Esófago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esófago
Cabeza e pescozo
Órganos da dixestión (o esófago é o nº 1)
Latín œsophagus
Gray's pág.1144
Arteria esophageal arteries
Vea esophageal veins
Nervio(s) ganglios celíacos, vago
Precursor Foregut
MeSH oesophagus
Dorlands/Elsevier Esophagus
Esófago (salientado en vermello)

O esófago é unha parte do tubo dixestivo que comunica a farinxe co estómago. Nos seres humanos está formada por un tubo muscular duns 20 centímetros que se estende desde a 6ª ou 7ª vértebra cervical ata a 11ª vértebra torácica.

O esófago discorre polo pescozo e polo mediastino posterior (posterior no tórax), ata introducirse no abdome superior, furando o diafragma.

No percorrido esofáxico atopamos distintos sinais producidos polas estruturas veciñas coas que está en íntimo contacto como son:

  1. A cartilaxe cricoide da larinxe.
  2. O caxato aórtico da arteria aorta.
  3. A aurícula esquerda do corazón.
  4. O hiato diafragmático, que é o orificio do diafragma polo que pasa o esófago.

Estrutura do esófago[editar | editar a fonte]

O esófago está formado por:

  • Mucosa: é un epitelio estratificado (varias capas de células), non queratinizado, que recobre a luz do esófago na súa parte interna. Para facilitar a propulsión do alimento cara ao estómago, o epitelio está recuberto por unha fina capa de mucus, formado polas glándulas cardiais e esofáxicas.
  • Capa muscular: está formada á súa vez por unha capa interna de células musculares lisas concéntricas e outra capa externa de células musculares lonxitudinais, que cando se contraen forman ondas peristálticas que conducen o bolo alimenticio ao estómago.
  • Esfínter esofáxico superior: separa a farinxe do esófago. Está formado polo músculo cricofarínxeo que o adhire ao cricoide. Este músculo é un músculo estriado, é dicir, voluntario, que inicia a deglutición.
  • Esfínter esofáxico inferior: que separa o esófago do estómago. Realmente non é un esfínter anatómico, senón fisiolóxico, ao non existir ningunha estrutura de esfínter pero si posuír unha presión elevada cando se mide en repouso. Este esfínter diminúe o seu ton, normalmente elevado, en resposta a varios estímulos como:
    • A chegada da onda peristáltica primaria.
    • A distensión da luz do esófago cando pasa o bolo alimenticio (peristaltismo secundario)
    • A distensión gástrica.

A presión elevada en repouso mantense tanto por contribucións de nervios como de músculos, mentres que a súa relaxación ocorre en resposta a factores neuroxénicos.

A súa función exclusivamente motora propulsa o bolo alimenticio a través do tórax no seu tránsito desde a boca ao estómago (non realiza funcións de absorción nin dixestión). Na fase involuntaria da deglutición hai elevación do padal brando, obstrución da nasofarinxe e peche da glote.

O paso do bolo á hipofarinxe produce relaxación do esfínter superior e inicio de ondas peristálticas primarias e secundarias no corpo do esófago (estimúlanse receptores mecánicos que activan reflexos específicos para que isto leve a cabo).

O tránsito esofáxico é axudado pola forza de gravidade. Cando o bolo chega ao esfínter esofáxico inferior prodúcese a relaxación deste, polo que permite o seu paso ao estómago para que posteriormente o esfínter recupere o seu ton que evita o refluxo gastroesofáxico.

Vascularización do esófago[editar | editar a fonte]

O esófago está irrigado por diferentes arterias segundo a porción que percorre:

  • No pescozo está irrigado por arterias esofáxicas superiores, ramas da arteria tiroide inferior que procede da subclavia.
  • No tórax, polas arterias esofáxicas medias, por arterias bronquiais e as intercostais, que son ramas directas da aorta.
  • No abdome, polas arterias esofáxicas inferiores procedentes das diafragmáticas inferiores da arteria gástrica posterior.

Síntomas esofáxicos[editar | editar a fonte]

  • Pirose (Piro significa lume, por iso é polo que pirose sexa unha sensación de dor, ardor ou queimazón).
  • Dor esofáxica.
  • Disfaxia (de dis, dificultade ou inhabilidade, e faxia, comer, inxerir. Disfaxia é a dificultade para comer.

Enfermidades esofáxicas[editar | editar a fonte]