Meira

From Wikipedia
Modelo:Xeografía políticaMeira
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°12′48″N 7°17′39″O / 43.213333333333, -7.2941666666667Coordenadas: 43°12′48″N 7°17′39″O / 43.213333333333, -7.2941666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor em Wikidata
CapitalMeira Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.753 (2023) Editar o valor em Wikidata (37,3 hab./km²)
Xeografía
Superficie47 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude480 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataAntonio de Dios Álvarez (2015–) Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Meira Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27240 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE27029 Editar o valor em Wikidata

Páxina webconcellodemeira.com Editar o valor em Wikidata

Meira é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 1.711 habitantes (1.794 no 2007,1.774 no 2006, 1.780 no 2005, 1.789 no 2004, 1.806 en 2003). O xentilicio é meirego ou meirao.[1]

Xeografía[edit | edit source]

O concello, composto polas parroquias de Meira (Santa María) e Seixosmil (Santo Isidro), está situado ó noroeste da provincia, entre a Terra Chá e as Serras Orientais, ó oeste da serra de Meira. O relevo é algo accidentado. No alto da serra de Meira está o Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño. Climatoloxicamente isto tradúcese nun clima oceánico de montaña, con precipitacións durante todo o ano, con excepción dos meses de xullo e agosto. No inverno, e nun curto período de días, o normal é ter algo de neve.

Demografía[edit | edit source]

A poboación de Meira diminuíu coa perda de superficie que supuxo a constitución en 1935 dun novo concello, Ribeira de Piquín, e pasou de ser un dos municipios máis grandes da provincia, neses tempos, a ser un dos máis pequenos. Dende principios do século XX e ata 1950 a demografía apenas experimentou cambios e a partir de 1970 comeza unha etapa de estancamento, que en 1991 alcanzou unha evolución negativa.

No verán a poboación de Meira vese incrementada polas numerosas familias, turistas ou emigrantes retornados.

Censo total 1.711 (2018)
Menores de 15 anos 200 (11.69 %)
Entre 15 e 64 anos 1.001 (58.5 %)
Maiores de 65 anos 510 (29.81 %)
Evolución da poboación de Meira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.475 4.087 2.228 2.004 1.789 1.787 1.780 1.775 1.769 1.731 1.749 1.747 1.726 1.711 1.725 1.748 1.731
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia[edit | edit source]

A historia desta vila está directamente relacionada coa fundación dunha comunidade monástica cisterciense, que algúns estudosos datan no ano 1143. En 1154, o rei Afonso VII outorgou aos Condes de Sarria, Álvaro Rodríguez e Sancha Fernández, a vila e o couto de Meira, que por aquel entón era un lugar totalmente virxe. En 1159, o fillo de Afonso VII, Fernando II, concedeulle a Meira a exención do pagamento da peaxe e o portádego en todo o reino.

Os bens do mosteiro cisterciense, chamado mosteiro de Santa María de Meira, foron medrando, grazas ás doazóns da monarquía. Paralelamente, tamén medraba a cobiza dos poderosos, que se levantaron contra os monxes. Fernando II tivo que redactar un decreto real convidando aos bispos de Oviedo e Lugo a apoiar a comunidade monacal de Meira. Non obstante os saqueos non proviñan só da sociedade civil, senón tamén da propia igrexa. Pero no ano 1515, e grazas á unión do mosteiro coa Congregación de Castelá, este viviu os seus anos de maior esplendor coa fundación da Facultade de filosofía.

A escola funcionou como centro cultural de primeira orde, ata a invasión napoleónica. O mosteiro sufriu as consecuencias de ter instalado un hospital ó servizo das tropas. Despois da invasión, os monxes volveron e repararon o mosteiro en ruínas, maila nunca máis recuperou o seu esplendor. Hoxe en día só queda a igrexa de Santa María de Meira e o edificio no que se sitúa a Casa do Concello.

O escudo de Meira compóñeno, sobre o fondo azul, no lado sinistro, de branco, o brazo de maije empuñando o báculo abacial de ouro, e sobre del, unha flor de lis, e no lado destro a mitra abacial e outra flor de lis. Sobre o todo, en banda, unha tira axadrezada de prata e goles. Sobre o escudo a coroa real cerrada.

Patrimonio artístico[edit | edit source]

Da cultura megalítica consérvase o dolmen do Cortello da Vella, as medorras de Paredes e as medorras de San Martín de Lúa.

A igrexa de Santa María de Meira, é un templo románico, declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1931. Orixinalmente pertenceu a un mosteiro, xa desaparecido. Esta igrexa ten influencia da arquitectónica borgoñoa (importada de Francia) e está exenta totalmente da influencia compostelá. O templo ten planta de cruz latina, con tres naves no brazo maior e unha de cruceiro. Ten tamén cinco capelas na cabeceira, todas elas cubertas por bóvedas de canón apuntado. No interior consérvanse sepulcros con relevos e o escudo dos Bolaño, unha lápida abacial e varios retablos, entre os que destaca o maior, de estilo neoclásico, e o cruceiro, ámbolos dous do século XVII. Tamén se conserva unha colección de ourivaría sacra.

Outros monumentos relixiosos son a capela de Paredes, de planta rectangular, e a ermida de San Pedro, en Vilar de Mouros.

Dentro da arquitectura civil destaca a Casa da Xesteira, cunha pedra de armas decorada cunha inscrición alusiva ós Vélez e Mendoza, de 1731, e tamén a casa do Mosteiro.

Patrimonio natural[edit | edit source]

Meira pode presumir dunha paisaxe espectacular e virxe. Está rodeada por bosques e montes e bañada polo río Miño. Tamén é posible desfrutar da Ruta Miño-Eo. Na parte oriental do municipio está a fervenza da Mexadoira, no chamado rego de Murias. Na beira do río Eo atópase a área recreativa da Treita. As árbores máis habituais destes bosques son os carballos, bidueiros e castiñeiros. A flora autóctona, a parte das árbores mencionadas, compóñena toxos, xestas e uz.

A fauna da comarca é moi numerosa: perdices, paspallás, pombos, lobos, raposos, corzos, xabarís... Nos ríos, as troitas e as anguías son as protagonistas e xa no río Eo hai tamén salmóns.

Mención a parte merece o Pedregal de Irimia, nacemento do río Miño. É aquí onde manan as primeiras fontes do río Miño, augas que van a dar á lagoa da Fonmiñá, na Pastoriza.

Patrimonio etnográfico[edit | edit source]

Dentro do patrimonio etnográfico do concello atópase a festa da malla, unha festa na que se rememora este labor do campo e que foi declarada no ano 2004 de interese turístico de Galicia.

Refráns de Meira[edit | edit source]

"Xente de Meira, tropa lixeira"

"Xente de Meira, tropa festeira"

Galería de imaxes[edit | edit source]

Artigo principal: Galería de imaxes de Meira.

Lugares de Meira[edit | edit source]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meira vexa: Lugares de Meira.

Parroquias[edit | edit source]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Meira

Meira (Santa María) | Seixosmil (Santo Isidro)

Notas[edit | edit source]

Véxase tamén[edit | edit source]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.