Abeaca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gueifa»)
Arado simple
1. Temón
2. Chavellal e Chavella
3. Rodiña: dispositivo regulador
4. Teiroa ou seita
5. Rella
6. Dentil ou rastro
7. Orelleira ou abeaca

A abeaca, forcado, gueifa ou orelleira é unha peza do arado responsable do ensanchamento do suco e de virar a terra, no arado de pau son dúas pezas que saen oblicuamente desde a rella e que se sosteñen por unha peza travesa, o meixelo.

Abeacas modernas

Este compoñente non estaba presente nos arados primitivos, foi no transcurso da Idade Media cando se converteu nunha peza máis do arado. As abeacas actuais constrúense de aceiro, constan dunha superficie continua dotada dunha exterior posterior denominada apéndice, que se orienta cunha inclinación transversal de 35-45º, co lado cóncavo virado para diante.