Beariz

From Wikipedia
Beariz
Escudo de Beariz
Casa consistorial
Situación
Xentilicio[1]bearizao/bearizá
bearicense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca do Carballiño
Poboación946 hab. (2023)[2][3]
Área56,0 km²[3]
Densidade16,89 hab./km²
Entidades de poboación3 parroquias[4]
Capital do concelloBeariz
Política (2023 [5])
AlcaldeManuel Prado López (PPdeG[6])
Concelleiros
PPdeG: 7

Eleccións municipais en Beariz
Uso do galego[7] (2001)
Galegofalantes64,46%
Na rede
www.beariz.org
editar datos en Wikidata ]

Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O xentilicio é bearizao[8] ou bearicense.

Poboación[edit | edit source]

Censo total 973 (2018)
Menores de 15 anos 43 (4,42 %)
Entre 15 e 64 anos 467 (48 %)
Maiores de 65 anos 463 (47.58 %)
Evolución da poboación de Beariz   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2226 2744 2653 1460 1404 1285 1205 {{{13}}} {{{14}}} {{{15}}} {{{16}}} {{{17}}} {{{18}}} {{{19}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[edit | edit source]

O concello limita ao norte co concello de Forcarei (provincia de Pontevedra), ao leste co Irixo e Boborás, ao sur con Avión e ao oeste coa Lama (provincia de Pontevedra). Ten unha altitude media de 610 m, e as súas augas verten no río Avia, afluente do Miño, sendo os seus vales abertos e orientados cara ao sur, con máis horas de Sol. Os seus cumios máis altos son Marcofán (940 m), o alto da Ruza (868 m) e a cima de Santo Domingo (848 m, lindando con Trasdomonte, en Forcarei). Todos eles pertencen á serra do Suído.

Arqueoloxía[edit | edit source]

Monumento en Beariz

No concello consérvanse máis dunha ducia de mámoas, monumentos neolíticos tamén chamados antas. Destes restos provén o nome do lugar das Antas, lindante co concello do Irixo. Con menos de 20 casas, chegou a formar parte de tres parroquias (Lebozán, O Regueiro e O Regueiro) tres dioceses e tres concellos distintos (Beariz, Boborás e O Irixo).

Da idade de bronce non hai vestixios, pero puido ser moi rica e florecente, dada a cantidade de metal que existe nos montes de Beariz. Da Idade de Ferro salienta o castro de Magros, onde se encontraron restos de cerámica e pedras de moer gran. Da romanización consérvase parte dunha calzada romana e unha ponte sobre o río Verdugo.

Na idade media, Beariz, ao igual que toda a Terra de Montes, foi gobernada polos arcebispos composteláns a través dos Xuíces-Meriños, nomeados por eles, e que tiñan a súa sede e residencia no castro de Montes, en San Miguel de Presqueiras, onde había unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas.

Na Serra do Suído atópanse os singulares chozos.

Na actualidade o concello sofre un proceso de retorno de emigrantes, especialmente de México. Moitos deles regresan con grandes capitais, tratándose este dun dos concellos coa renda per-capita máis alta de Galicia[Cómpre referencia].

Recursos naturais[edit | edit source]

No concello hai minas de volframio e estaño, se ben ningunha está activa na actualidade. Durante a segunda guerra mundial, axentes dos dous bandos buscaban non só apropiarse do necesario para a fabricación de pezas de artillaría, senón tamén deixar ao outro bando sen esas materias primas. Así, o volframio acadou prezos moi altos, aproveitando moitos comerciantes para cobrar grandes comisións, mudando moita xente o seu oficio polo de mineiro. No concello vendíase como propio volframio obtido nas minas de Silleda, onde os labradores venderan a súa terra.

As minas de estaño deron pé á industria dos fornos de fundición, fornos artesáns que fundían o metal mesturado con pedra recollida nas minas da contorna para elaborar lingotes. Os propietarios mercaban directamente aos mineiros segundo a calidade do material e a forma de pago, pero sempre a un prezo moi superior ao marcado polo goberno.

A explotación das minas foi levaba a cabo non só por compañías, senón tamén por particulares, e nas escombreiras os nenos e mulleres recollían os restos do metal, que unha vez lavado no río achegaba ás familias unha axuda ben importante durante a posguerra.

Beariz na literatura popular[edit | edit source]

  • Onte á noite fun á ronda,/ pasei a costa das Antas;/ o que rompín de zapatos/ tamén o aforrei de mantas [9].

Galería de imaxes[edit | edit source]

Artigo principal: Galería de imaxes de Beariz.

Parroquias[edit | edit source]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Beariz

Beariz (Santa María) | Lebozán (Santa Cruz) | Xirazga (San Salvador)

Lugares de Beariz[edit | edit source]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Beariz vexa: Lugares de Beariz.

Notas[edit | edit source]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Beariz".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2023" (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  6. "El PSdeG gobernará sobre 1,2 millones de gallegos, el PP a 667.000, y el BNG a 360.000". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 20 de xuño de 2023. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  8. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 48. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 121. Xaquín Lorenzo explica que esta Costa das Antas ten que referirse ó lugar das Antas. O caso é que pode ser As Antas de Santa Cruz de Lebozán (Beariz) ou As Antas de San Pedro do Regueiro, parroquia compartida polos concellos de Boborás e do Irixo.

Véxase tamén[edit | edit source]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.