Forcarei

From Wikipedia

Coordenadas: 42°35′32″N 8°21′00″O / 42.5922339, -8.3500953

Forcarei
Bandeira de Forcarei
Escudo de Forcarei
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[2]Forcareiés[1]
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Tabeirós - Terra de Montes
Poboación3.186 hab. (2023)[3][4]
Área168,4 km²[4]
Densidade18,92 hab./km²
Entidades de poboación13 parroquias[5]
Capital do concelloForcarei
Política (2023 [6])
AlcaldesaVerónica Pichel (PSdeG[7])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 5
Eleccións municipais en Forcarei
Uso do galego[8] (2011)
Galegofalantes85,70%
Na rede
http://www.forcarei.net
editar datos en Wikidata ]

Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2019 tiña 3.388 habitantes. O xentilicio é forcareiés.[9]

Xeografía[edit | edit source]

Forcarei é un concello situado ao norte da provincia, linda cos concellos de Cerdedo-Cotobade, Silleda, A Estrada, Lalín, Beariz e A Lama.

Evolución da poboación de Forcarei   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
7751 8987 9040 7114 4616 4108 4044
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)
Censo total 3.388 (2019)
Menores de 15 anos 250 (7,38 %)
Entre 15 e 64 anos 1.702 (50.24 %)
Maiores de 65 anos 1.436 (42,38 %)

No seu termo municipal nacen os tres principais ríos intrínsecos da provincia de Pontevedra: río Umia, río Lérez e río Verdugo.

Historia[edit | edit source]

En 1833 creouse o concello de Forcarei, se ben entre 1858 e 1862 denominouse Soutelo de Montes.

Patrimonio[edit | edit source]

Na capital municipal atópase a igrexa parroquial, dedicada a san Martiño. É obra de finais do século XVIII, do mestre canteiro Pedro Varela e o mestre asentador Pedro Gutiérrez. Orixinalmente era de planta de cruz latina pero en 1961 o arquitecto Javier García Santoro ampliou o brazo dereito. A única decoración da fachada, de estilo neoclásico, é unha pequena imaxe da Virxe nunha fornela sobre a porta. Á esquerda da fachada érguese a torre campanario, de sección cuadrangular no primeiro corpo e octogonal no segundo, e rematada nunha pequena cúpula.

Nas escaleiras de acceso á igrexa atópase un cruceiro construído a finais do XIX por Xosé Ferreiro. Este cruceiro estaba situado no centro da praza pero foi trasladado cando se acometeu a remodelación da praza e a construción do edificio do concello.

A Casa do Concello foi proxectada polo arquitecto pontevedrés César Portela.

Na parroquia de Santa María de Aciveiro sitúase o mosteiro de Santa María de Aciveiro que ocupou un papel fundamental na rexión desde a súa constitución no século XII ata o ano 1893. Na actualidade é un Hostal Monumento co nome de Hospedería de San Gonzalo das Penas.

Política[edit | edit source]

Dende o ano 2023 o concello esta gobernado pola coalición formada polo PSdeG-PSOE e o BNG, con Verónica Pichel (PSdeG-PSOE) como alcaldesa.

Eleccións municipais de 2023[edit | edit source]

Partido político Escanos Diferenzas en escanos Votos
PPdeG
5 / 11
= 1.082
PSdeG-PSOE
5 / 11
= 932
BNG
1 / 11
novo 212

Votación de investidura

Candidato Votos Total Votos
Verónica Pichel
(PSdeG-PSOE)
Si 5 1
6 / 11
NON 5
5 / 11
INVESTIDA: Si

Maioría Absoluta (6/11): Si

ABSTENCIÓN
0 / 11

Eleccións municipais de 2019[edit | edit source]

Partido político Escanos Diferenzas en escanos Votos
PPdeG
5 / 11
-1 1.098
PSdeG-PSOE
5 / 11
+2 946
BNG-FORO FORCAREI
1 / 11
novo 315
Votación de investidura
Candidato Votos Total Votos
Verónica Pichel
(PSdeG-PSOE)
Si 5 1
6 / 11
NON 5
5 / 11
INVESTIDA: Si

Maioría Absoluta (6/11): Si

ABSTENCIÓN
0 / 11

Eleccións municipais 2015[edit | edit source]

Partido político Escanos Diferenzas en escanos Votos
PPdeG
6 / 11
= 1.289
PSdeG-PSOE
3 / 11
-1 690
BNG
1 / 11
= 193
Foro Forcarei
1 / 11
novo 286

Eleccións municipais 2011[edit | edit source]

Partido Político Escanos Diferenzas en escanos Votos
PPdeG
6 / 11
-1 1.432
PSdeG-PSOE
4 / 11
= 888
BNG
1 / 11
+1 385

Eleccións municipais 2007[edit | edit source]

Partido Político Escanos Diferenzas en escanos Votos
PPdeG
7 / 11
-2 1.740
PSdeG-PSOE
4 / 11
+2 1.006
BNG
0 / 11
= 221

Sendeirismo[edit | edit source]

Forcarei conta con dúas rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 100 "Sendeiro Natural Aciveiro - Candán", e o PR-G 113 "Ruta das Pontes do Lérez".

A primeira é unha ruta sendeirista circular de 15 km con principio e fin no coñecido mosteiro de Aciveiro.

A segunda é lineal duns 14 km con principio/fin no mosteiro de Aciveiro e remate/inicio en Gaxín

Forcarei na literatura popular[edit | edit source]

  • No convento de Aciveiro/ había un frade galiñeiro/ que así que se puña o sol:/ ¡churras, churras, ó poleiro! [10].

Galería de imaxes[edit | edit source]

Artigo principal: Galería de imaxes de Forcarei.

Parroquias[edit | edit source]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Forcarei

Aciveiro (Santa María) | Castrelo (Santa Mariña) | Dúas Igrexas (Santa María) | Forcarei (San Martiño) | A Madanela de Montes (Santa María Madanela) | Meavía (San Xoán) | Millarada (San Amedio) | Pardesoa (Santiago) | Pereira (San Bartolomeu) | Quintillán (San Pedro) | San Miguel de Presqueiras (San Miguel) | Santa Mariña de Presqueiras (Santa Mariña) | Ventoxo (San Nicolao)

Lugares de Forcarei[edit | edit source]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Forcarei vexa: Lugares de Forcarei.

Notas[edit | edit source]

  1. Cite error: Invalid <ref> tag; no text was provided for refs named UVIGO
  2. Véxase no Galizionario.
  3. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  4. 4,0 4,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Forcarei".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  5. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  6. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  8. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  9. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 48. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  10. Marcial Valladares Núñez: Diccionario gallego-castellano (1884), s. v. poleiro. No orixinal: N'o convento d'Acibeiro/ habia un frade galiñeiro/ qu'asi que se puña o sòl/ churras, churras, ò poleiro.

Véxase tamén[edit | edit source]

Ligazóns externas[edit | edit source]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.