Melón (froita)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Meloeiro»)

O meloeiro ou melón[2] (Cucumis melo L) é unha planta rubideira da familia das cucurbitáceas). Cultívase polo seu froito, o melón, unha froita probabelmente nativa do Oriente Medio. Existen innúmeras variedades cultivadas en rexións semiáridas de todo o mundo, todas presentando froitos máis ou menos esféricos, con casca espesa e polpa carnosa e suculenta, con moitas sementes achatadas no centro. A cor e a textura da codia, e a cor e o sabor da súa polpa, varían de acordo co cultivo.

A abondosidade de auga no seu interior e o sabor suave tornan ao melón unha froita moi apreciada a xeito de refrescos. As súas sementes, torradas e salgadas, tamén se consomen.

Notas[editar | editar a fonte]

Melóns do tipo cantalupo.
  1. Sinónimos en Tropicos
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para melón.
    Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para meloeiro.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.