Mañón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mañonés»)
Mañón
Escudo de Mañón
Vista do O Porto do Barqueiro, Mañón
Situación
Xentilicio[1]mañonés
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Ortegal
Poboación1.244 hab. (2023)[2][3]
Área82,2 km²[3]
Densidade15,13 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias e 142 lugares[4]
Capital do concelloO Barqueiro
Política (2023 [5])
AlcaldeAlfredo Dovale Pedreira (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Mañón
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes56,46%
Na rede
www.manon.es
editar datos en Wikidata ]

Mañón é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. É o concello máis setentrional de Galicia e da Península Ibérica. Segundo o IGE en 2020 tiña 1 319 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mañonés».

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 1.454 (2015)
Menores de 15 anos 91 (6,26 %)
Entre 15 e 64 anos 816 (56,12 %)
Maiores de 65 anos 547 (37,62 %)
Estranxeiros 27 (1,86 %)
Evolución da poboación de Mañón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4 459 4 059 4 267 2 976 1 830 1 602 1 537
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[editar | editar a fonte]

É o concello máis setentrional de Galicia e da Península Ibérica. Esténdese por unha estreita e longa franxa de terreo, duns 30 quilómetros de longo e cunha largura de pouco máis dun quilómetro, rematando no mar Cantábrico. Linda ao leste co río Sor e a ría do Barqueiro. Ten un relevo abrupto, contando coa Serra da Faladoira, con 605 metros de altura; da Cruz da Palloza, 616 metros; e a continuación a Serra da Coriscada con 523 m. Ambas as dúas serras marcan o límite oeste do concello.

Goberno municipal[editar | editar a fonte]

Nas eleccións municipais de maio de 2007, o PPdG volveu ser o partido máis votado en Mañón, obtendo 6 dos 9 concelleiros da corporación local, con Alfonso Balseiro como alcalde. O PSdeG-PSOE é o único grupo que senta nas bancadas da oposición, cos 3 concelleiros restantes.

O BNG superou a barreira do 5 % dos votos, pero os resultados de PP e PSdeG-PSOE impedíronlle entrar na corporación.

Patrimonio histórico e artístico[editar | editar a fonte]

O Camiño dos arrieiros[8]: Camiño que xa puidera ser neolítico[9], que discorría aproximadamente pola dorsal das serras da Faladoira e Coriscada, unía As Pontes de García Rodríguez co porto de Bares. A pesar da erosión e das pistas do parque eólico, pode distinguirse aínda un 20% do traxecto. Ao longo do seu percorrido, a ambos os lados, atópanse unha gran cantidade de mámoas, e o mesmo ocorre na maioría das bifurcacións que ten:

Na parroquia de Santa María de Mañón está a igrexa parroquial de Santa María.

Na parroquia das Ribeiras está o pazo de Torre de Lama, construído sobre unha antiga fortaleza medieval, da que pouco se conserva.

Lugares turísticos[editar | editar a fonte]

Puntos de interese[editar | editar a fonte]

Fervenza de Augas Caídas, fervenza que se precipita nun cantil duns 90 metros de altura.

  • Refuxios:
    • Na parroquia de Grañas do Sor:
      • A Ribeira do Bispo.
      • O Cascón.
    • Na parroquia de Mañón:
      • Ponte Segade.
      • Muíño de Salustio.
      • Fonte Cubelas.
      • Augas Caídas.
    • Na parroquia de As Ribeiras do Sor:
      • A Furada, coa súa ponte pendurante.
      • Refuxio de Ulló.
  • A Ponte do Porto, tamén chamada "Ponte de Malvide". Situada na parroquia de Mañón, trátase dunha ponte de orixe probablemente romana ou ben de orixe medieval sobre unha base romana. Ten tres arcos de medio punto. No centro da ponte atópase un miliario que marcaba o límite entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo.

Praias[editar | editar a fonte]

Praia de Vilela. Na estrada que une O Barqueiro con Bares, existe unha desviación á dereita, que achega á pequena cala de Vilela.

Praia de Bares. Antes de chegar ao Porto de Bares, atópase a praia de Bares, coa súa forma de cuncha e a Illa Coelleira á fronte. Esta praia queda dividida en dúas partes coa marea alta: unha parte na zona urbana e portuaria e a outra, coñecida como Igrexa Vella, cunha extensa zona dunar e dividida á súa vez por un saínte elevado e rochoso.

Praia de Esteiro ou Cañoles. Camiño de Ortigueira, atópase a praia de Esteiro, que ven gozando do distintivo de Bandeira Azul europea. Praia con forte ondaxe nunha zona e con outra, porén, de augas tranquilas na desembocadura do río Esteiro, máis acaida para o baño de nenos.

Sendeirismo[editar | editar a fonte]

Mañón conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo:

  • PR-G 204 Ruta Ribeira do Bispo – Miradoiro de Augas Caídas[11]. Transita principalmente pola beira esquerda do río Sor, agás un treito entre o Muíño de Salustio e Fonte Cubelas.
  • PR-G 212 Ruta Ponte do Porto - Ponte Ulló[12]. Discorre pola marxe esquerda do río Sor, pasado polo Refuxio da Furada e a súa Ponte Colgante.

Tamén transcorre unha parte do sendeiro PR-G 8 Morgallón - Río Sor - Morgallón[13], con inicio no Concello do Vicedo.

Mañón na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Faralleiros son nas Grañas,/ revellados en Mañón,/ cabanexos en Cabanas,/ burros en San Pantaón [14]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Mañón.

Parroquias[editar | editar a fonte]

As cinco parroquias que conforman o concello de Mañón.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Mañón

Bares (Santa María) | As Grañas do Sor (San Mamede) | Mañón (Santa María) | Mogor (Santa María) | As Ribeiras do Sor (San Cristovo)

Lugares de Mañón[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Mañón vexa: Lugares de Mañón.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Mañón".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. véxase Información do Camiño dos arrieiros Arquivado 02 de maio de 2007 en Wayback Machine.
  9. Foi estudado inicialmente por Federico Maciñeira, quen di: "... por las cimas de aquellas dos mentadas sierras, singularmente por la de Faladora -repito- se prolongan los túmulos a los lados de las viejas rutas. En cuyo itinerario de la Faladora concurren las principales circunstancias que caracterizaban los primitivos caminos: seguir las partes más altas y despejadas de las cordilleras paralelas a los ríos [...] la que debió ser a modo de vía sagrada de la oscura tribu que en amplio valle de Puentes tiene su asiento, en sus relaciones con la costa". Federico Maciñeira (1947: 34)
  10. Maciñeira
  11. https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200525000145/pr-g-204-ruta-ribeira-do-bispo-miradoiro-de-augas-caidas?langId=gl_ES&tp=6&ctre=23
  12. https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200527000188/pr-g-212-ruta-ponte-do-porto-ponte-ullo?langId=gl_ES&tp=6&ctre=23
  13. https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/33804/pr-g-8-morgallon-rio-sor-morgallon?langId=gl_ES&tp=6&ctre=23
  14. Son todos lugares do concello de Mañón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]