valor em Wikidata (59,96 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie115,1 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude297 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataManuel Ángel Leis Míguez (2019–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Negreira Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15830 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15056 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodenegreira.org Editar o valor em Wikidata

Negreira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala. Segundo o IGE, en 2014 tiña 7.009 habitantes (7.079 no 2012, 7.077 no 2011, 7.029 no 2010). O seu xentilicio é negreirés ou nicrariense.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

Linda ó norte cos concellos da Baña e Santa Comba, ó sur con Brión, Noia e Outes, ó leste con Ames e ó oeste con Outes e Mazaricos. Está comunicado con Santiago de Compostela a través da estrada AC-543 (Santiago-Bertamiráns) e a AC-544, que chega á vila de Negreira e segue até Muxía pola Pereira.

A vila de Negreira está situada á beira do río Tambre.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 2014 7.009 habitantes
Menores de 15 anos 920 (13.12 %)
Entre 15 e 64 anos 4.352 (62.09 %)
Maiores de 65 anos 1.737 (24.78 %)

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011

Evolución da poboación de Negreira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.847 6.958 8.440 7.771 6.497 6.941 7.077 7.079 7.091
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[editar | editar a fonte]

No monte Corzán consérvanse megálitos. En Espiñaredo hai un conxunto de mámoas, con 32 pedras cunhas medidas de 32 metros de diámetro e 5 de altura. En Logrosa atopáronse dúas esculturas antropomorfas en posición hierática, con brazos e mans ben definidos, do ano 1 d.C.. Consérvanse no Museo do Pobo Galego, nunha das salas de Historia de Galicia. Hai restos de poboados castrexos en Broño, Logrosa, Vilachán e Xallas.

O asentamento de Nicraria Tamara (por estar situada á beira do Tambre) ten a súa orixe na idade antiga, vinculado a unha explotación de minas de prata. En 876 o rei Afonso III o Magno concedeu o feudo de Negreira ó bispo compostelán Sisando. En 979 houbo unha incursión normanda que arrasou a vila, reconstruída en 1113.

Os Reis Católicos declararon a vila Foro Real, o que supón a súa independencia do mando episcopal. Esta concesión foi renovada por Carlos I en 1520.

Cultura[editar | editar a fonte]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O Pazo do Cotón, situado ó pé do Camiño Real, é unha construción dos séculos XVII-XVIII, malia estar documentado xa desde moito tempo antes. Ten claustro e tripla arcada na porta da capela, balaustrada barroca e piso superior cunha galería de grandes piares.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía está asentada no sector primario: agricultura e gandería. Cultívanse principalmente millo, pataca e cultivos forraxeiros. Unha importante superficie fértil reservase á herba campía para o gando, maioritariamente vacún. A gandería céntrase no bovino, con predominio das frisoas leiteiras. As cooperativas leiteiras da bisbarra fundaron Feiraco, que hoxe é unha das maiores empresas leiteiras de capital galego.

Durante a Guerra civil española e a segunda guerra mundial houbo, amais, unha explotación mineira de tungsteno.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Negreira.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Negreira

Alvite (San Tomé) | Aro (San Vicenzo) | Arzón (San Cristovo) | Broño (San Martiño) | Bugallido (San Pedro) | Campelo (San Fins) | Campolongo (Santa Cruz) | Covas (Santa María) | Gonte (San Pedro) | Landeira (Santo Estevo) | Liñaio (San Martiño) | Logrosa (Santa Baia) | Lueiro (Santa Baia) | Negreira (San Xián) | A Pena (San Mamede) | Portor (Santa María) | Xallas (San Pedro) | Zas (San Mamede)

Lugares de Negreira[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de tódolos lugares do concello de Negreira vexa: Lugares de Negreira.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]