Flogopita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flogopita
Fórmula químicaK(Mg,Fe,Mn)3Si3AlO10(F,OH)2)
ClaseSilicato
SubclaseFilosilicato
Sistema cristalinoMonoclínico
CorPardo amarelada, vermella pardusca e verdosa
BrilloDe anacarado a vítreo
Dureza2 - 2,5 (escala de Mohs)
FracturaIrregular
ExfoliaciónFácil
RaiaBranca
Densidade2,79 g/cm3

A flogopita é un tipo de mica de cor parda pouco frecuente, constituída fundamentalmente por silicatos de aluminio e potasio. É un mineral do grupo dos silicatos, subgrupo filosilicatos, onde se achan as micas. É bastante frecuente nos gneis preto de Santiago de Compostela, así como na localidade pontevedresa da Franqueira. Normalmente encóntrase en paquetes de láminas de cor castaña, ás veces de grandes dimensións.

O seu nome provén do grego "phlogopos", que significa fogo, en alusión á súa cor.

É o extremo con magnesio dunha serie de solución sólida de micas, estando no outro extremo a biotita. Algúns dos minerais intermedios desta serie son fluorflogopita (rica en flúor), eastonita e hendricksita (rica en cinc). Por isto, ás veces recibe o sinónimo de mica magnésica ou ferroso-magnésica.

Ambiente de formación[editar | editar a fonte]

A flogopita é un mineral de orixe neumatolítica. Aparece xeralmente en calcarios e dolomías graúdas, en xistos cristalinos afectadas por metamorfismo de contacto e algunhas serpentinitas.

É tamén común nas kimberlitas, onde forma grandes láminas, así como en pegmatitas de rochas ultramáficas.

A flogopita é un membro do grupo das micas moi común, que se observa especialmente en mármores dolomíticos (ricos en magnesio) asociado con espinela, diópsido, horneblenda, granates e minerais do grupo das condritas.

Localización[editar | editar a fonte]

Existen importantes depósitos de flogopita en Ontario e Quebec (Canadá), en Rusia e en numerosas localizacións de Europa. En España encóntrase en finas escamas en gneises de Santiago de Compostela (Galiza), así como no mármore negro-azulado da Serra de Aracena (Huelva).

Uso[editar | editar a fonte]

Emprégase industrialmente en láminas como illante eléctrico en dispositivos específico, como por exemplo o illante que levan as buxías do automóbil. A súa capacidade como illante é superior a da das outras micas. Tamén se usa moido en po como material de carga.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]