Abelá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abelás.
Abelás.

A abelá (da expresión latina abellana (nux) ‘noz de Abella’, lugar da Campania onde abundaban estes froitos)[1] é o froito da abeleira (Coryllus avellana).

Características[editar | editar a fonte]

Ten forma de esfera, dun diámetro de entre 10 e 15 mm. Formada por unha casca fibrosa externa arrodeada por unha pela lisa que recobre a semente. A casca fibrosa seca durante a maduración. As abelás madurecen a finais do verán e comezos do outono, cando pasan da cor verde á cor castaña.

Alimentación[editar | editar a fonte]

O núcleo da semente é comestible, tanto cru como cociñado. A pel ten un sabor agre polo que normalmente se retira antes de consumir o froito. Da abelá obtense un aceite de sabor forte e de gran calidade par o uso alimentario. As abelás utilízanse en confeitaría.

As principais zonas de produción comercial son o sur de Europa e o noroeste dos Estados Unidos. Historicamente a abelá considerábase unha garantía contra os anos de fame, ao se poder gardar durante longos períodos de tempo, sen perder as súas propiedades nutritivas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Abelá". Portal das Palabras. Consultado o 21 de novembro de 2016.