Baltar

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search

Coordenadas: 41°57′13.7″N 7°42′52.4″O / 41.953806, -7.714556

Baltar
Escudo de Baltar
Meaus.JPG
As Maus, coñecido como Meaus na época do Couto Mixto.
Situacion Baltar.PNG
Situación
Xentilicio[1]baltarés/baltaresa
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Limia
Poboación968 hab. (2018)
Área94,0 km²
Densidade10,3 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloBaltar
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Antonio Feijoo Alonso (PP)
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Baltar
Uso do galego[3] (2011)
Galegofalantes90,43%
Na rede
baltar.es

Baltar é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2018 tiña 968 habitantes[4] (1002 en 2015, 1149 no 2006, 1177 no 2005, 1180 no 2004, 1189 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baltarés[5].

Demografía[edit | edit source]

Censo total 968 (2018)
Menores de 15 anos 50 (5.19 %)
Entre 15 e 64 anos 513 (53.27 %)
Maiores de 65 anos 405 (42.06 %)
Evolución da poboación de Baltar   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3134 3145 3250 4018 1180 1114 1094 1076 1028 1002 986 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía[edit | edit source]

Baltar é un concello de interior, cun relevo suave encaixado entre os Montes de Montecelo e os Montes de Boullosa e a Serra de Larouco ao sur que, chegando aos 1300 m, constitúe o límite natural con Portugal. Está regado por dous afluentes do río Limia, o río Faramontaos e o río Salas; o primeiro descorre cara o norte e logo cara o oeste e o segundo cara ao sur.

O terreo é granítico, areoso e pouco fértil. Hai bosques de frondosas e coníferas nos vales e pradairos principalmente na Serra de Larouco.

O concello está atravesado pola estrada que leva a Xinzo de Limia, a OU-1110.

Dáse unha oscilación térmica acusada (14 °C), con temperaturas medias anuais baixas (10 °C).

Historia[edit | edit source]

O territorio estivo poboado polos límicos até o século I, en que foi invadido por tribos bárbaras. É posíbel que no lugar de Dourique se disputase unha batalla entre o rei de Portugal e os mouros. En época medieval, era posesión da Casa de Monterrei.

Parte do concello ―o lugar das Maus― constituíu até 1868 o Couto Mixto. Ese ano, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1684, todo o Couto Mixto foi incorporado a Baltar, mais os lugares de Rubiás e Santiago pediron ser integrados no concello de Calvos de Randín, solicitude que foi aprobada pola Deputación de Ourense en 1870 e se fixo vixente o ano seguinte.[6]

A partir de 1950 a emigración foi un das causas polo que na actualidade diminuíu a suá poboación ata límites nunca vistos.

Economía[edit | edit source]

Predomina o sector primario de autoconsumo (50 % da poboación), seguido da construción (20 %), os servizos (20 %) e a industria (5 %). O 45 % do chan é forestal e o 20 % son pradairos e o 35 % dedícase a sementar patacas, centeo, millo, verzas da horta etc. Críanse porcos, vacas , ovellas e coellos.

Cultura[edit | edit source]

Na zona comprendida entre os ríos Salas e Faramontaos atópanse as ruínas dun lugar coñecido como Saler, do que se di que provén o nome do río.

O sivo é o traxe típico da zona e facíase con liño.

Na parroquia de Santa María de Tixós atópase un dos fornos mais antigos do concello así como un cruceiro e un peto de animas.

Baltar na literatura popular[edit | edit source]

  • Blandeaivos, blandeaivos,/ costureiriñas das Maus,/ blandeaivos, blandeaivos/ de Gustós para Meaus [7].

Galería de imaxes[edit | edit source]

Artigo principal: Galería de imaxes de Baltar.

Parroquias[edit | edit source]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Baltar

Abades (San Paio) | Baltar (San Bartolomeu) | Garabelos do Bouzo (Santiago) | Niñodaguia (San Lourenzo) | Texós (Santa María) | Tosende (San Lourenzo) | Vilamaior da Boullosa (Santa María)


Lugares de Baltar[edit | edit source]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Baltar vexa: Lugares de Baltar.

Notas[edit | edit source]

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 
  4. Instituto Galego de Estatística (IGE). Xunta de Galicia, ed. (2017). "Poboación de Baltar. Nomenclátor de Galicia. Ano 2016". Consultado o 27 de febreiro de 2017. 
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. "Couto Mixto". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 2002. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xaneiro de 2019. 
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 53. Blandearse é combarse, alabearse a madeira do piso, dun moble, etc. As Maus de Salas é parroquia do concello de Muíños; Gustós era, segundo Xaquín Lorenzo “un lugarciño preto de Calvos de Randín”, aínda que hoxe non figura no Nomenclátor; e ese Meaus é lugar da parroquia de San Lourenzo de Tosende, no concello de Baltar, que figura no Nomenclátor como As Maus.

Véxase tamén[edit | edit source]

Outros artigos[edit | edit source]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.