Zoanthus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zoanthus

Colonia de Zoanthus sansibaricus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Cnidaria
Clase: Anthozoa
Subclase: Hexacorallia
Orde: Zoantharia
Familia: Zoanthidae
Xénero: Zoanthus
Lamarck, 1801
Especie tipo
Zoanthus sociatus
(Ellis, 1768)
especies
Véxase o texto
Lysmata amboinensis en colonia de Zoanthus con pólipos retraídos.
Zoanthus sp

Zoanthus é un xénero de cnidarios antozoos da subclase dos hexacoraliarios, que o tipo da familia dos zoántidos.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1801 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck.[1]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome Zoanthus está formado pola unión dos elementos do latín científico zo-, e -anthus. O primeiro é un prefixo derivado do substantivo do grego antigo ζῷον zõon, "animal"; e o segundo está tirado do substantivo do grego antigo ἄνθος, ánthos, "flor".[2]

Literalmente: "os animais que teñen forma de flor".

Especies[editar | editar a fonte]

No xénero recoñécense as seguintes especies: [1]

Característica[editar | editar a fonte]

Son pólipos coa mesma estrutura morfolóxica que as anemones. De feito, denomínanse vulgarmente anemones incrustantes. A columna alcanza os 3 cm de altura, e o disco oral, incluíndo os tentáculos, 1,5 cm de diámetro; os tentáculos son delicados e radiados desde o exterior do disco oral.​ Os pólipos pódense conectar entre si a través do cenénquima, un tecido a modo de alfombra situado na base, que utilizan para desenvolveren colonias.[3]

A coloración do disco oral e dos tentáculos é moi variada, e en ocasións moi vistosa, con combinacións de rosada, parda, amarillo, azul, laranxa ou verde. A intensidade da cor varía segundo a iluminación.

As colonias están formadas por diversos pólipos fixados a rochas ou a esqueletos de corais duros, e incluso noutras especies de corais vivos, que son atacadas polos nematocistos dos tentáculos dos Zoanthus.

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Viven en zonas de correntes de medias a fortes. Normalmente adheridos a rochas e corais mortos ou ao substrato, a profundidades entre 0 e 300 m, e nun rango de temperaturas entre os -0,02 e os 28,95 °C.[4]

Distribución[editar | editar a fonte]

As especies do xénero Zoanthus esténdese por todos os mares temperados e tropicais, dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico, incluído o mar Mediterráneo.[4]

Nutrición[editar | editar a fonte]

As especies de Zoanthus conteñen gran cantidade de algas simbióticas (mutualistas: ambos os organismos benefícianse desta relación) chamadas zooxantelas. As algas realizan a fotosíntese producindo oxíxeno e glícidos, que son aproveitados polos corais, mentres que as algas aliméntanse dos catabolitos do coral (especialmente fóforo e nitróxeno). Porén, os Zoanthus aliméntanse tanto dos produtos que xeran estas algas (entre un 75 e un 90 %), como das presas do plancto, que capturan cos seus minúsculos tentáculos.[5]

Reprodución[editar | editar a fonte]

Reprodúcense sexual e asexualmente.[6]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Zoanthus Lamarck, 1801 no WoRMS. Consultado o 17 de agosto de 2020.
  2. Zoanthus no Merriam-Webster Dictionary.
  3. Button Polyps en animal-world.com (en inglés). Consultado o 17 de agosto de 2020.
  4. 4,0 4,1 Zoanthus Lamarck, 1801 en OBIS. Consultado o 17 de agosto de 2020.
  5. Debelius & Baensch 1997.
  6. Fluorescent Zoanthids. Zoanthus na EOL. Consultada o 17 de agosto de 2020.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]