Cazón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cazón
(Galeorhinus galeus)

Galeorhinus galeus
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Chondrichthyes
Subclase: Elasmobranchii
Superorde: Selachimorpha
Orde: Carcharhiniformes
Familia: Triakidae
Xénero: Galeorhinus
Blainville, 1816
Especie: G. galeus
Nome binomial
Galeorhinus galeus
Linnaeus, 1758
Distribución mundial do cazón (Galeorhinus galeus)
Distribución mundial do cazón (Galeorhinus galeus)

Distribución mundial do cazón (Galeorhinus galeus)
Cazón en adobo en cama de leituga.

O cazón ou tollo[1] (Galeorhinus galeus) é unha especie de elasmobranquio carcarriniforme da familia dos triáquidos (Triakidae) amplamente distribuída nas augas temperadas de todos os mares e océanos.[2]

Sen espiñas diante das aletas dorsais, pode chegar a medir até 2 m e pesar até 45 kg. É unha especie demersal (é dicir, nadadora), pero de vida ligada ao fondo, habitando en fondos de entre os 40 e os 100 m.

Distribución[editar | editar a fonte]

Amplamente distribuído en augas temperadas. Encóntrase no Atlántico en Venezuela, o sur do Brasil, Uruguai, Arxentina; e de Islandia a Suráfrica, incluíndo o Mediterráneo; no Pacífico, en Australia e Nova Zelandia, Hawai e da Columbia Británica até Chile, pasando por California, golfo de California, o sur de Baixa California e o Perú.

Usos[editar | editar a fonte]

Na cociña das provincias de Cádiz, Sevilla, Málaga e Huelva adoita cociñarse en adobo. Nas Canarias tamén se cociña, recibindo alí o nome de "tollo".

Na Arxentina adoita secarse até adquirir o aspecto do bacallau seco, e prepáranse guisos e outros pratos que son principalmente consumidos durante a Semana Santa, aínda por quen non son cristiáns, debido ao tradicional, nutritivo e apetecíbel.

Tamén se consome na zona do golfo de México, moi particularmente na baía de Campeche. A gastronomía campechana é famosa en México por un prato denominado "pan de cazón", consistente en capas sucesivas de tortillas (de millo) untadas de feixóns refritos, e recheas de cazón desmiuzado e cuberto todo cunha salsa de tomate, e acompañado de rebandas de aguacate.

En Venezuela, o cazón utilízase para moitos pratos de comida, sendo o máis típico a empanada de cazón e/ou arepas, con cazón fervido e aliñado con cebola, pemento moído, pemento picante etc; faise un guiso e con isto prepárase un moitas comidas. Consómese maiormente na illa de Margarita e en todo o oriente do país. Con el prepárase unha torta chamada nesa rexión torta de cazón, que se acompaña con rebandas de plátano frito. Tamén é moi coñecido o chamado pabellón margariteño, no que se substitúe a carne mechada do tradicional pabellón criollo polo mencionado guiso.

Consumo sustentábel[editar | editar a fonte]

En 2010, Greenpeace España engadiu o cazón á súa lista vermella de peixes. Esta lista vermella de especies pesqueiras inclúe quince especies vendidas nos supermercados españois que poden proceder dunha pesca ou acuicultura non sustantábeis.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tollo.
  2. Ranier Froese e Daniel Pauly, eds. (2010): Galeorhinus galeus en FishBase. Versión 7 de xaneiro de 2010. (en inglés) Consultada o 10/12/2012.
  3. Lista vermella de especies pesqueiras de Greenpeace para España Arquivado 12 de decembro de 2012 en Wayback Machine..

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons. ISBN 0-471-25031-7.
  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.
  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.
  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]