Brownie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brownies

Un brownie (literalmente ‘marronciño’), é unha porción cadrada ou rectangular de biscoito de chocolate, orixinario dos Estados Unidos, elaborado sen lévedo e que pode levar froitos secos[1]. Hoxe é común atopalo en restaurantes americanos en Galicia, tamén elaborado de forma caseira.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un pastel de chocolate pequeno típico da gastronomía dos Estados Unidos de América. Chámase así pola súa cor marrón escura, ou brown en inglés. Faise con cacao, unha pouca fariña triga, ovos, azucre e moita manteiga. Mestúranse todos os ingredientes e enfórnase. Ás veces cóbrese con xarope mesto de chocolate e pode levar anaquiños de noces, chocolate, butterscotch (unha especie de toffee crocante), manteiga de cacahuete. Crese que a primeira mención a un brownie é en 1896, aínda que esta receita non contiña chocolate, senón unha melaza.[2]

Orixe[editar | editar a fonte]

Hai tres mitos principais sobre a creación do brownie. O primeiro, que un xefe de cociña engadiu accidentalmente o chocolate derretido á masa de galleta. O segundo, que un cociñeiro esqueceuse de engadir fariña á masa. E en terceiro lugar, a crenza máis popular, que unha ama de casa non tiña lévedo e improvisou con este novo tratamento; disque estaba a enfornar para os hóspedes e decidiu servirlles estas tortas chatas.

Presentación e variedades[editar | editar a fonte]

Os brownies adoitan servirse quentes cunha bóla xeado de vainilla, ás veces nata batida, especialmente coma sobremesa. Hai moitas receitas e variantes deste doce, incluída, entre outras, a vegana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. The origin of the brownie

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]