Portomarín
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Portomarín | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.345 (2023) (11,69 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 115,1 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan Serrano | ||||
Eleccións municipais en Portomarín | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27170 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27049 | ||||
Sitio web | concellodeportomarin.es |
Portomarín é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2017) conta con 1.508 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é portomarinense.
Xeografía[edit | edit source]
Demografía[edit | edit source]
Censo total 2017 | 1.508 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 81 (5.37 %) |
Entre 15 e 64 anos | 833 (55.24 %) |
Maiores de 65 anos | 594 (39.39 %) |
Historia[edit | edit source]
Prehistoria[edit | edit source]
Hai restos de poboados no concello de Portomarín, como medorras e castros, como o castro de Catromaior, o castro da Vires, o castro de Bedro, Castrolobrixe, castro de Vila ou o castro de Soengas.
Época romana[edit | edit source]
A primeira ponte sobre o río Miño nesta zona foi construída polos romanos no século II. A vila xa aparece citada como Portumarini no ano 792. A orixe da vila parece estar ligada ó conde Gutierre e á condesa Ilduara (Aldara de Celanova), pais de San Rosendo, bispo de Mondoñedo e fundador do mosteiro de Celanova no século X. No Códice Calixtino aparece Portomarín denominado coma Pons Minea (ponte do Miño).
Idade Media[edit | edit source]
Na idade media foi camiño de paso dos peregrinos cara Santiago de Compostela, sendo unha das maiores vilas tralo paso do Cebreiro. Posiblemente tivo grande importancia neste período, ó contar con tres ordes de cabalaría. Na marxe esquerda estaban os Cabaleiros da Orde de Santiago, nada no mosteiro de Loio, e a Orde do Temple. Na marxe dereita estaba a Orde dos monxes-cabaleiros da Orde de San Xoán de Xerusalén. O carácter guerreiro destes monxes explica o aspecto de fortaleza da igrexa de san Nicolao.
En 1112 a ponte foi destruída por Dona Urraca, raíña de Castela, para frear o paso das tropas do seu marido, Afonso o Batallador. Porén, 8 anos máis tarde a propia raíña ordenou reconstruír a ponte a un tal Pedro o Peregrino.
Posteriormente o arcebispo Pedro Arias entregou o burgo de Portomarín á recentemente creada Orde de Santiago. Baixo o reinado de Afonso IX a vila pasou a depender da orde de San Xoán de Xerusalén.
En 1126 Pedro o Peregrino construíu un hospital, que contiña na súa fachada a inscrición Domus Dei. O Hospital, adicado á atención dos peregrinos, foi confiado á Orde de Santiago e logo á Encomenda de San Xoán, á que tamén correspondía o burgo de Portomarín e o coidado da ponte e do Camiño de Santiago. O Hospital foi derrubado en 1944.
A antiga vila estaba constituída por dous barrios, divididos polo río Miño. Na marxe esquerda o de San Pedro, e o de San Xoán na marxe dereita.
Idade Contemporánea[edit | edit source]
O 8 de febreiro de 1946 a vila de Portomarín foi declarada Conxunto Histórico-Artístico. Ó construírse en 1962 o encoro de Belesar, a vila trasladouse ó veciño Monte do Cristo. Alí se reconstruíron algúns dos edificios máis importantes tanto civís como relixiosos.
O patrimonio monumental foi trasladado pedra a pedra ata a súa actual situación. Trasladáronse as igrexas de San Nicolao (as súas pedras foron numeradas e ensambladas de novo na súa actual localización), San Pedro e algúns pazos, como o do Conde da Maza do século XVI e o Pazo dos Pimentales ou de Berbeteros, do século XVII. Nas tempadas en que baixa o nivel do encoro aínda son visibles os restos das antigas edificacións, o peirao e a primitiva ponte.
A igrexa de San Xoán, hoxe denominada de San Nicolao, construída nos séculos XII e XIII, é un dos monumentos románicos máis senlleiros do Camiño de Santiago. A igrexa de San Pedro data do século X e forma parte dun conxunto integrado polo Pazo de Berbetoros e o Pazo do Marqués de Paredes.
Cultura[edit | edit source]
Toponimia[edit | edit source]
O nome do concello procede do latín portumarini, "porto ou paso fluvial de pouca profundidade"[Cómpre referencia].
Galería de imaxes[edit | edit source]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Portomarín.
Parroquias[edit | edit source]
Lugares de Portomarín[edit | edit source]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Portomarín vexa: Lugares de Portomarín.
Notas[edit | edit source]
Véxase tamén[edit | edit source]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portomarín |
Outros artigos[edit | edit source]
Ligazóns externas[edit | edit source]
- Imaxes en directo da cámara web da CRTVG.
Localidade anterior: Vilachá, As Cortes, Paradela a 2 km → |
Camiño de Santiago (Camiño Francés) Portomarín (387 msnm) 90 km á Catedral de Santiago de Compostela |
Seguinte localidade: Toxibó, Gonzar, Portomarín → a 4,5 km |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |