Boqueixón

From Wikipedia
Modelo:Xeografía políticaBoqueixón
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°49′00″N 8°25′00″O / 42.816666666667, -8.4166666666667Coordenadas: 42°49′00″N 8°25′00″O / 42.816666666667, -8.4166666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor em Wikidata
CapitalO Forte Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación4.146 (2023) Editar o valor em Wikidata (58,48 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie70,9 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude289 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataManuel Fernández Munín Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Boqueixón Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15881 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE15012 Editar o valor em Wikidata

Sitio webboqueixon.com Editar o valor em Wikidata

Boqueixón é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca de Santiago.

Demografía[edit | edit source]

Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 4.342 habitantes (4.462 no 2009, 4.437 no 2007, 4.406 no 2006, 4.378 no 2005, 4.337 no 2004, 4.263 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boqueixonés.[1]

Censo total 2014 4.342 habitantes
Menores de 15 anos 532 (12.25 %)
Entre 15 e 64 anos 2.799 (64.46 %)
Maiores de 65 anos 1.011 (23.28 %)
Evolución da poboación de Boqueixón   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.232 4.432 5.062 5.511 4.337 4.417 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[edit | edit source]

O concello de Boqueixón ten 73,2 km², e está situado na vertente dereita do río Ulla, nun sector do curso medio. Limita ao norte con Santiago de Compostela, ao leste co Pino, Touro e Vila de Cruces, ao sur con Silleda e A Estrada e ao oeste con Vedra. Forma parte do espazo morfolóxico estendido entre a Dorsal galega cara ao océano Atlántico, coa forma dun peneplano arrasado que descende suavemente de altitude.

Ten unha topografía suave, agás na zona oeste, onde ten formas máis abruptas e empinadas. Neste sector está o monte Castelo (498 m), e no sur está o Pico Sacro (534 m). As menores altitudes están na zona sueste, na parroquia de Ponte Ledesma, a 60 m.

Historia[edit | edit source]

Toponimia

Gonzalo Navaza sinala na súa obra sobre a orixe do topónimo que[2]:

Boqueixón é topónimo único, de etimoloxía descoñecida. Admítese a posible rela-ción co substantivo común boca (latín bŭcca), que na toponimia pode designar pasos estreitos ou furnas e cavidades. É suxestiva a idea que vincula esa boca á cova do alto do Pico Sagro, a spelunca, quod ab antiquis vocitata erat Mons Illicinus (ano 1029, ‘a espe-nuca que os antigos chamaban Monte Ilicino’), in monte qui qondam Illicinus dictus est, post adventum sancti Iacobi Mons Sacer (ano 914, ‘no monte que nun tempo se chamou Ilicino e despois da chegada de Santiago foi Monte Sacro’). Non se pode descartar unha orixe prerromana. As atestacións medievais mostran que a forma do topónimo xa era hai mil anos prac-ticamente a mesma de hoxe: Buquesson, ano 914; Boiqueison, 914; Boqueigion, 1241; ecclesie sancti Vincentii de Boqueygion, 1241; Urracha Didaci de Boqueygion, 1241; Bo-queyon, 1291; ecclesie sancti Vincentii de Boqueyson, 1291.

Idade Media

Conta a Historia Compostelá escrita no século XII que Xelmírez tiña aquí un castelo no que tivo lugar unha das avinzas entre Dona Urraca e o seu fillo Alfonso VII[3]. En 1473 o Arcebispo Alonso de Fonseca mandou reconstruíla fortaleza, que parece ser fora destruída durante a revolta dos Irmandiños; para iso aproveitáronse os materiais do castelo da Rocha -ás portas de Santiago- e do mosteiro de San Sebastián -alí mesmo no Pico Sacro- do que só se salvou parte da capela. A intención de Alonso de Fonseca era contrarrestar o poder que desde a súa Torre de Cira alén do Ulla, exercía o Conde de Altamira.

Idade Contemporánea

O Concello de Boqueixón foi creado en 1836. En 1820 propúxose integrar as parroquias do actual concello no partido xudicial de Santa María a Maior e Real de Sar, e á súa vez distribuídas entre os concellos de Sar, Vilar, Santa Cruz de Rivadulla, Vedra e Touro. Porén, a proposta foi desestimada en 1821, suprimíndose o Partido e o Concello de Sar. Este último foi substituído polo de Santa Eulalia de Vigo, que agrupou a maioría das parroquias do Boqueixón actual xunto co de Vilar. Esta organización só durou ata 1823. En 1836 a Deputación Provincial da Coruña propuxo a división municipal para o Partido Xudicial de Santiago, figurando o concello de Boqueixón con quince parroquias (as catorce actuais máis Marrozos, que se uniu en pouco tempo ao desaparecido concello de Conxo).

Patrimonio Relixioso[edit | edit source]

Igrexa de San Lourenzo da Granxa[4]. Construída no século XI. Posúe muros recebados e encalados deixando ao descuberto os perpiaños graníticos da fachada e os que enmarcan portas, xanelas e esquinas. Cuberta a dúas augas con tellado de tella. No seu interior ten retablos con imaxes e unha columna-sepulcro de reliquias de fins do s. IX- principios do s. X.. Foi construída por mandato do bispo Sisnando[5] e pertenceu ao mosteiro de San Sebastián do Pico Sacro.

Capela de San Sebastián[6]. Capela de planta rectangular con tellado a dúas augas que se levanta na ladeira sur do Pico Sacro e que foi reformada nos séculos XX e XIX. Entrada porticada sobre catro columnas asentadas sobre un muro de perpiaño que sosteñen un armazón de tellado a tres augas. Consérvase o altar do presbiterio pertencente a antiga construción do século XII. Na capela maior románica consérvanse un par de columnas que responden ao estilo mateano e que serven de apoio ao arco triunfal. A capela é o último vestixio do mosteiro de San Sebastián que o bispo Sisnando I mandou construír no século IX, concretamente no ano 911. A situación do mosteiro no cume do monte, e nun lugar moi agreste, facía imposible o cultivo da terra polo cal o mesmo bispo fixo contruír unha granxa no primeiro lugar fértil preto do mosteiro, para que os monxes puideran cultivar a terra, feito que deu o nome a parroquia da Granxa. Pasado o tempo xunto a esas construcións fíxose unha capela dedicada a San Lourenzo e que sería despois a igrexa parroquial, situada a 500 m. en liña recta ao leste desta capela no cumio do Pico Sacro.

Festas e celebracións[edit | edit source]

Galería de imaxes[edit | edit source]

Parroquias[edit | edit source]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boqueixón

Boqueixón (San Vicente) | Codeso (Santaia) | Donas (San Pedro) | Gastrar (Santa Mariña) | A Granxa (San Lourenzo) | Lamas (Santa María) | Ledesma (San Salvador) | Lestedo (Santa María) | Loureda (San Pedro) | Oural (Santa María) | Pousada (San Lourenzo) | Sergude (San Breixo) | Sucira (Santa Mariña) | Vigo (Santa Baia)

Lugares de Boqueixón[edit | edit source]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Boqueixón vexa: Lugares de Boqueixón.

Notas[edit | edit source]

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. Navaza, Gonzalo (2021). Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Sección de Lingua. Seminario de Onomástica. Real Academia Galega. p. 22. ISBN 978-84-17807-09-2. 
  3. "Historia de las Tierras de Boqueixón" (PDF). SIOTUGA. Consultado o 11/05/2023. 
  4. "Igrexa de San Lourenzo da Granxa". Turismo de Galicia. Consultado o 11/05/2023. 
  5. "Parroquias do concello". Concello de Boqueixón. Consultado o 11/5/2023. 
  6. "Capela de San Sebastián". Patrimonio Galego. Consultado o 11/05/2023. 

Véxase tamén[edit | edit source]

Ligazóns externas[edit | edit source]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.