Himeneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Himeneo nun mosaico da sala 3 das Termas de Neptuno, en Ostia Antica.

Himeneo (en grego antigo Ὑμέναιος), tamén chamado Himen, é un deus da mitoloxía grega, encargado das cerimonias de matrimonio, inspirador das festas e as cancións. Himeneo é tamén un xénero de poesía lírica grega cantada durante a procesión da noiva á casa do noivo, na que se apelaba ao deus, en contraste co epitalamio, que se cantaba no limiar nupcial.

Himeneo travestido durante un sacrificio a Príapo. Óleo de Nicolás Poussin.

Himeneo asistía aos connubios, e cando non o facía o matrimonio resultaría desastroso, polo que os gregos corrían vivamente gritando o seu nome. Presidiu moitas das vodas dos mitos gregos, incluídas as de todas as deidades e os seus descendentes.

Himeneo era celebrado na antiga canción matrimonial de orixe descoñecida Hymen o Hymenae, Hymen recollida por Caio Valerio Catulo[1] Os termos «himno» e «himen» proceden desta celebración.[2]

Orixes[editar | editar a fonte]

Himeneo era o fillo de Baco/Dioniso e de Venus/Afrodita. Noutras tradicións era fillo de Apolo e unha das Musas. Outras historias danlle unha orixe lendaria. Nun dos fragmentos conservados do Catálogo de mulleres atribuído a Hesíodo dise que Magnes «tivo un fillo de extraordinaria beleza, Himeneo. E cando Apolo viu o rapaz namorou del e non abandonou a casa de Magnes»[3]. Porén, segundo a Suda, o eraste de Himeneo foi Tamiris.

A paz de Aristófanes termina con Trixeo e o Coro cantando a canción nupcial, co retrouso «¡Oh Himen! ¡Oh Himeneo!»[4] típico para unha canción deste tipo.[2]

Representación[editar | editar a fonte]

Polo menos desde o renacemento italiano, Himeneo adoita ser representado na arte como un home novo levando unha grilanda de flores e sostendo un facho acendido nunha man.

Fontes[editar | editar a fonte]

Cupido reaviva o facho de Himeneo. Escultura de George Rennie.

Himeneo aparece mencionado na Ilíada de Homero, na descrición da forxa do escudo de Aquiles:

Alí representou tamén dúas cidades de homes dotados de palabra. Nunha celebrábanse vodas e festíns: as noivas saían dos seus cuartos e eran acompañadas pola cidade á luz de fachos acendidos, oíanse repetidos cantos de himeneo, mozos danzantes formaban círculos, dentro dos cales soaban frautas e cítaras, e as matronas admiraban o espectáculo desde os vestíbulos das casas.
Ilíada XVIII. 490

Outras fontes clásicas son:

Aparece tamén na obra de Safo:

Alta debe ser a cámara —


Himeneo!
Facédea alta, construtores!
Un noivo ven —
Himeneo!


Como o propio deus da guerra, o máis alto dos altos!

E é mencionado tamén en dúas obras de William Shakespeare: A tempestade e Como gustedes, onde se une ás parejas ao final:

Himeneo poboa a cidade:


Honrade todo casamento.
Honra e prez, gloria sen par


a Himeneo, deus da cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Catullus Arquivado 30 de maio de 2010 en Wayback Machine., en Religio Romana.
  2. 2,0 2,1 Encyclopaedia Britannica, hymen
  3. OMACL: Hesiod, the Homeric Hymns and Homerica: Marriage of Ceyx to Doubtful fragments Arquivado 05 de decembro de 2004 en Wayback Machine. (en inglés).
  4. Peace Arquivado 01 de decembro de 2005 en Wayback Machine., libreto do drama de Aristófanes (en inglés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • P. Maas, «Hymenaios» REF 9 (1916) páx. 130-34.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]