Cabezalla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Botoallo»)
O cabezallo é a parte alongada situada na dianteira do carro onde se engancha o xugo das vacas cun pasador de madeira chamado chavella

A cabezalla, cabezallo ou botoalla, tamén chamado cazualla no galego falado en Asturias, é unha peza do carro do país.

Características e usos[editar | editar a fonte]

É a lanza do carro, formada por unha vara ou viga larga como reforzo centrado, que encaixa noutras vigas curvadas unidas pola punta que dan forma ó contorno da caixa, nas que se chantan os fueiros. Para cerrar a estrutura, na parte traseira e no medio da superficie da caixa leva traveseiros, e sobre eles cravábase a trabazón.