Zona de especial conservación de Negueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°08′08″N 6°52′09″O / 43.135500, -6.869300

Negueira
Encoro de Salime.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 4547.23 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Lugo
Concellos: Negueira de Muñiz
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Negueira é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe parte do encoro de Salime e abas do río Navia nese concello. Esta área de conservación ocupa 4.547 ha. do concellos de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada.[1][2][3][4][5] Destaca por ser unha zona de montaña, con clima atlántico pero influencia mediterránea, con bosques de castaños, carballos e sobreiras e por se un lugar común dos osos pardos.[5]

Xeografía[editar | editar a fonte]

O espazo natural está por completo no concello de Negueira de Muñiz, na comarca lucense da Fonsagrada. Inclúe ás parroquia de Río de Porto, Ernes e parte das de Barcela (os lugares de Barcela, Cancio, Castelo, El Foxo, Rozadas, Vilauxín, ) e de Negueira (os lugares de Negueira, Pieiga, Sanformar e Seira).[4][5]

Inclúe un treito final do encoro de Salime, coas abas e regatos que chegan a este encoro. Este encoro está no treito alto do río Navia.

Fauna e flora[editar | editar a fonte]

Flora[editar | editar a fonte]

Os bosques fórmanos os castaños (Castanea sativa) e os carballos (Quercus robur) e sobreiras (Quercus suber) e nas ribeiras os abeneiros (Alnus glutinosa) e os freixos (Fraxinus excelsior). Entre os bosques prioritarios do espazo están os bosques de costas e barrancos e os sobreirais. Outras masas fórmanas os queirogais, que os forman as especies de Erica ciliaris e Erica tetralix. No espazo están ademais lugares de turbeiras activas.[4][5]

Fauna[editar | editar a fonte]

En Negueira está presente o oso pardo (Ursus arctos) e outras especies de conservación prioritaria, como o Cerambyx cerdo, os escornabois (Lucanus cervus), as londras (Lutra lutra) e os aguaneiros (Galemys pyrenaicus).[4][5]

As especies da fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4][5]

Grupo Especie
Invertebrados Cerambyx cerdo
Invertebrados Elona quimperiana
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus
Anfibios Chioglossa lusitanica
Anfibios Discoglossus galganoi
Réptiles Lacerta monticola
Réptiles Lacerta schreiberi
Mamíferos Galemys pyrenaicus
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis emarginatus
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros
Mamíferos Ursus arctos

Lexislación[editar | editar a fonte]

Negueira foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.[4][5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96. 
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427. 
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120010 Negueira". Consultado o 24/8/2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 "Natura 2000: ES1120010 Negueira". Consultado o 24/8/2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]