Caíño branco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Caíño branco[1] é unha cepa de uva branca (Vitis vinifera) de Galicia. Segundo a Orde APA/1819/2007, do 13 de xuño (BOE do día 21), a variedade caíño branco está recomendada en Galicia. Utilízase na Denominación de Orixe Rías Baixas, complementando á uva albariña, así como na de Monterrei. Tamén se emprega para facer o vinho verde portugués. Existe outra variedade tinta, chamada caíño tinto.

Notas[editar | editar a fonte]