Instalación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha Instalación de arte é un xénero de arte contemporánea que tomou grande importancia a partir da década de 1970. As instalacións incorporan calquera medio para crear unha experiencia visceral ou conceptual nun ambiente determinado. Os artistas de instalacións polo xeral utilizan directamente o espazo das galerías de arte.

Moitos encontran as orixes deste movemento en artistas como Marcel Duchamp e o uso de obxectos cotiáns resignificados como obra artística, máis cá apreciación da escultura tradicional que se basea no traballo artístico. A intención do artista é primordial en cada instalación debido á súa conexión coa arte conceptual da década de 1960, o que novamente é unha separación da escultura tradicional que ten o seu principal interese na forma.

Pode incluír calquera medio, dende materiais naturais ata os máis novos medios de comunicación, tales como vídeo, son, computadoras e internet.

Algunhas instalacións son sitios específicos de arte; elas só poden existir no espazo para o cal son creadas.

Instalacionistas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]