Cogomelo de San Xurxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calocybe gambosa
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Lyophyllaceae
Xénero: Calocybe
Especie: C. gambosa
Nome binomial
'Calocybe gambosa'
(Fr.) Donk 1962
Sinonimia
  • Agaricus albellus DC. 1805
  • Agaricus aromaticus Roques 1832
  • Agaricus gambosus Fr. 1821
  • Agaricus georgii L. 1753
  • Calocybe gambosa (Fr.) Singer [as 'gambosum'] 1951 [1949]
  • Calocybe georgii var. aromatica (Roques) Pilát 1965
  • Calocybe georgii var. gambosa (Fr.) Kalamees 1994
  • Gyrophila georgii (L.) Quél. 1886
  • Lyophyllum gambosum (Fr.) Singer 1943
  • Tricholoma gambosum (Fr.) P. Kumm. 1871
  • Tricholoma georgii (L.) Quél. 1872

Calocybe gambosa —sin. Tricholoma georgii L. 1753—, comunmente coñecido como cogomelo de San Xurxo é un fungo basidiomiceto da familia Lyophyllaceae.[1] É un cogomelo comestible, moi apreciado nas rexións do País Vasco, Navarra e A Rioxa, onde aflora en marzo e se lle chama perretxiko ou seta de primavera. En Italia coñécese como prugnolo, onde é tamén un cogomelo moi popular.[2]

Medra en grupos formando sendas ou "perretxikales". Presenta un sombreiro carnoso de 4 a 15 cm de diámetro de cor branca ou crema e superficie lisa e mate. A marxe está moi enrolada de nova, abríndose máis tarde. As láminas son apertadas, estreitas e escotadas, de cor branca. O é robusto e da cor das láminas. A carne é compacta cun certo aroma fariñento. A esporada é branca.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]