Fariña integral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A fariña integral é a fariña obtida de moer o gran dun cereal sen lle retirar nada. É máis nutritiva, aínda que de conservación máis difícil que a fariña refinada, e a súa cor é máis escura. O gran de trigo componse de tres partes principais:

  • o xerme, do que nace a nova planta e que representa entre 3 e 3,5 % do gran. Está constituído por proteína, vitaminas e graxas;
  • o pericarpo, consistente en varias capas que protexen a semente e que representa o 15 % do gran. Utilízase como alimentos para animais.
  • o endosperma, que representa entre o 83 e o 85 % do gran, está constituído principalmente de amido e do que se retira a fariña. Contén unha proteína chamada glute que se dilata en contacto cun fermento, fenómeno que permite o crecemento do pan cando se coce.

Canto máis branca for a fariña, menos xerme e pericarpo contén e, polo tanto, menos cantidade de vitaminas, sales minerais, proteínas e graxas.